martes, 22 de junio de 2010

O DÍA DESPOIS DA CEA


Queridos colegas e menos colegas, nenos e nenas mozas e amantes, curas e fillos.... seguro que estades deseando saber os pormenores da nosa última xuntanza celebrada o sábado19 no Parador de San Xulián no que fomos atendidos xenialmente polo camarero espectáculo Xose Manuel, así que vou tratar de contarvos as cousas que se podan e deixar intuir as que non se poden.

Asistimos a cea prácticamente todos exceptuando o Asturiano, Modestito e o Herminio que faltaron por causas de forza superior, pero tivemos un invitado, o cuñado do noso Lisi coñecido mundialmente por Robertiño de Valilongo.

Todo comenzou normalmente, chegamos o restaurante, primeiro os saudos entre os que non se ven asiduamente, logo inda coase non nos tiñamos sentados e xa faltaba o líquido de sete botellas de viño, eso sí, o noso invitado Roberto como bon deportista que é non quixo nin unha gotiña de viño, así que se mandou para comer directamente os cubatas, como podedes ver o noso invitado non desentoou nada, bueno, non desentonou bebendo por que o que é cantando debe ser da mesma escola co cuñado.

Volvendo o tema, foi chegando a comida, 1º os langostinos, depois pulpo ( animal co que nos sentimos moi identificados na nosa peña), logo viñeron uns percebitos que foron collidos polo Polu na Abeleda, pois aproveitando que o sil vai con pouca auga atopounos pegados nuhas rochas o lado das viñas, polo visto estaban no mesmo sitio donde trouxo o bogavante que papamos na cea anterior, este bogavante seica estaba cagando detrás dunhas xestas e o Polu díxolle” por marrau vámoste a papar metido nun arrociño”, pero tranquilos que o Polu é un rapaz curioso e limpouno ben cando o animal rematou de facer as suas necesidades. O outro organizador da peña dixo que non quería ser menos co Polu así que tamen se decidiu a pescar, pero o único que pescou foi o mesmo que o resto dos membros da Peña, merlucitas fresca, xa se sabe que nos somos pola noite xente de pescado.

Pero o momento estelar da noite foi xusto antes de que nos trouxeran o cabrito, pois o Deivi ante a emoción dunha das súas cancións favoritas, (e digo súas pois non a coñecía nin Deus ) votou a andar por encima da mesa, digno dun malabarista pois non lle tocou a nada. Gracias a esta maxestuosa actuación do David o noso amigo Milito pode presumir dunhas abdominales como o Cristiano Ronaldo, pois votou rindo ata o domingo a tarde.


Logo como sempre ronda de cancións, despois suxerencias dos membros, pagamos, e o mesmo ritual de sempre, Tio Elías vai de primeiro non por ser o máis rápido seno por que é o que menos carga levaba, co noso tío os de tráfico teñen menos futuro que un paxaro con vértigo.
O chegar o Castro fixemos a famosa ruta polas capelas, pero en pouco tempo o rebaño foise desperdigando, uns por sono, outros por medo, outros por moito valor, o noso invitado Roberto colleunos medo e escolleu as de Zaragoza pois xa se sabe que en caso de jaleo máis vale MAÑA que forza.

Esto é o que vos podo contar da nosa xuntanza, e non lle preguntedes a ningún do membros da peña máis detalles do sucedido, pois non vos van a contar nada, non por que sexamos xente discreta senón por que non creo que se acorden de moito máis.

Esta última copa vai por vos