viernes, 28 de agosto de 2009

anuncio xuntanza-cea mes de agosto


- Queridísimos milloóns de fans, lectores, detractores ( a estes que lles dean) da nosa peña,compláceme comunicar que a nosa próxima xuntanza-cea vámola facer o 29/8/09 no Cachín.
- Vamos coincidir en día e no mesmo restaurante coa histórica Peña ARRINCADEIRA; estas dúas peñas temos moitas cousas en común pero sobre todo o pobo de Castro Caldelas xa que foi o que nos xuntou.

- Toda persoa, bicho animal ou aparato que coincida con nos, pido en nome de todos perdón por anticipado, xa que os nosos cantos poden dañar algún tímpano, e cando fagamos pola noite a procesión reglamentaria polas capillas do pobo ( tal como establecen os estatutos da nosa peña) os presentes entendan a nosa maneira de andar en forma de “ese” e bamboleos. Todos aqueles que queiran pódense unir a facer a procesión con nos e se despois de tomar tanto xarabe notan dor de cachola, malestar gástrico, enrojecimiento, cambio imprevisto da cor e cantidade de orina, transtornos visuais, lengua trabada non se asuste, ti o que tes animal é que estas chispa