martes, 25 de agosto de 2009

PRESENTACIÓN





  • Preséntovos unha peña formada por un grupo de amigos de Castro Caldelas e arredores (Montederramo, Akinoestán, Teixeira, China, algún bo elemento de Ourense...), moitos somos amigos de sempre e outros son fichaxes que se foron incorporando o ver o bo rollo que temos.


  • Estamos abertos a todos aqueles que sexan xente sana ( cuando digo sana refírome o aspecto como persoa xa que nas xuntanzas que facemos cae algunha que outra copiña e botella de herbas, bueno mais ben caen bastantes copas e botellas de herbas)


  • Nesta peña non importa a ideoloxía, (pois temos de todo: PP, GTI, PESOE, TDT BNG,FBI...), nin relixión ( temos católicos, salidos, protestantes, obesos, budistas, paracaidistas..),nin a raza ( temos blancos, negros, amarelos pero a que máis abunda é raza canina e a mencía), tampouco a profesión ( temos de todo menos currantes), nin a idade (temos desde os 20 anos pasando polos 69 ata os 101), en resume o único que se necesita para ser desta banda de bos amigos é querer pasalo ben, non ter prisas nas ceas e o cantar desafinar todo o pque se poda.