miércoles, 16 de junio de 2010

XUNTANZA-CEA XUÑO


Xa estamos aquí outra vez, dispostos a facer a xuntanza de xuño, este mes encántanos pois ven o calorciño, chegan as festas, as mozas empezan a destaparse cousa que concretamente os membros da nosa peña encántanos pois de non poder catar polo menos mirar as obras de arte que Deus no da, ademáis todos os da nosa peña somos como os EEUU: Gobernados por un capullo.




De todas formas temos na peña algún que outro que inda catan bastante o sexo femenino, non por guapos senon máis ben por pesados pero xa se sabe que o que non chora non mama






A cea vai ser o día 19 de xuño, o lugar escollido vai ser o Parador de San Xulián, os encargados de organizar o evento van ser o coñecido polo día como o novo e excelentísimo presidente do C.D Caldelao alias Chapi e coñecido pola noite como o dos regates, o outro membro encargado xunto con Chapi da organización vai ser o coñecido de día como Polu o fontanero do amor e pola noite o pecha capelas xa que é o que ten a dura tarefa de vixiar e ser o último en marchar das capelas para que a partir das sete non quede ningún membro da peña en boas condicións.
















Este mes dado os tempos que atravesamos queremos adicarlle a Cea –xuntanza a Puta Crisis, sei que moitos diredes que nestes tempos de crisis que somos uns derrochadores, que sempre andamos de troula, pero a nosa única intención é tomarse a vida con algo de humor, pero para que vexades que somos xente con creenzas vamos a rezar unha oración por estes tempos de crisis:

Noso pai que estás na Moncloa,
santificado sexa teu nome e non o Plan de Desenvovementoolo que nos está arruinando,
fágase a túa vontade e a dos teus Ministros, que nos estades explotando,
perdóanos nosas deudas que nos están aumentando,así como nos perdoamos os que nos estades roubando,
e non nos deixes caer na tentación de buscar outro empleo que estamos necesitando.
Amén.

Hermanos non sei si vai facer moito rezar pero por si as moscas non está demáis, xa que estamos en época de recortes:
-Benaventurados os que viven do soldo base, pois pronto verán a Deus

Pois eso amigos, temos que tomarnos a vida con humor e por suposto si fai falta botarlle a man a un colega botádella inda que sea o pescozo
Ata o sábado e xa sabedes
Eu NoN qUeRo QuE Te PoÑaS aSí