miércoles, 7 de abril de 2010

NON VOS PREOCUPEDES¡¡¡¡ SEGUIMOS VIVOS¡¡¡¡

Gracias a Dios e os Santos todos, seguimos vivos. Como dice o Toupo: " Esta semana tuvo moitos domingos". E claro, no hay tempo¡¡. Xa pasou a cea, xa cumplimos 2 anos, xa sabemos andar, e xa empezamos a falar.

Esta cea estivo marcada polo regreso triunfal do noso presi que se foi a tumbar na mesa de operacións a Barcelona. Nin que non houbera carniceiros no Castro¡¡¡. E todo para arreglar unha perna, o que non nos dixo foi cal das tres¡¡¡ A Betty dice que a operación foi todo un exito e que saiu mellor do esperado, entonces xa sabemos que perna se foi operar. O caso é que contra todo pronostico puidemos contar unha vez máis co noso presi na cea, pero todo hai que dicilo sin herviñas non ten nin a metade da gracia.

Pois foi a cea máis tranquila que se recorda¡. A falta do David e do "Cuchú" notanse moito. E que nos dixeron que claro como tiñan a comida da arrancadeira (unha peña de velliños na que nos faltan 20 anos para militar) non tiñán corpo para duas no mismo dia. E que xa son maiores, non nos aguantan nadiña e temolos que coidar animaliños¡¡¡¡¡

Pero claro, non todo van ser desercións: Desta vez, tivemos a volta do Lalito de Sas expulsado tempo atrás por incomparecencía voltou ao rego, e veu cear con nos. E cantou o seu tema extrella polo que en anos vindeiros acudirá a Eurovisión sen lugar a dúvidas: "ME GUSTA COMO BALA LA OVEJITA"...

Xa non contabamos coa chegada do Marqués, ese pilar que fai que a peña non se mova, sobre todo cando fai aire¡¡¡¡. Enteramonos pola tarde de que un coche chocara de fronte con el cando viña na moto de volta de xogar un partidiño de veteranos. E despois da alarma inicial, e tras falar con el teléfonicamente, acudiu tarde, pero acudiu, co brazo algo inchado, pero sentouse e deu conta con avidez do vogabante, e das vieiras.

E a primeira vez na que un coche choca cunha moto e o que perde é o coche. Rompeulle co brazo o espello e unha ventanilla, e el nin caiu. Ocurresenos preguntar, de que ten o brazo o Marqués?. Menos mal que é tranquilo si non¡¡¡¡

E claro, acabamos a cea, cantamos as nosas cancións de rigor, e xuntamonos cos últimos que quedaban da Arrancadeira, e todos xuntiños demos boa conta das bebidas espirituosas que nos serviron mui amablemente a Pepa e o Jorge do Rubio. E houbo que retirarse pronto que estabamos na cuaresma, e había que pensar en recollerse que a Semana Santa estaba ahí, e como todo o mundo sabe, viñan moitos sábados, e moitos domingos seguidos, e nos estamos cada día mais vellos.

Tan vellos estamos que xa andamos pensando máis dun en facer un equipiño de futbol de veteranos no Castro, máis que nada para matar o gusanillo do futbol e ter unha escusa para marchar da casa os domingos pola tarde¡¡¡.

Sin máis despidese este humilde borrachiño, recomendandovos que un sábado próximo será a cena de Abril, e nesa cena si vai a haber musica, si vai a haber festa e a boa fe que si nos oides, e queredes festa, xa sabedes, unidevos a nos, que a unión fai a forza. E si non queres unirvos a festa.... xa sabedes: "NON QUERO QUE TE POÑAS ASÍ".