jueves, 5 de noviembre de 2009

NOVO FICHAXE

Queridos, estimados, e sempre recordados amigos, compráceme comunicar a incorporación dun novo membro a peña EU NON QUERO QUE TE POÑAS ASÍ ; Esta incorporación dase a que unha peña tan importante coma nosa, coñecida tanto nacional como internacionalmente precisaba dunha persoa, animal, ou aparato que nos levase o papeleo e contestar a tódolos escritos que admiradores seguidores pero sobre todo detractores nos fan chegar

Despois de buscar xente óptima que comulgase coas nosas ideas e ademáis que escribindo a máquina tivera máis pulsacións co corazón do noso querido avó da peña, a elección estaba clara O Lisardo (Lisi para las amigas), pois vendo o seu espectacular currículo é con toda seguridade o home con máis horas de máquina de toda provincia de Mazaira e parte de Estados Unidos.

Ademáis sabemos que é un home detallista,pois os compañeiros que xogan con el o fútbol din que deixa recados alá por donde pasa, eu son dos que pensa que si correos tivera un coma el sobrarían carteiros, xa que non existe ninguén que reparta tanto coma o noso novo membro. ( Eu defeito son un dos afortunados que pode presumir ter un detalle del no meu xeonllo dereito en forma de bota de fútbol ).

No seu currículo tamén aparece que ten casta de artista, xa que formou parte durante unha larga semana ( sobre todo para os oidos dos que o sufrimos )do coro Lembranza, o final tivo que abandoar esta afición, pois ou se canta ou se pide perdón pero todo non pode ser, non é que cantase mal, digamos que mais ben ten unha voz estruendosamente diferente. Polo tanto é perfecto para entoar as cantigas, alaridos ou ruidos que despois de cada xuntanza soltamos, xa que nos temos moito cantante destas características.

Tamén nos consta que igual que o resto da peña tenlle manía ás hervas e licores, pois nada ver botellas con estes líquidos fai tódolos medios posibles para que desaparezca.


En fin esta é unha pequena presentación do novo fichaxe, nos coma sempre non andamos racaneando pois facémonos cos servicios dos mellores coste o que coste, pois pagamos relixiosamente a cláusula millonaria a súa querida esposa.

¡E XA SOMOS 19!