miércoles, 9 de diciembre de 2009

CEA DE NADAL








… NAVIDAD, NAVIDAD, DULCE NAVIDAD, ENTRE CANTOS Y ALEGRÍA LLEGÓ LA ….

Os membros da peña EU NON QUERO QUE TE POÑAS ASI dsexámos neste Nadal aparte dos típicos desexos de todo mundo para esta época, que si felicidad, amor, paz, saude, … que tamén están moi ben, nos desexamos outras cousiñas: bon papar, troulas nas bodegas entre amigos, sexo con ou sin amor, pois según están as cousas no vamos andar con esixencias…

Esta é unha época do ano moi feliz para os nenos que esperan que os Reis Magos veñan cargados de regalos, nos tamén somos un pouquiño coma nenos, a diferencia está básicamente en que nos estamos algo máis entrados en anos ( pero non moito máis ), e como todo bon meniño, os membros da Peña pedímoslle os regalos o noso Avó JULIO, e tamén o tio-ELIAS, eu concretamente voulle pedir para:

- o Marqués unha muñeca inchable algo máis moderna que a que ten, que teña desaugue e coa cara da Xaquira,
-para o Avó Julio concretamente voulle pedir outra muñeca pero non unha inchable o que lle pido é unha muñeca para a man dereita que a súa está bastante tocada
- para o Chapi teño que pedirlle un cacho de piroliña, e a ver si así lle devolve o anaquiño que lle prestou o noso presi Orlando
- para o Polu pido que lle traigan unha Ovejita lucera, pois desde que se descarriou a ovejita Lalo está moi triste xa que non ten quen lle faga VEEEE.. nin VAAAA…
- para Lage pídolle un látigo para poder defenderse da fiera chamada Deivi
- para o Modestito ( ji,ji,ji, mira que Modestito..) Necesita unha risa nova pois a que Deus lle deu de Heidi non se corresponde co corpo que ten de animal.
- para o Tío Elias pídovos que lle traigades unha carpa grande con un trailer pois é o único deste circo capaz de amansar a todas estas fieras da peña
- para o Milito un muñeco en forma de David para practicar Budú con agullas
- para Cuchú pídovos unha paloma, pois a canción ce cucurrucuchú non é nada sin paloma.
- para o noso crak Toni non pido nada pois este vai sobrado
- para o López pido un curso de cante, xa que é dos poucos que inda non se animan o canto
- para David unhas cartas trucadas para ver si é capaz de ganarlle unha partida o Mili
- o Herminio un curso de Ovella, pois eu creo que sería un susutito idoneo para as cancións do polu en susutitución da oveja Lalo
- para o Fredi pido que o seu xefe o deixe estar nas ceas, pois sen el falta un pe importante e sobran hervas
- para o noso Toupiño non vos vou pedir nada a vos, neste caso pídolle o Marqués que lle deixe a muñeca de vez en cuando, pero sin mariconadas
- para o amigo Lisi non pido nada xa que el é un dos paxes dos reis magos como podedes comprobar nesta foto




-E para min queridos magos de oriente Pidovos:

· SABIDURÍA PARA ENTENDER OS MEMBROS DA PEÑA
· AMOR PARA PERDOALOS
· PACIENCIA POLO SUS ACTOS

POR QUE QUERIDOS REIS MAGOS…
..SI VOS PIDO FORZA

…SI VOS PIDO FORZA…

¡ AS VECES METERÍALLES UNHAS OSTIAS QUE OS REVIENTO!

En fin espero que me traigan estas cositas e bon Nadal para todos

lunes, 23 de noviembre de 2009





PASOU A CENA DE NOVIEMBRE E SEGUIMOS VIVOS..........¡¡¡¡¡



Todo parecía indicar o contrario, había ganas de troula e o viño correu coma si o regalasen, e todo parecía indicar que algún non vería o dia próximo. Pero non, arriesgando a nosa propia vida, sometemonos a un experimento. E a resposta a pregunta ¿Canto alcohol é capaz de beber un home caldelao nunha noite?... constatamos sin duda algunha que a resposta é: MOITO.

A cea fixemola no Pallón, e foi tan ben coma sempre, e sobre todalas cousas o mellor e non ter que coller o coche. Eso da moita tranquilidade para os conductores que ahora sí, polo menos poden beber en lugar de mirar como beben os demais, mentras miran con desgana para un vasiño de Cabreiroá (facendo patría hasta coa auga). Como en todos os sitios trataronnos moi ben, a comida moi ben, e o viño , bueno o viño non demos tempo nin a saborealo¡¡¡¡ glup glup glup. Estaba todo moi bó.

É o plan era que o Modestito trouxese a camara de fotos para incluir algunha (as que fosen para todos os públicos) foto da cea. Pero claro, unha cousa son os planes e outra como salen. Tarxeta amarilla para o Modestito por chegar tarde. Tan tarde chegou que non deu chegado. Pero polo menos trouxo a camara e podemos poñer algunha foto do concierto no Rubio.



O concierto era de Mario Cea e do Tamariz, e na esquina da dereita estan o David e o Milito mui atentos mirando haber si se lles pega algo, que pa cantar xa esta o Toupo pero fainos falta un gitarrista...a gaita xa a toca o Presidente¡¡¡.










Sin comentarios... detras das mans está o milito, o David tocando a pandereta, e o tio Elias preguntandose: "e como dices que se chaman?, rock an qué".










E aquí esta o presi da peña dando exemplo, agarrado o Marqués do Couto ... pero eso non é cariño e necesidad. Si o solta cae¡¡¡ E temos tamén a Pepa, a nosa inspiración, unha das nosas escanciadoras de bebidas espirituosas que nos fan chegar o nirvana. Generalmente ten os ollos máis abertos, foi culpa da camara que estaba mal¡¡¡ .










Si señor, un home é un home e un gato é un bicho. Aquí temos o López mirando pá dentro, preguntandose quen carallo apagou a luz. E o Toni de Seur. Dous grandes pés desta nosa peña¡¡¡.











O Toupiño, resposable da banda sonora, pinchadiscos ocasional, parrandero, jugador (de futbol) habanero, mejicano, e o que lle voten, come de todo¡. TU SI QUE VALES¡¡¡¡















Ahora sí.... aquí temos algo que non se verá moi a miudo, o Modestito despeinado¡¡¡¡. Que bonito é o cariño¡¡¡.... E aquí temos a Cristina, a outra escanciadora de cabezeira responsable última da malloría das nosas inspiracións.........















Como que non creiades que o López iba abrir os ollos... ahí o tedes. E o Toño xa se empezaba a poñer nervioso, chegaba o seu momento estelar, iba a cantar acompañado de duas das mellores guitarras que pasaron por Castro Caldelas (quitando os Arquinos claro)









O que non consiga o Toño non o consigue nadie, o David levantouse das escaleiras¡¡¡, e o Milito demostrou unha vez máis que é un xenio no tute e no arte de NON sair nas fotos. O Elias sigue na mesma posición pensando: " Tache ben esto, si"

E o Toño agarrado a Cristina ESTALLE DANDO A ESPALDA O PÚBLICO¡¡¡¡¡¡..... Por esta vez pasamoscha pero a seguinte vez estas nominado. De todolos xeitos..... TU SI QUE VALES¡¡¡¡



.E vos diredes , pois non foi para tanto, hai moitas máis fotos, moitos máis momentos, moitas mais cousas que contar, pero como os vos magos, non podemos revelar secretos nin colgar fotos comprometedoras dos nosos amigos, eso sería desleal. Ahora ben si ven a Interviu con cartos...... jejejejejejeje...

Coma sempre, ainda non nos recuperamos de todo da resaca desta noite cando xa estamos pensando na seguinte¡¡¡¡¡ Esto o mellor non é felicidade, nin pretende selo, nin é unha forma de vida, pero nos pasamolo ben, non nos metemos con nadie... e disfrutamos da noite¡¡¡¡

IDE EN PAZ E QUE O SEÑOR VOS ACOMPAÑE.....¡¡¡¡¡



miércoles, 18 de noviembre de 2009

XUNTANZA-CEA MES DE NOVEMBRE



E xa estamos en novembro!, a xente que pensa que os mellores meses son os de xullo ou agosto é que non son de Caldelas, pois o novembro está cheíño de cousas que non se poden disfrutar noutra época nin noutro sistio, xa que temos as castañas co seu correspondente magosto, chouparros en forma de cogordos e patamelas, en fin máis vale unha boa castaña e un cogordo do mes de novembro que un cu-gordo en biquini no mes de agosto.


Dito isto queridos amigos compráceme comunicar que os membros, persoas, bichos e cagapoquitos que formamos esta tan honorables peña vamos xuntarnos o vindeiro día 21 para adicarlle esta cea os magostos, os cugordos en tanga, e a xente que sofre de diarrea e descomposición consecuencia da degustación masiva destes productos da terra.


Vamos celebrar un concurso que consiste en ver quen é capaz de coller a castaña máis grande, concurso o que invitamos a todos aqueles que queirades participar, inda que non vades ter moitas oportunidades xa que os membros da peña somos moi competitivos e levámonos preparándonos para o concurso todo ano, que a pesar de non haber magostos nin choupís, nin patamelas o resto do ano o que si conseguimos è pillar boas castañas e algun cugordo que outro.


A organización deste gran evento corre a cargo do Presi da peña e do señor Poluto, os cales intentaron mostrar as súas artes na cociña, pero o resultado dinos que mellor iremos cear a un restaurante.


A continuación espoño un ensallo que fixemos, paso a paso, para preparar a comida do día da cea ( non é moi recomendable ):

1.- primeiro puxémos a asar as castañas e un adobe o bicho con un chorriño de aceite de oliva.

2.- Pre-quentar no forno a 180 grados durante dez minutos.

3.- Servirse un vasete de hervas para facer tempo.

4.- Meter o carneiro no forno e votar as castañiñas.

5.- Servirse outro vaso de viño, bebelo e mirar o forno con ollos lixeiramente extraviados.

6.- Boñer o terbostato a 150 gramos, grabdos y esberar vinte binutos.

7.- Servirse odro vaso...

8.-Ol cabo de un drato, fornir el abro bara condrolar e boar un chodretón de año o qüisqui e odro de qüisqui a uno bismo.

9.- Darlle volta o icho e pillarse mau au cerrar oforno, ¡berda!

10.- Desbués de vinte binutosss, sagar o forno do ano e abradarse totalbente a ban, ¡Ufff!... deramar barte de sarlsa no rrsuelo e progurar no dresbalarse e esgornarzse gontra o pigo da encimedra e agabar coa bierna endre os babos.

11.- Alganzar a bodeia de qüisquid e mederse un targuiño.

12.- ¡Pufff!... non gueda qüirsqui ni bara agompañar a bierda do anño que xa sabliu. ¡Gue lle den bor gulo o annño, as gastñas e a sua buta mai!.

13.- Agostarsze e dorbir un drato atua que chueguen os uoutruos da peñia



Como vedes, o resultado da cea que preparamos non saiu, moi ben que digamos, así que o final a cea farémola no Restaurante Pallón, xa que nos o final desta receta o único que coseguimos preparar foi unha boa castaña.

ESTE FOI O CAMPEÓN DO CONCURSO DO ANO PASADO:



¡ E XA VAN 21 ¡

jueves, 5 de noviembre de 2009

NOVO FICHAXE

Queridos, estimados, e sempre recordados amigos, compráceme comunicar a incorporación dun novo membro a peña EU NON QUERO QUE TE POÑAS ASÍ ; Esta incorporación dase a que unha peña tan importante coma nosa, coñecida tanto nacional como internacionalmente precisaba dunha persoa, animal, ou aparato que nos levase o papeleo e contestar a tódolos escritos que admiradores seguidores pero sobre todo detractores nos fan chegar

Despois de buscar xente óptima que comulgase coas nosas ideas e ademáis que escribindo a máquina tivera máis pulsacións co corazón do noso querido avó da peña, a elección estaba clara O Lisardo (Lisi para las amigas), pois vendo o seu espectacular currículo é con toda seguridade o home con máis horas de máquina de toda provincia de Mazaira e parte de Estados Unidos.

Ademáis sabemos que é un home detallista,pois os compañeiros que xogan con el o fútbol din que deixa recados alá por donde pasa, eu son dos que pensa que si correos tivera un coma el sobrarían carteiros, xa que non existe ninguén que reparta tanto coma o noso novo membro. ( Eu defeito son un dos afortunados que pode presumir ter un detalle del no meu xeonllo dereito en forma de bota de fútbol ).

No seu currículo tamén aparece que ten casta de artista, xa que formou parte durante unha larga semana ( sobre todo para os oidos dos que o sufrimos )do coro Lembranza, o final tivo que abandoar esta afición, pois ou se canta ou se pide perdón pero todo non pode ser, non é que cantase mal, digamos que mais ben ten unha voz estruendosamente diferente. Polo tanto é perfecto para entoar as cantigas, alaridos ou ruidos que despois de cada xuntanza soltamos, xa que nos temos moito cantante destas características.

Tamén nos consta que igual que o resto da peña tenlle manía ás hervas e licores, pois nada ver botellas con estes líquidos fai tódolos medios posibles para que desaparezca.


En fin esta é unha pequena presentación do novo fichaxe, nos coma sempre non andamos racaneando pois facémonos cos servicios dos mellores coste o que coste, pois pagamos relixiosamente a cláusula millonaria a súa querida esposa.

¡E XA SOMOS 19!

jueves, 29 de octubre de 2009

NOSOS BEN QUERIDOS AMIGOS, FANS, VECIÑOS, E HUMANIDADE EN XERAL:

Vexome obligado, porque me da a gana, de escribir, estas palabriñas co obxeto de describir, si fose posible, a cena do último dia. Foi a cena número 20, e xa ten merito¡¡. Sigo sin entender como seguimos resistindo. Ainda temos un corpo ben duro, oh¡¡ pero co tempo e con paciencia faremos que ablande.

Esto xa deixou de ser unha peña pa transformarse nunha "jerra". E unha competición ludico-festiva, un acto cultural no que se premia o que di a burrada máis grande, ou canta peor, ou se rí máis, ou simplemente o pasa mellor. Nesto último hubo un empate técnico por mutuo acordo entre todos¡¡¡¡.

O de cantar, todo hai que dicilo o Toupiño vai millorando, os aires de ultramar onde foi en peregrinaxe a expandir a verdadeira fe, sentaronlle moi ben, e o sorpresa cada dia que pasa canta mellor¡¡¡.... Quen o iba a decir fai 20 cenas¡¡¡.

A cena coma sempre, estibo xenial, non me acordo exactamente do que ceamos, entre a idade que non perdona e o viño todo se olvida. Pero si recordo que empeñamonos en que se nos oise no Castro desde Parada do Sil e a fe, que o conseguimos. Fumos cenar no restaurante da Inma, e coma sempre, coma todas as cenas, felicitacións as cociñeiras, e perdón as camareiras si se escapou algún piropo ou requiebro tan agradecidos nestas reunións. O Modestito gritou varias veces guaapaaaaaaa¡¡¡¡¡ pero non sabemos si era a camarera ou a cigala, ou a copa de viño branco... outro misterio para o Iker Jimenez¡¡¡

Como dixen antes esto xa é a "Jerra", e como en todas as guerras ahí baixas. Un minuto de silencio para os caidos, para os membros que por motivos varios tiveron que deixar a peña.

UN

Xa chega, tan pouco hai que pasarse, e agora dar a benvida aos novos membros desta a nosa, e a vosa peña:

- O Emilio de Parada do Sil, (presi do parada): "Que non, e que non, e que non, ahínda que me fagades a pelota non vades cobrar nin un duro".
Gran fichaxe que apunta maneiras no cante, e no mui noble arte de facerlle alegre a cena a parroquia

- O Lisardo :" Uns dicen que de Mazaira, outros que de Valilongo e vive na Pena "
Fichamos unha gran promesa na defensa, pode chegar lexos este novo xogador, o final aprenderá a canción dos putos clavelitos despois de repetila 80 veces¡¡¡ QUE PESAO¡¡¡¡.




Esto e o que hai, en breve, cando a logistica, e cousas varias nos permitan colgaremos algunha foto, as menos movidas desta cea.

Por certo, mira tu por onde; enteramonos que o Elio de Medos (que estaba nunha mesa do lado) e minero, que templou o corazón con pico e barrena, e que e o mellor barreneiro de toda Serra Morena...... Anda Coño¡¡¡ e eu pensando que era de Medos¡¡¡¡¡

Sede Bos, e Boas, non vos manquedes, e estar atentos, o dia menos pensando aparecen esas fotos da cea numero 20......

miércoles, 21 de octubre de 2009

XUNTANZA-CEA DE OUTUBRO


UN MES MÁIS

Queridos hermanos teño a grata labor de anunciar a xuntanza do mes de outubro que será o día 24, a organización corre a cargo de dous mociños da peña: Xoan Xesús alias Cuchú e julio o noso querido Avó, o sitio escollido para sufrir tales consecuencias vai ser Parada Do Sil.
Vamos dedicar esta cea as vendimas, as uvas, e o resultado final de todo esto: o sagrado viño. Tamén adicamos a cea as bodegas pero as bodegas de toda vida, non a esas que parecen laboratorios que en vez de bodegueiros teñen científicos, eso sí, fan uns viños exquisitos, pero nos somos máis de bodega nas que están os chourizos e o xamón colgados, nas que están, o licor e a augardente da casa, nas que se bebe da pipeta e sae un viño pelexón, en definitiva nos somos da troula, tamén temos que decir que na nosa peña somos máis de probar o producto final das vendimias que de vendimiar en si.

Algo terá o viño cuando ata o mesmo Xesucristo o estar coa súa peña de amigos na última cea dixo “ bebede todos de el”, e por si fose pouco rematou decindo que o viño que estaban a tragar era a súa sangue, a min que me perdoen os cristiáns pero eu creo que xesús esa noite pasouse algo co viño, por certo esto que dixo xesús pareceulle mal a un tal xudas que dixo “ levo dando todo ano sulfato,e cavando nas viñas para que veña o Suso e diga que é a súa sangue, a este o que era pouco é crucificalo”.
(Todo esto que aquí conto díxomo Julio ( o abuelo da peña) xa que axistiu a esta cea)

Xa que esta xuntanza dedicámoslla o viño vamos facer un esforzo extra degustando este producto, a pesar de arriscarrnos a que afloren algúns síntomas raros nos membros da peña coma pode ser que o Abuelo diga que ten menos de 105 anos, ou que o Modestito diga que si se lle estropea algún surtidor de gasolina o David que pola mangueira non se preocupe que ten de sobra, ou que Fredi diga que cuando pincha levanta o camión sen gato e ca outra man cambia a roda, ou tamén que o Poluto e o Chapi que se poñan agresivos e lles pegue por decir que marchan cedo para ir pola mañá a misa xa que si alguén lles ten que dar unha ostia será don Xosé, ou que o Toupiño lle pegue por decir que foi de cruceiro a Estados Unidos cuando todos sabemos que un animal como el no único Barco que o deixarían subir sería na Arca de Noé …. en fin ,o poder do viño é milagreiro que é capaz de transformarnos, esto todo podemos resumilo nun nome “borracheira de viño que auga nin vela”, pero tranquilos que o final sempre nos queda o noso tío o “ TIO ELÍAS” que nos conduce o terminar a cea polas capelas de Caldelas.

(Un dos membros da peña xa se fixo famoso na EEUU para máis detalles ver a revista PEPE)
ESTA XA É A XUNTANZA Nº 20

jueves, 8 de octubre de 2009

OUTRA VEZ SIN OLIMPIADAS



OLIMPIADAS PARA BRASIL
(foto: balcóns de Madrid)

  • Queremos solidarizarnos cos nosos veciños madrileños ante a pérdida, outra vez máis ,da celebración das olimpiadas.
    Sin ánimo de ofender a nadie, si os membros da nosa peña(mais ben os membros dos membros da peña) non fósemos españoles e tivéramos que elexir un sitio donde facer as olimpiadas sinceramente tamén nos decantaríamos por Brasil; a min dame algo de pena que non se fagan no noso país, pero por un minuto imaxinade que sodes vos os que elexides onde se van a celebrar , eu tería a cousa clara, pois si escoito Madrid o que se me ven a cachola é cuadros de Velázquez, toros, atascos… pero si escoito Río de Janeiro o que se me ven a cachola é CopaCabana, praias, mulatas en tanga, mulatas en tanga, mulatas en tanga e sobre todo mulatas en tanga; eu sinto moito pero voume a batir records do mundo o outro lado do charco.
  • Os que evalúan onde se celebran estes xogos milenarios dalles o mesmo que teñamos o 75% das instalacións feitas, ou que veña desde Chicago a última hora en plan Chulo o Obama que por certo cuando quedaron eliminados o presi americano ata se quedou blanco, ou que os nosos políticos inda que se levan a morte semellen máis felices coa moza esa dos anuncios de compresas que parece estar máis agusto que nadie a pesar de ter unha dor de barriga de carallo, vómitos, un malestar que non a deixa durmir pero como din os fabricantes de estas compresas, rie sempre por que esto fai a unha muller sentirse orgullosa de selo, en resume o que quero decir é que estes o que miran e dónde pasar unhas vacións de puta madre.
  • En fin amigos madrileños non vos desanimedes que mentres exista o mundo vai a ver olimpiadas así que a seguir intentandoo inda que nos non o vexamos.
    ¡ samba de janeiro!

domingo, 27 de septiembre de 2009

COMO VOS ENGAÑAMOS

Sin ánimo de mentir, pero mentindo de todas formas, dixenvos que a cea do mes de septembro era na bodega do Poluto. Falso, esa noite as pitas e os pitos de Marrubio e arredores puideron durmir a perna solta sin algarabías e ruidos impropios que lle perturvasen a noite. Esa noite, aproveitando (que é do que se trata; de aproveitar) que era o Cristo ou a Dolorosa ou algo así (eu de Sas de Penelas po Este non conozo) fumos cenar a Trives.... Eso si foi un Cristo ben Doloroso.

A cena foi na Viuda, xa parecemos da jetset. E home, cantar cantar tampouco e que cantaramos moito, e que nos non podemos ir a sitios finos que desentonamos... bueno a verdade e que desentonamos en calquera lado... pero por que queremos eh, por que queremos¡¡¡¡

E que despois dos Remedios non se pode poñer unha festa co nome de Cristo... eso é provocar!!!. E claro, nos non queríamos, pero vimonos obligados!!! Tiñamos que facelo, eu non sabía, a min obligaronme... e todas esas cousas que se din cando se lle quere votar a culpa a outro. O caso e que coma sempre o mellor de cada casa botou portas pa fora e partiú camiño de Trives... e claro, coma na casa dun nada. .. pero non está mal o pueblo non... a sua torre do reló, o Sky, o Candello, a Cepa, o Bodegón, outra vez o Candello, o Boliche, o Bartolo (ahí entrei engañado, vin o que había e salín correndo por non estropearlle a media de edade)... Si a este humilde escrivan se lle olvida algunha tasca, ou garito, non é por mala idea, e máis ben, pola niebla etílica ou metílica que nubla a mente e os recordos¡¡¡¡

Coma sempre, foron caindo pouco a pouco, foron desaparecendo almas en pena de bar a bar, coas escusas de sempre, e que teño as nenas na casa, e que maña traballo, e que teño un viaxe, e que a abuela fuma, e que ven o primo de Australia, e que o carallo vintenove, o de sempre, que a última hora, cando se ve quen vale e que dice que vale, cando empeza a sair o sol a rirse de nos, ahí quedamos os catro de sempre dicindo o de sempre:

- E HABERÁ CONTROL?
- SEICHE EU BEN!!!!!!


E a maña do domingo cando Don José volve a espertarnos coas campanas da misa ( que non vou, por moito que me chames non vou) miras o reloxo, Cristo as 12 da maña, sorís, das a volta e sigues durmindo mentres a habitación empeñase en seguir dando voltas.....

E so sí .... toda culebra, pita, ra, ou ovella que habite arredor da bodega do Poluto que se prepare para a cea de Octubre... xa pode ir chamando a guardia civil que esa noite ou se pon a cantar con nos ou si quere durmir vai ter que emigrar a Portugal!!!!. Unha aperta a todos os nosos amigos e amigas que non han ser poucos ( ou eso esperamos)¡¡¡¡¡¡

martes, 15 de septiembre de 2009

XUNTANZA-CEA MES DE SETEMBRO





¡ AVISO IMPORTANTE ¡
Queridos millóns de lectores, seguidores e críticos compráceme comunicar que o sábado 19 a peña EU NON QUERO QUE TE POÑAS ASÍ vamos facer a Xuntanza-cea deste mes no que vamos celebrar o final do verán, inda que esto é unha escusa xa que a nos eso importanos pouco.




O lugar escollido para tan importante evento vai ser BODEGA POLUTO o que lle vamos intentar baixar o nivel das botellas de herbas e do licor café, acto no que Poluto colabora gratamente tanto na doación do producto como na consumición.



A cea vai ser feita por dous dos grandes Chefs da peña: Toupiño e David que inda que non diferencian un ovo dunha pataca van a prepararnos uns percebiños do Sil, nécoras do Ponte das Tablas e un castronciño de la ría todo esto supervisado polo gran cociñeiro de Valilongo (este colabora cos dous cociñeiros tocándolles o navo).



Estimados seguidores xa vedes que nas nosas ceas sempre temos herbas e licor café, pois unha cea sen os productos da terra non sería o mesmo igual que tampouco é o mesmo unha pataca que un ovo como intentamos explicarlle o Toupi e o Deivi xa que se fosen o mesmo serían dúas patacas ou dous ovos,¡ non amigos non!, o Castro sen bica tampouco é o mesmo,igual que tampouco é o mesmo cando te metes un supositorio polo culete xa que eres un home enfermo que se está medicando, mentres que se te metes outra cousa, automáticamente deixas de ser un home, pois como vos decía antes o que non é o mesmo non é mesmo, o Castro sen estes detalles non sería Castro, e inda que como di o refrán, é verdad que a falta de pan boas son tortas tamén e verdade que non están igual de ben vistas as panadeiras que as tortilleiras.



O remate da cea e como sempre, todo o rebaño faremos o tradicional percorrido polas capelas do pobo nunhas circunstancias que dependerán da potencia das botellas do noso querido amigo, estimado, genial,animal e pichichi Polu-gol; tales circustancias poden agradar ou decepcionar os presentes según os ollos de quen miren, pois as veces temos os que fan estriptis (o que vai agradar ou no as mozas e algún mozo seguro que tamén), temos os que cantan pezas tradicionais, os que cambian o peinado o longo da noite, os que non fan nada e cuando lle mandas facer algo sempre responden “hazlo tu”, ( foto: o presi co rebaño)

Organizar esto parece fácil, pero xuntar tanto artista da terra de caldelas e e algún bo fichaxe de Ourense non é tan sinxelo, e si a ti che parece fácil :


¡HAZLO TU!

viernes, 4 de septiembre de 2009

CHEGARON AS FESTAS DOS REMEDIOS


  • Por fin chegan as nosas festas, ”as FESTAS DOS REMEDIOS”. Os menbros da nosa peña facemos unha chamada a tódolos habitantes da terra, e por suposto, o galego que está na lúa que ha venido del Ferrol (pois á lua inda non chegou a crisis) a que asistan a tan preciada celebración.



  • Aquí temos moito que ver e para tódolos gustos:
    - Para os devotos temos a nosa querida e venerada Virxen Dos Remedios
    - Pola mañá ,para os madrugadores ou para os que alargamos a noite xa podemos esperar as sonoras Bandas e sobre todo ós artistas da nosa terra que levan toda vida alegrando as nosas rúas e xa desde a noite dás bandeiras están montando troula, estes son os nosos AIRIÑOS DE CALDELAS ( esto si que son gaitas e no as do Roco ese)
    - Para todos tamén a mañá os nosos cabezudos co noso famoso IRRIO o cal reparte paus sen mirar a quen ( non recomendable para xente con varices ).
    - Para os nenos temos xogos, colchonetas, cochitos, furgonetitas, … (botellón no parque da estrela por favor abstéñanse os papas)
    - Para os amigos da gastronomía temos xa desde a famosa e recomendable noite das bandeiras bica , licor café, hervas (moitas hervas) viño da terras
    - Polas noites grandes orquestas na praza do Prado.


  • Novos e anciáns, nenos e nenas, esquimales de áfrica, bosnios e soberbios,doutores e enfermos…achegádevos a esta máxica festa, non vos arrepentiredes .(por favor abtéñanse os da gripe A)


  • Se a pesar deste chamamento e por mor da crisis, a asistencia as capelas do pobo se resinte, os membros da peña EU NON QUERO QUE TE POÑAS ASÍ queremos mandar unha mensaxe tranquilizadora os taberneiros, pois temos un plan para paliar os efectos desta crisis que consiste en que todos os menbros da Peña mais aqueles que se unan a nos a tan solidaria causa van tratar de consumir o dobre que outros anos. Polo tanto queridos caldelaos e visitantes se vedes algún menbro da nosa peña ou calquer outra persoa unida a nosa causa que fala soa, que anda a catro patas, que dorme na acera, que pellizaca un culete de propidade axena ou calquer outro síntoma raro non digades:
    mirade o chispas ese que trae unha carga de carallo”
    ¡ NON ¡ Queridos amigos esa non é a mentalidade, a mentalidade ten que ser:
    ¡qué gran rapaz que se sacrifica polas festas do pobo, vámoslle a pagar unhas copas noutra capela para que deixe de falar coa farola!
    Fora coñas, a peña NON QUERO QUE TE POÑAS ASÍ deséxavos unhas felices festas e un próspero ano novo
    VIVAN AS FESTAS DOS REMEDIOS

lunes, 31 de agosto de 2009




FOTO CORRESPONDENTE CENA DE XANEIRO




RESULTADO CENA DO MES DE AGOSTO
:

En duas palabras: IM PRESIONANTE¡¡¡¡. E moi difícil superar o vivido a noite do sábado, xentes, xentiñas e xentuza e xeneral, de todas as razas e condicións, de varias xeneracións e de varias peñas diferentes reunidas baixo un mismo teito cun obxetivo común. Pasalo ben, e andar de troula¡¡¡¡. E a fe que o conseguimos¡¡¡¡. Xuntámonos a peña dos novos, a nosa, a de verdade, EU NON QUERO QUE TE POÑAS ASÍ, coa peña tradicional dos nosos ancestros, a ARRANCADEIRA, e a fe que entre todos, edades a parte (non se notaba nada) pasámolo en grande. E todos chegamos a mesma conclusión.... quen sería o animal que lle dixo o Toupiño que cantaba ben? Como nos jodeu¡¡¡¡. Entre prato e prato, entre anécdota e anécdota, risas e cancións e groliño vai e groliño ben, e algún descarriado que pertenece as duas que chegou un momento que de tanto entrar e salir, e pasar dunha mesa a outra non sabía xa si estaba sentado ao lado do Chapi ou ao lado do Casiano. E da igual total, os dous son do Madrid. Foi buenísimo, e o que quedou claro que no noble arte da troula quedamos empatados. Si somos menos, pero nos continuamos a troula no Luar mentres que os abueliños marcharon cediño para casa dicindolle as mulleres cando os viron chegar: NON QUERO QUE TE POÑAS ASÍ..

De todolos xeitos, sempre ten que haber un garbanzo negriño que se empeña en amargar as festas dos demais, e home tal vez molestasemos un pouquichiño, pero un dia e un dia e un peso gastase¡¡¡ E claro, como non todo o mundo parece ter a nosa paciencia cos desafines, chegou a guardia civil, os antidisturbios, os Geos, os bombeiros e incluso o Notario e a protección civil e mui amablemente nos pedirón que nos disolvesemos.... eso e o que intentamos pero para disolvernos fan falta 100 litros mais de viño ( o guardia de trives non lle encontrou a gracia o chiste, e mira que a ten jejejejeje)

Desde aquí agradecerlle a Casa Cachín, a Montse, o Javier e a tódolos presentes o trato dispensado, moitas gracias pola vosa paciencia, moitas gracias por todo, a comida estivo genial, e pasámolo de maravilla gracias en parte a vos... moitas moitas moitas gracias.

E a esa veciña da Casa Cachín de oidos sensibles sólo se nos ocurre decirlle unha cousa: NON QUERO QUE TE POÑAS ASÍ.

Total, que despois de comer, beber, despeinarnos, peinarnos, bailar, cantar, e rir, fomonos cada un para a nosa madriguera esperando con impaciencia a seguinte lua chea¡¡¡¡ E coma sempre o domingo pola mañá, co sol ben alto xa, coas campanas da chamada a misa retumbandome no craneo (a proxima vez que me desperte don José coas campanas chamo a guardia civil), levantaste cunha resaca de tres pares de narices, coa boca seca pero pensando ... "MERECEU A PENA"... Ide en paz e que o señor vos acompañe¡¡¡¡

viernes, 28 de agosto de 2009

anuncio xuntanza-cea mes de agosto


- Queridísimos milloóns de fans, lectores, detractores ( a estes que lles dean) da nosa peña,compláceme comunicar que a nosa próxima xuntanza-cea vámola facer o 29/8/09 no Cachín.
- Vamos coincidir en día e no mesmo restaurante coa histórica Peña ARRINCADEIRA; estas dúas peñas temos moitas cousas en común pero sobre todo o pobo de Castro Caldelas xa que foi o que nos xuntou.

- Toda persoa, bicho animal ou aparato que coincida con nos, pido en nome de todos perdón por anticipado, xa que os nosos cantos poden dañar algún tímpano, e cando fagamos pola noite a procesión reglamentaria polas capillas do pobo ( tal como establecen os estatutos da nosa peña) os presentes entendan a nosa maneira de andar en forma de “ese” e bamboleos. Todos aqueles que queiran pódense unir a facer a procesión con nos e se despois de tomar tanto xarabe notan dor de cachola, malestar gástrico, enrojecimiento, cambio imprevisto da cor e cantidade de orina, transtornos visuais, lengua trabada non se asuste, ti o que tes animal é que estas chispa

jueves, 27 de agosto de 2009

COMO EMPEZOU ESTA PEÑA DE COLEGAS


“En un lugar de Caldelas de cuyo nombre no quiero acordarme” naceu a nosa peña un febrero do 2008 , pois como empezan estas cousas, primeiro unha cea na Pousada Vicente Risco entre 17 colegas, unhas copiñas, e no medio da algarabía un berro que di: " carallo casi que podíamos facer unha cea tódolos meses”; entre grolo e grolo vaise animando a cousa e surxe a gran idea de facer unha peña; as copas e herbas seguen caendo e a idea xa se vai tomando en serio.
As palabras textuales que deron coa formación da peña, ditas por un dos menbros foron a: “a partir dee goxe ¡hip! Cuedaa ¡burrr…! Inaguuerade uesta peeeññia…PUM. Estas foron a palabras máis claras que se conseguiron entender do gran discurso pouco antes de caer da silla. ( Quero aclarar a un amigo meu de Tarragona que o idioma que utilizou non é catalán)

E como toda boa peña que se precie necesitaba dun nome, o resultado tras unha larga deliberación de 15 copas e un par de botellas de herbas foi NON QUERO QUE TE POÑAS ASÍ. Non podo decir exactamente a procedencia deste nome, pois como comentei as circunstancias dese momento non me permiten dar máis datos.
Os calaveras que formaron parte desta histórica formación foron: ORLANDO, MARQUÉS DO COUTO, LALITO, FREDI, TIO ELIAS, CHAPI, TONI, POLUTO, JUAN LUIS, MILITO, MOTO, HERMINIO, CHURRO, MODESTITO, TOPI, DAVID, JORGE, JULIO ABUELO, SUSO.
(No tempo que levamos de guerra tivemos algunhas pérdidas.)

Actualmente os que compoñen este grupo de crápulas son:
- Orlando da Pena ( aclaro que vive na Pena non que de pena) - Presidente por dictadura -Marques del Coito y 2º del Ivedo
- Fredi - o terror das estradas, é o que nos proporciona os contactos internacionales xa que sempre anda de viaxe.
- Tio-Elías - nomeado por dictadura chofer oficial ( si non tes familia apúntate a nosa Peña polo menos vas ter un tío)
- Alfonso alias Poluto – coñecido como el fontanero del amor
- Lage – o seu lema é primeiro papo e despois canto
- Milito – o seu lema é primeiro copas e despois despéinome
-Javier Chapi alias o pica pica- o seu lema é Chámame como queiras menos cedo.
- Herminio – un dos primeiros fichaxes e Menudo fichaxe,( nos como Barsa e Madrid soamente fichamos craks)
-Toni (Seur)- o seu lema é 24 horas en su domicilio, nunca falla, apúntase inda que sea a guerra
- Juan Jesús alias Cuchú – puxo a letra tan sentimental o noso excelentísimo himno e ten un duo espectáculo artístico-musical con Milito.
- Modestito – é o tesoureiro da peña e nunca queda un peso. ( o que non entendo eu e que lle chamen Modestito )
- Antonio- coñecido cariñosamente como Toupiño – este é o rapaz corriente da peña
- David alias o gasolinas – los viejos roqueros nunca mueren : Alais, Alais, Alais terra de...
- López – este é o fichaje do mercado de verán
- Julio o abuelo – Temos tío e temos abuelo na peña.
- Suso alias o Pollas – risa falsa de mujer
- Miki – alias o ¡ tu me das cremita, yo te doy cremita!

Esto é a tripulación da Peña, pero como dixen, se algúnha persoa, animal, marciano, ou calquera outra especie quere formar parte será aceptado despois de pasar unhas pequenas probas; entón si que podrá entonar a canción do anuncio que temos en todos os medios de comunicación:
Son,
Son son son
Soooon (bis)

¡ SOY DE LA MUTUA!, perdón quixen decir ¡SON DA PEÑA!


miércoles, 26 de agosto de 2009


Este e o noso escudo, un escudo formado polas torres que representan o castelo no cual todos, uns máis e outros menos, xogamos de pequenos. No trono presidencial temos a un can coronado, por que quen mellor que un can para controlar a unha manada de lobos, e aos lados unhas follas que queren ser de parra, en memoria do viño, ese maravilloso mencia que enche os corazóns de alegría e a cabeza de historias esquecidas, e de cancións olvidadas antes de ser compostas.
No centro temos unha copa, un cáliz, pero non calquera cáliz, e o cáliz co que o viaxeiro brinda co amigo que facía tempo non vía, e o cáliz que sirve como escusa para xogar unha ronda para todos os chinos, e o cáliz que serve de escusa perfecta para rir de verdad, de dentro, desde as entrañas, e a escusa perfecta para ser por uns intres féliz.
Rir como cando eramos nenos, sin obligacións sin ataduras, é un cáliz porque non podia ser un vaso de tubo...........

E por último Semper amicus Semper beatus, un lema que é máis un deseo, sempre amigos sempre felices, no fondo e o que todos perseguimos e de cando en cando, por un momentiño, algúns conseguimos e disfrutamos dese momento como si non fora a haber outro....Semper amicus Semper beatus... o peor e a resaca o dia seguinte, ahí acabouse a felicidade e a volver a empezar.

martes, 25 de agosto de 2009

PRESENTACIÓN





  • Preséntovos unha peña formada por un grupo de amigos de Castro Caldelas e arredores (Montederramo, Akinoestán, Teixeira, China, algún bo elemento de Ourense...), moitos somos amigos de sempre e outros son fichaxes que se foron incorporando o ver o bo rollo que temos.


  • Estamos abertos a todos aqueles que sexan xente sana ( cuando digo sana refírome o aspecto como persoa xa que nas xuntanzas que facemos cae algunha que outra copiña e botella de herbas, bueno mais ben caen bastantes copas e botellas de herbas)


  • Nesta peña non importa a ideoloxía, (pois temos de todo: PP, GTI, PESOE, TDT BNG,FBI...), nin relixión ( temos católicos, salidos, protestantes, obesos, budistas, paracaidistas..),nin a raza ( temos blancos, negros, amarelos pero a que máis abunda é raza canina e a mencía), tampouco a profesión ( temos de todo menos currantes), nin a idade (temos desde os 20 anos pasando polos 69 ata os 101), en resume o único que se necesita para ser desta banda de bos amigos é querer pasalo ben, non ter prisas nas ceas e o cantar desafinar todo o pque se poda.