viernes, 4 de septiembre de 2009

CHEGARON AS FESTAS DOS REMEDIOS


  • Por fin chegan as nosas festas, ”as FESTAS DOS REMEDIOS”. Os menbros da nosa peña facemos unha chamada a tódolos habitantes da terra, e por suposto, o galego que está na lúa que ha venido del Ferrol (pois á lua inda non chegou a crisis) a que asistan a tan preciada celebración.



  • Aquí temos moito que ver e para tódolos gustos:
    - Para os devotos temos a nosa querida e venerada Virxen Dos Remedios
    - Pola mañá ,para os madrugadores ou para os que alargamos a noite xa podemos esperar as sonoras Bandas e sobre todo ós artistas da nosa terra que levan toda vida alegrando as nosas rúas e xa desde a noite dás bandeiras están montando troula, estes son os nosos AIRIÑOS DE CALDELAS ( esto si que son gaitas e no as do Roco ese)
    - Para todos tamén a mañá os nosos cabezudos co noso famoso IRRIO o cal reparte paus sen mirar a quen ( non recomendable para xente con varices ).
    - Para os nenos temos xogos, colchonetas, cochitos, furgonetitas, … (botellón no parque da estrela por favor abstéñanse os papas)
    - Para os amigos da gastronomía temos xa desde a famosa e recomendable noite das bandeiras bica , licor café, hervas (moitas hervas) viño da terras
    - Polas noites grandes orquestas na praza do Prado.


  • Novos e anciáns, nenos e nenas, esquimales de áfrica, bosnios e soberbios,doutores e enfermos…achegádevos a esta máxica festa, non vos arrepentiredes .(por favor abtéñanse os da gripe A)


  • Se a pesar deste chamamento e por mor da crisis, a asistencia as capelas do pobo se resinte, os membros da peña EU NON QUERO QUE TE POÑAS ASÍ queremos mandar unha mensaxe tranquilizadora os taberneiros, pois temos un plan para paliar os efectos desta crisis que consiste en que todos os menbros da Peña mais aqueles que se unan a nos a tan solidaria causa van tratar de consumir o dobre que outros anos. Polo tanto queridos caldelaos e visitantes se vedes algún menbro da nosa peña ou calquer outra persoa unida a nosa causa que fala soa, que anda a catro patas, que dorme na acera, que pellizaca un culete de propidade axena ou calquer outro síntoma raro non digades:
    mirade o chispas ese que trae unha carga de carallo”
    ¡ NON ¡ Queridos amigos esa non é a mentalidade, a mentalidade ten que ser:
    ¡qué gran rapaz que se sacrifica polas festas do pobo, vámoslle a pagar unhas copas noutra capela para que deixe de falar coa farola!
    Fora coñas, a peña NON QUERO QUE TE POÑAS ASÍ deséxavos unhas felices festas e un próspero ano novo
    VIVAN AS FESTAS DOS REMEDIOS