viernes, 28 de agosto de 2009

anuncio xuntanza-cea mes de agosto


- Queridísimos milloóns de fans, lectores, detractores ( a estes que lles dean) da nosa peña,compláceme comunicar que a nosa próxima xuntanza-cea vámola facer o 29/8/09 no Cachín.
- Vamos coincidir en día e no mesmo restaurante coa histórica Peña ARRINCADEIRA; estas dúas peñas temos moitas cousas en común pero sobre todo o pobo de Castro Caldelas xa que foi o que nos xuntou.

- Toda persoa, bicho animal ou aparato que coincida con nos, pido en nome de todos perdón por anticipado, xa que os nosos cantos poden dañar algún tímpano, e cando fagamos pola noite a procesión reglamentaria polas capillas do pobo ( tal como establecen os estatutos da nosa peña) os presentes entendan a nosa maneira de andar en forma de “ese” e bamboleos. Todos aqueles que queiran pódense unir a facer a procesión con nos e se despois de tomar tanto xarabe notan dor de cachola, malestar gástrico, enrojecimiento, cambio imprevisto da cor e cantidade de orina, transtornos visuais, lengua trabada non se asuste, ti o que tes animal é que estas chispa

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Unha peña despolítizada, sen mozas, co cacique de concello (cu rru cu cho) e o Laxe (socio de Baltar) de cantores e expertos en adegas, vaia lerias que vós montades.

O sorprendente, é que a maior parte das enerxías freternais destes caldelaos van polo retrete en forma liquida, bueno, algo de sólido levará.

non quero que te poñas así dijo...

A nosa peña non lle importa as vidas persoais de nadie nin o que fai a xente na súa vida privada(polo visto a ti sí),todo é respetable, aquí o único que temos é un grupo de colegas que nos xuntamos para pasalo ben.Referente querido anónimo o de que as enerxías fraternais van polo retrete estás algo fora de lugar, pois o que neste blog se pon está dito en clave de humor.Nos non xuzgamos a nadie, nin dividimos, ti tomao como queiras.E como di o nome da nosa peña "NON QUERO QUE TE POÑAS ASÍ"

Anónimo dijo...

Non quero que te poñas así... todo é broma, ficción, mentira, un reflexo... por momentos pareceume que che parecía mal. Bicos e abrazos. Hasta o 29, meu deus.

GESTOR dijo...

Estimado anónimo, como nome non está mal, pero seguro que encontras un mellor jejejejeje. Vamos por partes:
"sen mozas".

.1 E claro extrañache que non haxa mozas. Natural, si fumos capaces de cenar máis dunha docena de veces todos xuntos e conservar o bon rollo é por que non hai mulleres jejejeje. E broma, ou non.

"...o cacique de concello (cu rru cu cho) e o Laxe (socio de Baltar)".

.2 A estas alturas do partido vir con estas jejejeje. E dunha gran pobreza intelectual xuzgar a xente polas suas ideas( ou presuntas ideas) políticas. Respetamonos demasiado como para pretender convencer a algún de nos de a quén ten que votar. Importanos un huevo a quen vota o Lage, nin a quen o Poluto, nin a quen o Modesto, nin a quen o Milito. No fondo somos o suficientemente adultos como para saber que eso está forá de lugar. Por certo o Chapi e do Madrid e o Milito do Barcelona, e mirá tú, poden sentarse a misma mesa e falar de futbol sin matarse a paus.
Por certo o voto é secreto, ou non?.

"...a maior parte das enerxías fraternais destes caldelaos van polo retrete en forma líquida, bueno, algo de sólido levará".

.3 Estas de coña querido anónimo? O que se vai polo retrete chamase pipí. As enerxías fraternais e o que nos faí desear volvernos a xuntar o mes próximo cando o domingo pola mañá nos levantamos recordando os vos momentos da noite anterior. Eso, querido e estimado anónimo, non se vai polo retrete. Eso, levase dentro, ou o tes ou non o tes. Non hai máis.

Nunha cousa si che teño que dar a razón, mexamos e cagamos coma todo o mundo¡¡ Afortunadamente si non igual reventabamos jejejejejeje.

Anónimo dijo...

Xentiña a protexer, como se protexe ao lince ibérico.