miércoles, 26 de agosto de 2009


Este e o noso escudo, un escudo formado polas torres que representan o castelo no cual todos, uns máis e outros menos, xogamos de pequenos. No trono presidencial temos a un can coronado, por que quen mellor que un can para controlar a unha manada de lobos, e aos lados unhas follas que queren ser de parra, en memoria do viño, ese maravilloso mencia que enche os corazóns de alegría e a cabeza de historias esquecidas, e de cancións olvidadas antes de ser compostas.
No centro temos unha copa, un cáliz, pero non calquera cáliz, e o cáliz co que o viaxeiro brinda co amigo que facía tempo non vía, e o cáliz que sirve como escusa para xogar unha ronda para todos os chinos, e o cáliz que serve de escusa perfecta para rir de verdad, de dentro, desde as entrañas, e a escusa perfecta para ser por uns intres féliz.
Rir como cando eramos nenos, sin obligacións sin ataduras, é un cáliz porque non podia ser un vaso de tubo...........

E por último Semper amicus Semper beatus, un lema que é máis un deseo, sempre amigos sempre felices, no fondo e o que todos perseguimos e de cando en cando, por un momentiño, algúns conseguimos e disfrutamos dese momento como si non fora a haber outro....Semper amicus Semper beatus... o peor e a resaca o dia seguinte, ahí acabouse a felicidade e a volver a empezar.