lunes, 13 de junio de 2011

ANDA QUE NON PASOU TEMPO NIN NADA.....

Despois de cienes e cienes de cenas.... despois de acabar a liga de futbol, despois de que acabará a champions, despois de acabará eurovisión, igual non nos creedes pero SEGUIMOS AQUÍ¡¡¡¡¡

O Madrid de Mourinho non ganou a 10ª  pero da igual, xa caerá a decima. A nos a decima caenos cada cena e non pasa nada, nin que foran moitas 10 copas.... o Toupo e o Poluto solos suman moitas mais cada noite e sin contar todos os demais.

Xa sabes home, NON QUERO QUE TE POÑAS ASÍ.... ¡¡¡¡¡

Como sabedes, o Caldelao (e si non digovolo eu)  subiu a segunda regional, e como aquí cabemos todos, estamos todos representados, o Caldelao, o Parada do Sil, o Trives, e non pasa nada, nadie discute nadie se enfada... o caso e rirse, que cuando un se rí e que hai salud ou e que o un é tonto de todo.

A cena do mes pasado fixémola na casa do Toño en Montederramo, tarde, eso sí porque había que mirar primeiro si o Manchester ou o Barcelona ganaban a copa de Europa e o final para alegría de uns e desgracias de outros foi o Barcelona.  Os do Madrid podedes (ou podemos) conformarnos con esta foto, na que non está Christiano Ronaldo... pero tamen ganaban títulos:
O final seguimos sendo amigos, seguimos sendo caldelaos, seguimos sendo felices, seguimos amando como vivimos, con pasión, e con ganas.

E sí, tamen pasaron as eleccións, e si algún malintencionado dixo algunha vez que era unha peña de políticos e partidista recordade, nesta peña, estan o Lage e o López polo PP e o Modestito, o Toupo e o Poluto polo PSOE, e asegurovos que temos moitisimas cousas das que falar durante a cena, temos moitisimas máis cousas en comun que cousas que nos diferencien.

A próxima cena será en Valilongo, o dia do Rally e promete ser como todas, memorable, porque cada noite, cada dia, cada minuto que pasas o lado dun amigo, ese minuto, é un minuto memorable. Porqué como dice o noso presidente cando as herbas lle temblan na man:  "E QUE ESTO É O MAIS BONITO QUE HAI..."
O que lle leve a contraria pode acabar co vaso de sombreiro, pero ese é outro tema¡¡¡....

Esta peñinña de amiguiños, este grupiño de borrachiños, este grupiño de veciños que quedan unha vez o mes sin ningunha outra pretensión máis que rirse un rato; siguen vivos, máis vivos ca nunca, con mais ganas, con maís sede, e con mais fame ca nunca. SEGUIMOS AQUÍ... SEGUIMOS VIVOS.... E HAI QUE CELEBRALO¡¡¡¡¡¡

JAJAJAJAJAJAJAJA....  e o dito, como sempre, si lle faltei perdone, e : NON QUERO QUE TE POÑAS ASÍ¡¡¡¡...