jueves, 15 de abril de 2010

Tarde de deporte

Queridos amigos non podo deixar pasar a oportunidade de comentarvos o gran acontecemento que pasou o sábado pasado no estadio do Teso.

O futbol en Caldelas volveu a resucitar gracias a un señor que ven de entrenar as categorías inferiores do Bilbao o cal mediante a súa experiencia e a ilusión que trasmite por este deporte está conseguindo xuntar os mociños da nosa comarca, non sei si para que salgan futuros Mesis e Cristianos, pero si para que se xunten para facer deporte. (foto mister)

Despois de este breve inicio quero falarvos que este grupo de rapaces que forman o Caldelao Juniors xogáronlle un partidillo de futbol as vellas glorias de caldelas.



O equipo que presentaron estes veteranillos de caldelas foron:
_ Na portería Toni ( Pasou máis tempo recollendo balóns dentro da portería que facendo palomitas)
_Nos laterales por un lado Toupiño e por outro Modesto ( por donde pasa el non volve medrar a herva )
_De centrales Fredi e Lisardo, que creo que lles daba o sol de frente.
_No centro do campo manexando maxistralmente este equipazo Chapi e Churro os cales fixeron gala de cómo se dirixe un equipo sen correr.
_Por un interior o rápido e sofocado Lalito e por outro interior o fichaxe extranxeiro conocido como ADÚ, ou ABÚ, ou como carallo se diga que rápidamente se adaptou o estilo de xogo do equipo, e decir o quieto, e tamén se adaptou, isto sobre todo a forma de vever do Castro.
_ e de dianteiros con instinto asesino Polugol e o rápido Marqués que fixo gala de cómo se guarda o sitio.

A verdade e que a cousa comenzou moi ben, os rapaces concentrados no vestuario escoitando as consignas do seu mister mentres o equipo de veteranos chegaban nun transporte especial para a ocasión (como podedes ver nesta foto), poi este é un equipo de peso e non podía vir en cualquer cochiño.

En cuanto saliron do coche tiveron que meterse nos vestuarios rodeados de fortes medidas de seguridade debido o acoso das fans que querían despelotalos.


Comenzou o partido terminando a primeira parte empatados, pois o Modesto subía polo lateral levando gran peligro para os pobres rapaces de levar un pisotón, o Churrito andaba no centro do campo coa luz encendida, o Lalito dando pases o Polu, na defensa Lisardo e Fredi tratando de parar as envestidas dos pequenos….



Pero a segunda parte as cousas torcéronse algo, pois o Modesto dixo que o Josué fixo trampa pois pasaba por o seu lado montado en moto, o Joni,o Jorje, Aitor, Roberto,…e todos os rapaces dixo o Marqués que fixeron trampa, pois en vez de correr flotaban, como podedes comprender o resultado foi de mal a peor para os veteranos e a favor das futuras promesas.



O Polu mediu as súas forzas co seu veciño Guasa que o marcou por todo campo de maneira excepcional como podedes ver nesta foto, eso si, si chega ser pola noite non o pilla nin de coña



O lalito preguntaba polo campo se lle podían traer un botella de osíxeno, e ademais o ver que non podía cos rapaces, como se ve nesta foto, tratou de distraelos con un xogo de mans, pois dixo: si non podes convencelos, confúndeos, pero nin así










Os veteranos vendo que o resultado non tiña solución puxéronse a coller margaritas, e claro o resultado o final foi unha chaquetilla, os rapaces gozaron máis de este resultado que o Cristiano Ronaldo Chupando.


É de lei decir que o partido estivo arbitrado polo excepcional colexiado presidente da nosa peña, que lle faltan xusto as cualidade que ten que ter un colexiado, boa vista, eso sí, no campo non estaba moi ben colocado por que non era sábado noite.
Para rematar quero decir que o final o de menos foi o resultado, pois pasamos unha tarde xenial e vemos que detrás ven un grupo de raparigos con ganas de dar moita guerra, para que se diga que xa non temos rapaces no Castro.