martes, 16 de noviembre de 2010

Queridos amigos a nos danos o mesmo verán que inverno, que uns se casen pola igrexa e outros por idiotas, que chova ou que neve, que mexes e non a sacudas, que seas feliz ou casado, pois no Castro sempre temos algo que facer, ou a caso non é un espectáculo ver unha partida un sábado chuvioso pola tarde na que se enfrentan o Milito contra o Deivi chamándose calañas, ou que mellor espectáculo que xogar un Cabrón un domingo tendo o Lalito inspirado , ou ver o cegato do noso presi decir que ten que ir o oculista pero que non ve o momenteo, ¡esto si que son espectáculos!, e ademáis totalmente gratis.

O MÁIS GUAPO DA PEÑA
Xa estamos en novembro, moi cerquiña do Nadal, pensaredes que este é un mes aburrido pero ós da nosa peña encántanos esta época do ano,¡ pero moito mellor que o verán!, pois xa temos viño novo, e nos outra cousa non pero darlle o viño encántanos,tamén nos encanta coller choupíns, patamelas e cogordos, cousa que no verán a xente prefire mellor ós cus delgados que ós cugordos e tamén no verán en vez de buscar patamelas e choupíns, os que teñen choupín buscan pametelas.



E para que continue o espectáculo vamos celebrar, para non fallar a xuntanza de novembro, que vai ser organizada polo avo da peña Julio, e polo fichaxe de inverno Martín os cales nos van preparar unha cea na que se nos van quedar as caras largas como a do Topi





Nesta xuntanza imos tratar temas importantes de caráter mundial polo que como podedes ver nesta foto o presidente da nosa peña púxose en contacto por videoconferencia co presidente dos americanos para que veña a nosa cea, pero dixo que non podía vir pois tiña unha tina de roupa os topes para planchar, ven se sabe que esta xente sempre está ocupada, o que sí me dixo é que lle dera un saudo o Toupiño, xa que como ven sabedes estivo co Obama na Casa Branca en septembro, e temén dixo que para próxima vez que en vez de invitar o Toupiño que lle deixou o xardín cheo de buratos, que lle mandemos o Poluto para ver si lle arregla o riego que lle jodeu o Topi.






Pois eso, o día 20 deste mes temos xuntanza, e dicir: cear, beber máis cos peixes do villancico, cantos inda que o fagamos peor que o Pato Donald comendo polvorons, e o rematar troula, eso sí deitarse cediño que o día seguinte, moitos teñen que xogar uns co Caldelao, un co Parada, e os outros a cumplir coas mulleres, amantes, animais

 E para rematar un consello sobre as infidelidades: tranquilos os cornudos, pois o duro non é aguantar o peso dos cornos senon ter que manter a vaca, ademáis hoxe a fidelidad solo se ve nos equipos de sonido






Un saudo a todos, e xa sabedes:


¡ ninguén é perfecto!


Atentamente NINGUÉN