martes, 31 de agosto de 2010

FESTAS DOS REMEDIOS

PROCESION DA VIRXEN

  • Estimados Caldelaos xa se acerca o final do verán, pero inda non é momento de facer balance das vacacións, nin contar as chispas que pillamos nas festas, nin de mentir co número de polvetes, …. ¡ non amigos non! Inda non é o momento pois quedan as Festas dos Remedios, donde as estadísticas pódense romper, donde si escoitas a frase ¡ abaixo co alcohol! é que está berrando o veciño do sótano, donde se reza Benaventurados os borrachos por que eles verán a Deus duas veces, o que quero decir que esta é a nosa festa favorita, é o o gran colofón final do verán.
O NOSO IRRIO

  • Queridos seguidores que non sodes desta terra, inda que estemos en crisis vinde a festa desta vila, aquí non temos miseria, os de caldelas sempre temos un sitio para invitar a cear a un amigo, ou de invitar a unha copa,e o que queira disminuir o número de pobreza no mundo que se coma a un pobre, pero que veña a festa

  • Todo empeza a gran noite das bandeiras, donde non se pode romper a tradición de colocar as bandeiras e de colocarse os caldelaos, donde os airiños de caldelas amenizan polas capelas da vila, donde non se pode romper a tradición da bica e o licor café, donde non se pode romper a tradición do Roquiño caendo da escaleira, e tampouco se pode romper a tradición de cando chegan as sete da maña e nos di o Poluto: Inda é cedo para marchar para casa, temos que aguantar para esperar a banda e pillar o IRRIO, polo que é o momento de aplicar o que decía un famoso científico “dame un punto de apollo…e bebereime outra copa”, xa vedes que as tradicións son para cumplir.



XA CHOVEU
  • E xa pola mañá vamos tanto os que madrugan como os que non se deitaron a esperar a banda e os nosos gaiteiros, pois en caldelas podemos presumir de boas gaitas. Unha gran representación da peña Eu NoN qUeRo QuE tE pOñAs AsI aguantamos así ata hora de comer, e logo unha siestiña para pola tarde voltar a carga.


  • Pola tardiña xa é o momento da festa, donde reservamos un ratiño para bailar, uns coas súas mozas e mulleres didiante da orquesta, outros coas mozas dos demais, outros coas mozas de todos, en fin, xa sabedes que cada muller é un mundo, por eso que facede turismo .


    INDA É CEDO
  • Logo volve a verbena, e as sete da mañá , ¿sabedes quen di, “inda é cedo,temos que aguantar para esperar a banda”? pois sí, outra vez o noso colega Poluto, e inda que cada día que pasa aumentan a mulleres pequenas, e dicir as baixas, van aguantando algúns, eso sí, se o último día pola tarde vedes a un tipo coas mans nos bolsillos, capucha na cachola, paseando do Castro ata a piscina non vos asustedes, este é o noso Toupiño que se lle rematou a hierba-luisa.


 







En fin amigos que disfrutedes moito nestas festas


E para rematar vou a darvos un consello en duas palabras que vos van abrir moitas portas: Tire e Empuxe

Eu NoN qUeRo QuE tE pOñAs AsI