martes, 15 de septiembre de 2009

XUNTANZA-CEA MES DE SETEMBRO





¡ AVISO IMPORTANTE ¡
Queridos millóns de lectores, seguidores e críticos compráceme comunicar que o sábado 19 a peña EU NON QUERO QUE TE POÑAS ASÍ vamos facer a Xuntanza-cea deste mes no que vamos celebrar o final do verán, inda que esto é unha escusa xa que a nos eso importanos pouco.




O lugar escollido para tan importante evento vai ser BODEGA POLUTO o que lle vamos intentar baixar o nivel das botellas de herbas e do licor café, acto no que Poluto colabora gratamente tanto na doación do producto como na consumición.



A cea vai ser feita por dous dos grandes Chefs da peña: Toupiño e David que inda que non diferencian un ovo dunha pataca van a prepararnos uns percebiños do Sil, nécoras do Ponte das Tablas e un castronciño de la ría todo esto supervisado polo gran cociñeiro de Valilongo (este colabora cos dous cociñeiros tocándolles o navo).



Estimados seguidores xa vedes que nas nosas ceas sempre temos herbas e licor café, pois unha cea sen os productos da terra non sería o mesmo igual que tampouco é o mesmo unha pataca que un ovo como intentamos explicarlle o Toupi e o Deivi xa que se fosen o mesmo serían dúas patacas ou dous ovos,¡ non amigos non!, o Castro sen bica tampouco é o mesmo,igual que tampouco é o mesmo cando te metes un supositorio polo culete xa que eres un home enfermo que se está medicando, mentres que se te metes outra cousa, automáticamente deixas de ser un home, pois como vos decía antes o que non é o mesmo non é mesmo, o Castro sen estes detalles non sería Castro, e inda que como di o refrán, é verdad que a falta de pan boas son tortas tamén e verdade que non están igual de ben vistas as panadeiras que as tortilleiras.



O remate da cea e como sempre, todo o rebaño faremos o tradicional percorrido polas capelas do pobo nunhas circunstancias que dependerán da potencia das botellas do noso querido amigo, estimado, genial,animal e pichichi Polu-gol; tales circustancias poden agradar ou decepcionar os presentes según os ollos de quen miren, pois as veces temos os que fan estriptis (o que vai agradar ou no as mozas e algún mozo seguro que tamén), temos os que cantan pezas tradicionais, os que cambian o peinado o longo da noite, os que non fan nada e cuando lle mandas facer algo sempre responden “hazlo tu”, ( foto: o presi co rebaño)

Organizar esto parece fácil, pero xuntar tanto artista da terra de caldelas e e algún bo fichaxe de Ourense non é tan sinxelo, e si a ti che parece fácil :


¡HAZLO TU!

3 comentarios:

xose lois dijo...

Teño envidia sana de vos, mantede sempre ese ánimo e non perdaddes a costumbre de xuntarvos entre amigos, pois o final o que queda na retina son os vos momentos.
Por certo os que escrivides o blog fanme rir un rato a min e a meus amigos.

ROMINA dijo...

EHHHHH!!!! Q tal foi a última cea de tan tremenda peña!!! Pasariadelo ben!!! Non o dudo, pouco licor quedaría!!!Un bicazo para todos
¡¡¡Sodes un exemplo de bo rollo!!!

NON QUERO QUE TE POÑAS ASI dijo...

PERDOADE... que non vos contestase antes amigo xose e amiga Romina.
Cousas de forza maior tiñanme retido¡¡. Gracias xose, gracias, hai quen dice que somos uns desgraciados¡¡ Ti polo menos vesnos a gracia.... jajajaja.. Gracias¡¡¡

Romina, pasámolo genial, coma sempre, licor non sei si quedaria pero os chupitiños de herbas podianselle dar a volta que non caia nin una gotiña.... Gracias¡¡¡ Ti tamen es un exemplo de bo rollo¡¡¡¡ Un bico... hasta outra¡¡