domingo, 27 de septiembre de 2009

COMO VOS ENGAÑAMOS

Sin ánimo de mentir, pero mentindo de todas formas, dixenvos que a cea do mes de septembro era na bodega do Poluto. Falso, esa noite as pitas e os pitos de Marrubio e arredores puideron durmir a perna solta sin algarabías e ruidos impropios que lle perturvasen a noite. Esa noite, aproveitando (que é do que se trata; de aproveitar) que era o Cristo ou a Dolorosa ou algo así (eu de Sas de Penelas po Este non conozo) fumos cenar a Trives.... Eso si foi un Cristo ben Doloroso.

A cena foi na Viuda, xa parecemos da jetset. E home, cantar cantar tampouco e que cantaramos moito, e que nos non podemos ir a sitios finos que desentonamos... bueno a verdade e que desentonamos en calquera lado... pero por que queremos eh, por que queremos¡¡¡¡

E que despois dos Remedios non se pode poñer unha festa co nome de Cristo... eso é provocar!!!. E claro, nos non queríamos, pero vimonos obligados!!! Tiñamos que facelo, eu non sabía, a min obligaronme... e todas esas cousas que se din cando se lle quere votar a culpa a outro. O caso e que coma sempre o mellor de cada casa botou portas pa fora e partiú camiño de Trives... e claro, coma na casa dun nada. .. pero non está mal o pueblo non... a sua torre do reló, o Sky, o Candello, a Cepa, o Bodegón, outra vez o Candello, o Boliche, o Bartolo (ahí entrei engañado, vin o que había e salín correndo por non estropearlle a media de edade)... Si a este humilde escrivan se lle olvida algunha tasca, ou garito, non é por mala idea, e máis ben, pola niebla etílica ou metílica que nubla a mente e os recordos¡¡¡¡

Coma sempre, foron caindo pouco a pouco, foron desaparecendo almas en pena de bar a bar, coas escusas de sempre, e que teño as nenas na casa, e que maña traballo, e que teño un viaxe, e que a abuela fuma, e que ven o primo de Australia, e que o carallo vintenove, o de sempre, que a última hora, cando se ve quen vale e que dice que vale, cando empeza a sair o sol a rirse de nos, ahí quedamos os catro de sempre dicindo o de sempre:

- E HABERÁ CONTROL?
- SEICHE EU BEN!!!!!!


E a maña do domingo cando Don José volve a espertarnos coas campanas da misa ( que non vou, por moito que me chames non vou) miras o reloxo, Cristo as 12 da maña, sorís, das a volta e sigues durmindo mentres a habitación empeñase en seguir dando voltas.....

E so sí .... toda culebra, pita, ra, ou ovella que habite arredor da bodega do Poluto que se prepare para a cea de Octubre... xa pode ir chamando a guardia civil que esa noite ou se pon a cantar con nos ou si quere durmir vai ter que emigrar a Portugal!!!!. Unha aperta a todos os nosos amigos e amigas que non han ser poucos ( ou eso esperamos)¡¡¡¡¡¡