lunes, 23 de noviembre de 2009





PASOU A CENA DE NOVIEMBRE E SEGUIMOS VIVOS..........¡¡¡¡¡



Todo parecía indicar o contrario, había ganas de troula e o viño correu coma si o regalasen, e todo parecía indicar que algún non vería o dia próximo. Pero non, arriesgando a nosa propia vida, sometemonos a un experimento. E a resposta a pregunta ¿Canto alcohol é capaz de beber un home caldelao nunha noite?... constatamos sin duda algunha que a resposta é: MOITO.

A cea fixemola no Pallón, e foi tan ben coma sempre, e sobre todalas cousas o mellor e non ter que coller o coche. Eso da moita tranquilidade para os conductores que ahora sí, polo menos poden beber en lugar de mirar como beben os demais, mentras miran con desgana para un vasiño de Cabreiroá (facendo patría hasta coa auga). Como en todos os sitios trataronnos moi ben, a comida moi ben, e o viño , bueno o viño non demos tempo nin a saborealo¡¡¡¡ glup glup glup. Estaba todo moi bó.

É o plan era que o Modestito trouxese a camara de fotos para incluir algunha (as que fosen para todos os públicos) foto da cea. Pero claro, unha cousa son os planes e outra como salen. Tarxeta amarilla para o Modestito por chegar tarde. Tan tarde chegou que non deu chegado. Pero polo menos trouxo a camara e podemos poñer algunha foto do concierto no Rubio.



O concierto era de Mario Cea e do Tamariz, e na esquina da dereita estan o David e o Milito mui atentos mirando haber si se lles pega algo, que pa cantar xa esta o Toupo pero fainos falta un gitarrista...a gaita xa a toca o Presidente¡¡¡.










Sin comentarios... detras das mans está o milito, o David tocando a pandereta, e o tio Elias preguntandose: "e como dices que se chaman?, rock an qué".










E aquí esta o presi da peña dando exemplo, agarrado o Marqués do Couto ... pero eso non é cariño e necesidad. Si o solta cae¡¡¡ E temos tamén a Pepa, a nosa inspiración, unha das nosas escanciadoras de bebidas espirituosas que nos fan chegar o nirvana. Generalmente ten os ollos máis abertos, foi culpa da camara que estaba mal¡¡¡ .










Si señor, un home é un home e un gato é un bicho. Aquí temos o López mirando pá dentro, preguntandose quen carallo apagou a luz. E o Toni de Seur. Dous grandes pés desta nosa peña¡¡¡.











O Toupiño, resposable da banda sonora, pinchadiscos ocasional, parrandero, jugador (de futbol) habanero, mejicano, e o que lle voten, come de todo¡. TU SI QUE VALES¡¡¡¡















Ahora sí.... aquí temos algo que non se verá moi a miudo, o Modestito despeinado¡¡¡¡. Que bonito é o cariño¡¡¡.... E aquí temos a Cristina, a outra escanciadora de cabezeira responsable última da malloría das nosas inspiracións.........















Como que non creiades que o López iba abrir os ollos... ahí o tedes. E o Toño xa se empezaba a poñer nervioso, chegaba o seu momento estelar, iba a cantar acompañado de duas das mellores guitarras que pasaron por Castro Caldelas (quitando os Arquinos claro)









O que non consiga o Toño non o consigue nadie, o David levantouse das escaleiras¡¡¡, e o Milito demostrou unha vez máis que é un xenio no tute e no arte de NON sair nas fotos. O Elias sigue na mesma posición pensando: " Tache ben esto, si"

E o Toño agarrado a Cristina ESTALLE DANDO A ESPALDA O PÚBLICO¡¡¡¡¡¡..... Por esta vez pasamoscha pero a seguinte vez estas nominado. De todolos xeitos..... TU SI QUE VALES¡¡¡¡



.E vos diredes , pois non foi para tanto, hai moitas máis fotos, moitos máis momentos, moitas mais cousas que contar, pero como os vos magos, non podemos revelar secretos nin colgar fotos comprometedoras dos nosos amigos, eso sería desleal. Ahora ben si ven a Interviu con cartos...... jejejejejejeje...

Coma sempre, ainda non nos recuperamos de todo da resaca desta noite cando xa estamos pensando na seguinte¡¡¡¡¡ Esto o mellor non é felicidade, nin pretende selo, nin é unha forma de vida, pero nos pasamolo ben, non nos metemos con nadie... e disfrutamos da noite¡¡¡¡

IDE EN PAZ E QUE O SEÑOR VOS ACOMPAÑE.....¡¡¡¡¡