lunes, 31 de agosto de 2009




FOTO CORRESPONDENTE CENA DE XANEIRO




RESULTADO CENA DO MES DE AGOSTO
:

En duas palabras: IM PRESIONANTE¡¡¡¡. E moi difícil superar o vivido a noite do sábado, xentes, xentiñas e xentuza e xeneral, de todas as razas e condicións, de varias xeneracións e de varias peñas diferentes reunidas baixo un mismo teito cun obxetivo común. Pasalo ben, e andar de troula¡¡¡¡. E a fe que o conseguimos¡¡¡¡. Xuntámonos a peña dos novos, a nosa, a de verdade, EU NON QUERO QUE TE POÑAS ASÍ, coa peña tradicional dos nosos ancestros, a ARRANCADEIRA, e a fe que entre todos, edades a parte (non se notaba nada) pasámolo en grande. E todos chegamos a mesma conclusión.... quen sería o animal que lle dixo o Toupiño que cantaba ben? Como nos jodeu¡¡¡¡. Entre prato e prato, entre anécdota e anécdota, risas e cancións e groliño vai e groliño ben, e algún descarriado que pertenece as duas que chegou un momento que de tanto entrar e salir, e pasar dunha mesa a outra non sabía xa si estaba sentado ao lado do Chapi ou ao lado do Casiano. E da igual total, os dous son do Madrid. Foi buenísimo, e o que quedou claro que no noble arte da troula quedamos empatados. Si somos menos, pero nos continuamos a troula no Luar mentres que os abueliños marcharon cediño para casa dicindolle as mulleres cando os viron chegar: NON QUERO QUE TE POÑAS ASÍ..

De todolos xeitos, sempre ten que haber un garbanzo negriño que se empeña en amargar as festas dos demais, e home tal vez molestasemos un pouquichiño, pero un dia e un dia e un peso gastase¡¡¡ E claro, como non todo o mundo parece ter a nosa paciencia cos desafines, chegou a guardia civil, os antidisturbios, os Geos, os bombeiros e incluso o Notario e a protección civil e mui amablemente nos pedirón que nos disolvesemos.... eso e o que intentamos pero para disolvernos fan falta 100 litros mais de viño ( o guardia de trives non lle encontrou a gracia o chiste, e mira que a ten jejejejeje)

Desde aquí agradecerlle a Casa Cachín, a Montse, o Javier e a tódolos presentes o trato dispensado, moitas gracias pola vosa paciencia, moitas gracias por todo, a comida estivo genial, e pasámolo de maravilla gracias en parte a vos... moitas moitas moitas gracias.

E a esa veciña da Casa Cachín de oidos sensibles sólo se nos ocurre decirlle unha cousa: NON QUERO QUE TE POÑAS ASÍ.

Total, que despois de comer, beber, despeinarnos, peinarnos, bailar, cantar, e rir, fomonos cada un para a nosa madriguera esperando con impaciencia a seguinte lua chea¡¡¡¡ E coma sempre o domingo pola mañá, co sol ben alto xa, coas campanas da chamada a misa retumbandome no craneo (a proxima vez que me desperte don José coas campanas chamo a guardia civil), levantaste cunha resaca de tres pares de narices, coa boca seca pero pensando ... "MERECEU A PENA"... Ide en paz e que o señor vos acompañe¡¡¡¡