jueves, 21 de enero de 2010

MILAGRO¡¡¡¡¡ MILAGROOOOO¡¡¡¡¡ Pasou a semana dos Fachós e seguimos todos vivos... bueno, uns máis que outros, pero vivos ao fin e o cabo¡¡

Sei que a vos que xa sodes miles e miles os fans da nosa peña, homes, mulleres, nenos, nenas, pitos, pitiñas, gatos e gatiñas, a todos, dígobos que non poidemos escribir antes por causa de forza maior. Unha leve jaqueca (que é como a xente fina lle chama a resaca) impediunos escribir ata o de agora para dar cumplida conta do acontecido na cena, desta nosa, e vosa amada peña.

Pois como e ben sabido, debido a causa de forza maior, cenamos no Pallón cando a cena estaba programada na bodega do Poluto. Digo causas de forza maior, porque realmente non teño nin puta idea de porque cenamos no Pallón e non na bodega do Poluto, pero eso é o de menos. Con tal de non mover o coche o que faga falta...

Xuntamonos a eso das 22.00, cando o Madrid xa viña de perder co Bilbao, e todo hai que dicilo o Modestito cumpliu a orden de alexamento e permaneceu afastado a mais de dous metros da botella de herbas en toda a noite. Foi todo coma sempre, reinou a camaradería, e a concordia, e as cancións que a forza de practicar cada día son mellores. Mención expecial merece a rapaciña que nos atendeu (que pacencia ten). A nosa amiga Marta chegou nun momentiño e dixonos que desafinabamos cantando "ASTURIAS PATRIA QUERIDA"... Filliña, que dios che conserve a vista que o oido xa o perdiches.... DESAFINABAMOS EN TODASSSSS¡¡¡¡.

Unha gran rapaza que sustituiu con grande honor para ela a unha figura clave na nosa peña como é o Cuchú. Pero a Marta sustituino perfectamente no momento de cantar o himno da peña. Pero tamen, para decir a sua frase tampouco hai que romperse moito a cabeza.

Todo estibo xenial, e afortunadamente para elas, as gafas de don Manuel, conseguiron rematar vivas a noite a pesar de un amago de rotura..... sempre hai cousas¡¡¡¡¡....

Como dixo un Anónimo nun comentario, a peña vai durar pouco. E dicimos nos, o importante e o que dura dura, e xa vai durando máis de dous anos.. Dous anos de troulas, dous anos de concordia, dous anos de amizade, e centos e centos de litros de viño mexados polas nosas braguetas. Cada máis e mellor....

Pero claro, unha persona normal iríase a cama cediño para descansar algo e estar en plena forma para os Fachós.... pero nos non somos normales... noooonnnnn¡¡¡¡
Somos completamente anormales¡¡¡¡ E claro continuamos coa farra hasta altas horas da mañá sin acordarnos que esta semana tiña dous sabados e dous domingos....



Aquí temos o responsable dos Fachós.... e non é o Notario nin o Guerra, non, e o San Sebastian, patron do noso pobo amado, e miembro honorario da nosa peña. Hai unha lenda non comprovada que dice que o santo matarono por acabar el só coas reserva de licor de herbas de todo Castro Caldelas... Orlandiño, Modestito... xa podedes correr¡¡¡¡

E claro empezou o lume, empezaron os chourizos (os de comer se entende), empezou a correr o viño, e claro unha cousa levou a outra e estes son os resultados:

Aquí temos o Chapi comprovando como lle vai o pulso.... TU SI QUE VALES¡¡¡¡¡.


E comimos chourizos, e pasamos por todas e cada unha das parroquias de rigor, deixando a nosa alegría por todas e cada unha das barras das parroquias de todo Castro Caldelas. Sin olvidar nunca quenes somos, donde estamos e para que viñemos.... Somos a peña Non quero que te poñas así, estamos na nosa casa, en Castro Caldelas, e viñemos a divertirnos¡¡¡¡


E si tedes algunha duda:



O fondo está o ex-miembro Lalito, que ahora ten "amigos" en Trives... En primer término esta un xamón, e detras do cuchillo está escondido o Lisardo.



Esta foto xa o dice todo... Si este é o presidente da nosa peña, xa nos podemos facer unha idea de como son os demáis.... pois uns alegres trouleiros, e simpáticos borrachiños¡¡¡¡¡ E a da esquerda é unha rapaza da que non nos lembramos de como se chama, pero que tiñamos que poñer unha foto sua, xa que a maioría das fotos desta entrada foron sacadas do seu perfil de facebook... jejejejeje

Temos jeta síiii...... pero con simpatía....

Deseandolles o mellor aos miles de millons de lectores e lectoras que non teñen outra cousa que facer que perder o tempo leendo o que nos vivimos.... e dandolle unha cariñosa aperta a Sonia (de amigo, e Lisardo, non te enfades) despídese este humilde seu servidor. Que non ten nada de humilde e ningunha gana de servilos¡¡¡

Un bico, un abrazo e hasta outra troula¡¡¡¡ VIVA SAN SEBASTIAN..........¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡
(habíá que dicilo)