martes, 25 de agosto de 2009

PRESENTACIÓN





  • Preséntovos unha peña formada por un grupo de amigos de Castro Caldelas e arredores (Montederramo, Akinoestán, Teixeira, China, algún bo elemento de Ourense...), moitos somos amigos de sempre e outros son fichaxes que se foron incorporando o ver o bo rollo que temos.


  • Estamos abertos a todos aqueles que sexan xente sana ( cuando digo sana refírome o aspecto como persoa xa que nas xuntanzas que facemos cae algunha que outra copiña e botella de herbas, bueno mais ben caen bastantes copas e botellas de herbas)


  • Nesta peña non importa a ideoloxía, (pois temos de todo: PP, GTI, PESOE, TDT BNG,FBI...), nin relixión ( temos católicos, salidos, protestantes, obesos, budistas, paracaidistas..),nin a raza ( temos blancos, negros, amarelos pero a que máis abunda é raza canina e a mencía), tampouco a profesión ( temos de todo menos currantes), nin a idade (temos desde os 20 anos pasando polos 69 ata os 101), en resume o único que se necesita para ser desta banda de bos amigos é querer pasalo ben, non ter prisas nas ceas e o cantar desafinar todo o pque se poda.

3 comentarios:

modesto dieguez dijo...

nunca o pensei pero o Orlando ten certo parecido co irrio....jejejejeje

Anónimo dijo...

Noraboa, faltaba no Castro unha peña que recolla a profunda pegada das outras, agora que van morrendo os socios máis vellos. Grandes esmorgas das que poucos pobos poden presumir. Beber, comer...amar, o que se dí amar, amase pouco... ata perder o sentido. É a savía nova e os seus proxectos...

GESTOR dijo...

Amar??? por qué lle chaman amor cando queren decir sexo.... jejejeje.... Gracias anónimo.Eso de recoller pegadas de outros uffff igual nos queda un pouquiño grande. Igualar o Pepito Farraca (cando era novo,) ou o Paco da Pena e tantos e tantos trouleiros de fama internacional que deu Castro Caldelas vainos ser moi difícil. Pero eso sí mezclado coa sangre nova, temos tamén o Cuchú e o Lage que entre canción e canción tamén nos poñen ao dia de como funciona a vida das bodegas. Igualar non sei si os igualaremos, pero que o pasamos genial, e sin meternos con nadie; de eso podes estar ben seguro.