miércoles, 18 de noviembre de 2009

XUNTANZA-CEA MES DE NOVEMBRE



E xa estamos en novembro!, a xente que pensa que os mellores meses son os de xullo ou agosto é que non son de Caldelas, pois o novembro está cheíño de cousas que non se poden disfrutar noutra época nin noutro sistio, xa que temos as castañas co seu correspondente magosto, chouparros en forma de cogordos e patamelas, en fin máis vale unha boa castaña e un cogordo do mes de novembro que un cu-gordo en biquini no mes de agosto.


Dito isto queridos amigos compráceme comunicar que os membros, persoas, bichos e cagapoquitos que formamos esta tan honorables peña vamos xuntarnos o vindeiro día 21 para adicarlle esta cea os magostos, os cugordos en tanga, e a xente que sofre de diarrea e descomposición consecuencia da degustación masiva destes productos da terra.


Vamos celebrar un concurso que consiste en ver quen é capaz de coller a castaña máis grande, concurso o que invitamos a todos aqueles que queirades participar, inda que non vades ter moitas oportunidades xa que os membros da peña somos moi competitivos e levámonos preparándonos para o concurso todo ano, que a pesar de non haber magostos nin choupís, nin patamelas o resto do ano o que si conseguimos è pillar boas castañas e algun cugordo que outro.


A organización deste gran evento corre a cargo do Presi da peña e do señor Poluto, os cales intentaron mostrar as súas artes na cociña, pero o resultado dinos que mellor iremos cear a un restaurante.


A continuación espoño un ensallo que fixemos, paso a paso, para preparar a comida do día da cea ( non é moi recomendable ):

1.- primeiro puxémos a asar as castañas e un adobe o bicho con un chorriño de aceite de oliva.

2.- Pre-quentar no forno a 180 grados durante dez minutos.

3.- Servirse un vasete de hervas para facer tempo.

4.- Meter o carneiro no forno e votar as castañiñas.

5.- Servirse outro vaso de viño, bebelo e mirar o forno con ollos lixeiramente extraviados.

6.- Boñer o terbostato a 150 gramos, grabdos y esberar vinte binutos.

7.- Servirse odro vaso...

8.-Ol cabo de un drato, fornir el abro bara condrolar e boar un chodretón de año o qüisqui e odro de qüisqui a uno bismo.

9.- Darlle volta o icho e pillarse mau au cerrar oforno, ¡berda!

10.- Desbués de vinte binutosss, sagar o forno do ano e abradarse totalbente a ban, ¡Ufff!... deramar barte de sarlsa no rrsuelo e progurar no dresbalarse e esgornarzse gontra o pigo da encimedra e agabar coa bierna endre os babos.

11.- Alganzar a bodeia de qüisquid e mederse un targuiño.

12.- ¡Pufff!... non gueda qüirsqui ni bara agompañar a bierda do anño que xa sabliu. ¡Gue lle den bor gulo o annño, as gastñas e a sua buta mai!.

13.- Agostarsze e dorbir un drato atua que chueguen os uoutruos da peñia



Como vedes, o resultado da cea que preparamos non saiu, moi ben que digamos, así que o final a cea farémola no Restaurante Pallón, xa que nos o final desta receta o único que coseguimos preparar foi unha boa castaña.

ESTE FOI O CAMPEÓN DO CONCURSO DO ANO PASADO:



¡ E XA VAN 21 ¡