miércoles, 21 de octubre de 2009

XUNTANZA-CEA DE OUTUBRO


UN MES MÁIS

Queridos hermanos teño a grata labor de anunciar a xuntanza do mes de outubro que será o día 24, a organización corre a cargo de dous mociños da peña: Xoan Xesús alias Cuchú e julio o noso querido Avó, o sitio escollido para sufrir tales consecuencias vai ser Parada Do Sil.
Vamos dedicar esta cea as vendimas, as uvas, e o resultado final de todo esto: o sagrado viño. Tamén adicamos a cea as bodegas pero as bodegas de toda vida, non a esas que parecen laboratorios que en vez de bodegueiros teñen científicos, eso sí, fan uns viños exquisitos, pero nos somos máis de bodega nas que están os chourizos e o xamón colgados, nas que están, o licor e a augardente da casa, nas que se bebe da pipeta e sae un viño pelexón, en definitiva nos somos da troula, tamén temos que decir que na nosa peña somos máis de probar o producto final das vendimias que de vendimiar en si.

Algo terá o viño cuando ata o mesmo Xesucristo o estar coa súa peña de amigos na última cea dixo “ bebede todos de el”, e por si fose pouco rematou decindo que o viño que estaban a tragar era a súa sangue, a min que me perdoen os cristiáns pero eu creo que xesús esa noite pasouse algo co viño, por certo esto que dixo xesús pareceulle mal a un tal xudas que dixo “ levo dando todo ano sulfato,e cavando nas viñas para que veña o Suso e diga que é a súa sangue, a este o que era pouco é crucificalo”.
(Todo esto que aquí conto díxomo Julio ( o abuelo da peña) xa que axistiu a esta cea)

Xa que esta xuntanza dedicámoslla o viño vamos facer un esforzo extra degustando este producto, a pesar de arriscarrnos a que afloren algúns síntomas raros nos membros da peña coma pode ser que o Abuelo diga que ten menos de 105 anos, ou que o Modestito diga que si se lle estropea algún surtidor de gasolina o David que pola mangueira non se preocupe que ten de sobra, ou que Fredi diga que cuando pincha levanta o camión sen gato e ca outra man cambia a roda, ou tamén que o Poluto e o Chapi que se poñan agresivos e lles pegue por decir que marchan cedo para ir pola mañá a misa xa que si alguén lles ten que dar unha ostia será don Xosé, ou que o Toupiño lle pegue por decir que foi de cruceiro a Estados Unidos cuando todos sabemos que un animal como el no único Barco que o deixarían subir sería na Arca de Noé …. en fin ,o poder do viño é milagreiro que é capaz de transformarnos, esto todo podemos resumilo nun nome “borracheira de viño que auga nin vela”, pero tranquilos que o final sempre nos queda o noso tío o “ TIO ELÍAS” que nos conduce o terminar a cea polas capelas de Caldelas.

(Un dos membros da peña xa se fixo famoso na EEUU para máis detalles ver a revista PEPE)
ESTA XA É A XUNTANZA Nº 20