viernes, 6 de agosto de 2010


LA CENA DE AGOSTO:


Como es bien sabido, el sol y el calor provoca reacciones y cambios hormonales en todos los mamíferos


y claro, nosotros también somos unos mamíferos de cuidado, con lo cual, la cena que se apróxima puede ser de las que hacen época.


Tenémos mucho que celebrar: que seguimos siendo amigos, que seguimos teniendo fuerzas para reirnos de casi todo y de casi todos (con lo difícil que eso es hoy en dia), y que llega el PonteLouco. Fiesta como su propio nombre indica hecha a nuestra imagen y semejanza.




Además como dice la canción:


LOS DE CALDELAS SOMOS LA OSTIA.......
























...VIVA LA MADRE QUE NOS PARIÓ.....


























...... Y SI UNA CHICA NOS PIDE UN BESO...... LOS DE CALDELAS LE DAMOS DOS....¡¡¡¡¡















Seguíd bien, disfrutando de la vida, que es muy corta.... y recordando siempre que si te van a pagar igual si te ries o si lloras.....pues coño.... RIETE¡¡¡¡¡¡¡

Un cordial saludo y hasta la próxima.

miércoles, 14 de julio de 2010

Estimados seguidores da nosa páxina, neste mes de xullo, para non perder as costumes témonos que xuntar outra vez os prestixiosos persoaxes da peña EU NON QUERO QUE TE POÑAS ASÍ, o lugar que vamos escoller para o evento deste mes vai ser Valilongo, os encargados da organización son o noso amigo Milito que é o home que eu ven sei que lle gustaría contratar a correos xa que cando ten as cartas asegúrovos que non as perde, o outro membro encargado é Laxe, o cal nos deleita coa canción “DE PO,FE.RRA,DA A CA,BRE,RA…..) todas as xuntanzas,sempre acompañado pola voz insolente do noso Toupiño.

Nos como vos deportistas que somos vamos adicarlle esta cea-xuntanza a selección Española por gañar o mundial de Africa, inda que xa o celebramos o domingo na nosa vila do Castro tamén queremos facelo coa peña, ademáis por petición expresa do Marqués tamén imos adicarlle a cea a Shaquira esa, non polo que canta sinón por outros motivos. En fin nestes tempos de crisis inda menos mal que nos dan alegrías os nosos deportistas pois o Rafa non lle gaña ningúen a raquetazos, o Contador ese, é o que máis rápido sube, pero non solo na bici senón tamén o contador da luz, a selección está que se sale.... etc pero o que máis lle alegra o Maequés e isto ( PERO QU BEN CANTA)


Cambiando de tema, ou voltando o mesmo quero avisar a todos que o día elexido para a cea é o próximo sábado, así que pola noite atoparédesnos como sempre en condicións de moita carga, e que nos somos como as prostitutas que son señoras que cando se desvisten quedan en roupa de traballo. Andaremos como sempre intentando catar o sexo contrario ou incluso o mesmo, pois xa se sabe que en tempos de crisis….en fin, ademáis un pene pode ser feminino ou masculino, se mide máis de 12cm é pene, pero se mide menos de 12 entón é unha pena, e na nosa peña abunda o 2º caso, pero neste caso sempre nos queda o dito de EL TAMAÑO NO IMPORTA.

En fin amigos disfrutade do verán e recordade que “existe un mundo mellor pero é moi caro”

¡ POR QUE ESTO ES ÁFRICA!

martes, 22 de junio de 2010

O DÍA DESPOIS DA CEA


Queridos colegas e menos colegas, nenos e nenas mozas e amantes, curas e fillos.... seguro que estades deseando saber os pormenores da nosa última xuntanza celebrada o sábado19 no Parador de San Xulián no que fomos atendidos xenialmente polo camarero espectáculo Xose Manuel, así que vou tratar de contarvos as cousas que se podan e deixar intuir as que non se poden.

Asistimos a cea prácticamente todos exceptuando o Asturiano, Modestito e o Herminio que faltaron por causas de forza superior, pero tivemos un invitado, o cuñado do noso Lisi coñecido mundialmente por Robertiño de Valilongo.

Todo comenzou normalmente, chegamos o restaurante, primeiro os saudos entre os que non se ven asiduamente, logo inda coase non nos tiñamos sentados e xa faltaba o líquido de sete botellas de viño, eso sí, o noso invitado Roberto como bon deportista que é non quixo nin unha gotiña de viño, así que se mandou para comer directamente os cubatas, como podedes ver o noso invitado non desentoou nada, bueno, non desentonou bebendo por que o que é cantando debe ser da mesma escola co cuñado.

Volvendo o tema, foi chegando a comida, 1º os langostinos, depois pulpo ( animal co que nos sentimos moi identificados na nosa peña), logo viñeron uns percebitos que foron collidos polo Polu na Abeleda, pois aproveitando que o sil vai con pouca auga atopounos pegados nuhas rochas o lado das viñas, polo visto estaban no mesmo sitio donde trouxo o bogavante que papamos na cea anterior, este bogavante seica estaba cagando detrás dunhas xestas e o Polu díxolle” por marrau vámoste a papar metido nun arrociño”, pero tranquilos que o Polu é un rapaz curioso e limpouno ben cando o animal rematou de facer as suas necesidades. O outro organizador da peña dixo que non quería ser menos co Polu así que tamen se decidiu a pescar, pero o único que pescou foi o mesmo que o resto dos membros da Peña, merlucitas fresca, xa se sabe que nos somos pola noite xente de pescado.

Pero o momento estelar da noite foi xusto antes de que nos trouxeran o cabrito, pois o Deivi ante a emoción dunha das súas cancións favoritas, (e digo súas pois non a coñecía nin Deus ) votou a andar por encima da mesa, digno dun malabarista pois non lle tocou a nada. Gracias a esta maxestuosa actuación do David o noso amigo Milito pode presumir dunhas abdominales como o Cristiano Ronaldo, pois votou rindo ata o domingo a tarde.


Logo como sempre ronda de cancións, despois suxerencias dos membros, pagamos, e o mesmo ritual de sempre, Tio Elías vai de primeiro non por ser o máis rápido seno por que é o que menos carga levaba, co noso tío os de tráfico teñen menos futuro que un paxaro con vértigo.
O chegar o Castro fixemos a famosa ruta polas capelas, pero en pouco tempo o rebaño foise desperdigando, uns por sono, outros por medo, outros por moito valor, o noso invitado Roberto colleunos medo e escolleu as de Zaragoza pois xa se sabe que en caso de jaleo máis vale MAÑA que forza.

Esto é o que vos podo contar da nosa xuntanza, e non lle preguntedes a ningún do membros da peña máis detalles do sucedido, pois non vos van a contar nada, non por que sexamos xente discreta senón por que non creo que se acorden de moito máis.

Esta última copa vai por vos

miércoles, 16 de junio de 2010

XUNTANZA-CEA XUÑO


Xa estamos aquí outra vez, dispostos a facer a xuntanza de xuño, este mes encántanos pois ven o calorciño, chegan as festas, as mozas empezan a destaparse cousa que concretamente os membros da nosa peña encántanos pois de non poder catar polo menos mirar as obras de arte que Deus no da, ademáis todos os da nosa peña somos como os EEUU: Gobernados por un capullo.




De todas formas temos na peña algún que outro que inda catan bastante o sexo femenino, non por guapos senon máis ben por pesados pero xa se sabe que o que non chora non mama






A cea vai ser o día 19 de xuño, o lugar escollido vai ser o Parador de San Xulián, os encargados de organizar o evento van ser o coñecido polo día como o novo e excelentísimo presidente do C.D Caldelao alias Chapi e coñecido pola noite como o dos regates, o outro membro encargado xunto con Chapi da organización vai ser o coñecido de día como Polu o fontanero do amor e pola noite o pecha capelas xa que é o que ten a dura tarefa de vixiar e ser o último en marchar das capelas para que a partir das sete non quede ningún membro da peña en boas condicións.
















Este mes dado os tempos que atravesamos queremos adicarlle a Cea –xuntanza a Puta Crisis, sei que moitos diredes que nestes tempos de crisis que somos uns derrochadores, que sempre andamos de troula, pero a nosa única intención é tomarse a vida con algo de humor, pero para que vexades que somos xente con creenzas vamos a rezar unha oración por estes tempos de crisis:

Noso pai que estás na Moncloa,
santificado sexa teu nome e non o Plan de Desenvovementoolo que nos está arruinando,
fágase a túa vontade e a dos teus Ministros, que nos estades explotando,
perdóanos nosas deudas que nos están aumentando,así como nos perdoamos os que nos estades roubando,
e non nos deixes caer na tentación de buscar outro empleo que estamos necesitando.
Amén.

Hermanos non sei si vai facer moito rezar pero por si as moscas non está demáis, xa que estamos en época de recortes:
-Benaventurados os que viven do soldo base, pois pronto verán a Deus

Pois eso amigos, temos que tomarnos a vida con humor e por suposto si fai falta botarlle a man a un colega botádella inda que sea o pescozo
Ata o sábado e xa sabedes
Eu NoN qUeRo QuE Te PoÑaS aSí

jueves, 27 de mayo de 2010

SEGUIMOS VIVOS, UNS MAIS QUE OUTROS.... PERO SEGUIMOS VIVOS, E CONTRA TODO PRONOSTICO, RESISTIMOS A CENA DE MAYO:



-Para comenzar, temos que pedirlle disculpas o Isidro (pai da Sonia, e sogro do Lisardo (ou era o revés, xa non me acordo)), polo ruido e jolgorio que lle montamos do outro lado da ventana. Unha de duas, ou ten moita paciencia (todo un santo barón) ou e que esta xordo como unha tapia. Polo seu ben, esperamos que sea o primeiro. E desde aquí damoslle as gracias por non chamarnos a guardia civil (non coma outras) e deixarnos disfrutar dunha noite maravillosa (si facía frio non o setimos en absoluto). E como ocurre sempre despois dunha noite de troula... si lle faltamos disculpenos¡¡¡¡.


Como non temos fotos do Isidro, pois poñemos unha do santo, que seguro que se lle parece....... e si non... pois que se lle fai facer, o que conta e a intención.





Como sabíades todos os nosos fans, a cea foi na casa do Chapi, e pedazo mariscada que nos fixo comer. "Queredes marisco?, pois vadesvos fartar de marisco", e a boa fe que o conseguiu. Saironnos as navallas, os bois, e as cigalas hasta polos ollos... e de postre arroz con bogabante. O único que o comeu todo foi o Lisardo, ¿Pero canta comida cabe nun corpo tan pequeno?.


Como tampouco temos fotos do Chapi (que se podian poñer) pomos a do Florentino Perez, que un e presidente do Madrid e outro do Caldelao pois e máis ou menos o mesmo....


A cena foi espectacular, aproveitamos para estreitar lazos, o Toni de Seur fixose moi intimo co Lage, o Lage intimou co Marqués, o Poluto intimou co Chapi, o Orlando intimou co tobillo do Cuchú... e o Modestito durmia nunha esquina da mesa. "A culpa e dos antiestamínicos"... e que ahora chamaselle así o biño blanco¡¡¡¡

E como o final empezamos a darnos conta de que o noso mais que cantar e montar barullo contratamos a un profesional: O señor Pepe¡¡¡¡. Que fichaje, que maravilla¡¡¡. O señor Pepe, trouxo un equipiño mui xeitoso formado por uns amplificadores, uns cds, un teclado e uns altavoces, e por suposto un saxofón.... impresionante. So faltaba a cabra e a escaleira.... perdón só faltaba a escaleira que para cabras xa chegabamos nos... Despoís das discusions de rigor polo futbol, e despois de chamar o David para que viñera (e que tiña unha boda), a verdade e que non lle deixaron vir... Puxemonos a cantar os nosos pupurris de rigor, e nalgun caso acompañados polo saxofón do señor Pepe... que fichaxe.. tiña que vir máis veces.


Rematamos a cena, o Toñito fixo a sua visita de rigor de dez minutiños o water, e en compañía das herbas, da Sonía, da Romina, da Betty, e da Carmen, puxemonos a bailar e cantar o ritmo que o señor Pepe nos poñía desde o seu teclado..... todo arte¡¡¡¡



Acertastes, tampouco temos fotos da Betty, co cal... ahí vai un retratiño moi sexual coas nosas mellores intencións....


Por último, podería contarvos como acabou a noite, pero e que non me acordo..... e a demáis, si volo conto todo saberiades tanto coma min.



Unha cousiña máis:

Desde aquí quero desmentir as acusacións vertidas por lenguas envenenadas e envenenantes que suxerían en medios de comunicación tan prestixiosos como a CNN ou o semanario el Jueves, que nos non tivemos nada que ver coa falta de auga no rio Sil.




Repito, nos non fumos os causantes do desecamento do rio, a principal razón e que leva auga e non godello, ou alvariño...... nin tan siquera leva licorciño de herbas...

e que si en lugar de levar auga levase licor de herbas... seguro que o deixabamos moito máis vacio do que esta. E segun a Voz de Galicia, e outros medios consultados, uns estudios de impacto ambiental encargados por Iberdrola, demostran que o desecamento do río Sil non supón ningun problema ambiental para a naturaleza.....


Eu non son moito de fixarme, pero digo eu que algo menos de auga leva que de costume... pero non vos preocupedes estimados fans... que tendo en conta que a auga corre cara abaixo (na maioria dos casos) e que os colectores do Castro desembocan no Sil... facemos desde aquí a promesa de que imos facer todo o que esté nas nosas máns, e nos nosos riles, para facer que o rio Sil volva o seu nivel antes da próxima cea.... eso sí.... auga o que se dice auga igual leva pouca....


Sede moi felices.... pasadeo ben, e recordade.... EU NON QUERO QUE TE POÑAS ASÍ.....

martes, 18 de mayo de 2010

XUNTANZA MES DE MAIO

Ven queridos amigos e menos amigos, rapaces e rapazas, gordos e esmirriados, tolos e máis tolos, guapos e feos, cocacolas e zumos, tetas e cus… compráceme avisar que un mes máis como corresponde este grupo de calandracas volvemos a xuntarnos para cear, cantar, tomar uns vasetes, tomar outros vasetes, logo outros vasetes, para seguir tomando unhas copas, logo máis copas, e terminar decíndolle o noso tío ( o Tio Elías ) que porfavor nos leve a camiña.

Para os que pensades que as nosas ceas non serven para nada estades moi, pero que moi equivocados, xa que nos somos xente seria e preocúpannos as mesmas cousas que a todo mundo, e cando son as catro da mañá planteámos preguntas cómo: ¿ Por qué as mulleres non poden pintar as pestañas coa boca pechada?, ou temén o Toupiño tense preguntado ¿ Por qué as ovellas non encollen cando chove e os xerseis de lana sí?, tamén se ten planteado o Chapi ¿Hasta dónde lava a cara un calvo?, o noso avó Julio tamén se pregunta si un parto na rúa, ¿ é alumeado público?, Lisardo tamén se preguntou , si voar é tan seguro ¿por qué os aereoportos lles chaman Terminal?, ou tamén nos preguntamos ¿ qué carallo contan as ovellas para dormir?,ou ¿Dónde está a outra mitad de Oriente Medio?..e un largo etc de preguntas tan importantes para a vida. Para que logo digan que beber non vale para nada.




Os encargados de organizar a xuntanza son o Presidente da nosa peña, e o noso polifacético Toño ( coñecido cariñosamente por todos como Toupiño), o lugar escollido para tan gran ocasión é o restaurante Valilongo pois como podedes ver nesta foto ademáis dás cociñeiras tan guapas que teñen sempre, o Jorge que está o lado da Dori cambiou de carallo



Para que estedes todos avisados esta celebración será o sábado 22; a razón de escoller este día para a xuntanza ten unha clara explicación, pois porque nos sae da punta dos pipis, así que xa sabedes, o rematar a cea iremos para Castro a tocar o que lle tocou Michel a Valderrama, pero para pedir perdón por anticipado o presidente en representación de todos dalle un biquiño a cociñeira de Valilongo ( sin que se entere o Manolo, por suposto) por os trastornos que vamos causar, por que xa sabemos que os vamos a causar.


En fin amigos non vos tomedes a vida demasiado en serio, pois total non vades sair vivos de ela, e como di o refrán cualquer tempo pasado foi anterior.

Eu NoN qUeRo QuE tE pOñAs AsÍ

jueves, 15 de abril de 2010

Tarde de deporte

Queridos amigos non podo deixar pasar a oportunidade de comentarvos o gran acontecemento que pasou o sábado pasado no estadio do Teso.

O futbol en Caldelas volveu a resucitar gracias a un señor que ven de entrenar as categorías inferiores do Bilbao o cal mediante a súa experiencia e a ilusión que trasmite por este deporte está conseguindo xuntar os mociños da nosa comarca, non sei si para que salgan futuros Mesis e Cristianos, pero si para que se xunten para facer deporte. (foto mister)

Despois de este breve inicio quero falarvos que este grupo de rapaces que forman o Caldelao Juniors xogáronlle un partidillo de futbol as vellas glorias de caldelas.



O equipo que presentaron estes veteranillos de caldelas foron:
_ Na portería Toni ( Pasou máis tempo recollendo balóns dentro da portería que facendo palomitas)
_Nos laterales por un lado Toupiño e por outro Modesto ( por donde pasa el non volve medrar a herva )
_De centrales Fredi e Lisardo, que creo que lles daba o sol de frente.
_No centro do campo manexando maxistralmente este equipazo Chapi e Churro os cales fixeron gala de cómo se dirixe un equipo sen correr.
_Por un interior o rápido e sofocado Lalito e por outro interior o fichaxe extranxeiro conocido como ADÚ, ou ABÚ, ou como carallo se diga que rápidamente se adaptou o estilo de xogo do equipo, e decir o quieto, e tamén se adaptou, isto sobre todo a forma de vever do Castro.
_ e de dianteiros con instinto asesino Polugol e o rápido Marqués que fixo gala de cómo se guarda o sitio.

A verdade e que a cousa comenzou moi ben, os rapaces concentrados no vestuario escoitando as consignas do seu mister mentres o equipo de veteranos chegaban nun transporte especial para a ocasión (como podedes ver nesta foto), poi este é un equipo de peso e non podía vir en cualquer cochiño.

En cuanto saliron do coche tiveron que meterse nos vestuarios rodeados de fortes medidas de seguridade debido o acoso das fans que querían despelotalos.


Comenzou o partido terminando a primeira parte empatados, pois o Modesto subía polo lateral levando gran peligro para os pobres rapaces de levar un pisotón, o Churrito andaba no centro do campo coa luz encendida, o Lalito dando pases o Polu, na defensa Lisardo e Fredi tratando de parar as envestidas dos pequenos….



Pero a segunda parte as cousas torcéronse algo, pois o Modesto dixo que o Josué fixo trampa pois pasaba por o seu lado montado en moto, o Joni,o Jorje, Aitor, Roberto,…e todos os rapaces dixo o Marqués que fixeron trampa, pois en vez de correr flotaban, como podedes comprender o resultado foi de mal a peor para os veteranos e a favor das futuras promesas.



O Polu mediu as súas forzas co seu veciño Guasa que o marcou por todo campo de maneira excepcional como podedes ver nesta foto, eso si, si chega ser pola noite non o pilla nin de coña



O lalito preguntaba polo campo se lle podían traer un botella de osíxeno, e ademais o ver que non podía cos rapaces, como se ve nesta foto, tratou de distraelos con un xogo de mans, pois dixo: si non podes convencelos, confúndeos, pero nin así










Os veteranos vendo que o resultado non tiña solución puxéronse a coller margaritas, e claro o resultado o final foi unha chaquetilla, os rapaces gozaron máis de este resultado que o Cristiano Ronaldo Chupando.


É de lei decir que o partido estivo arbitrado polo excepcional colexiado presidente da nosa peña, que lle faltan xusto as cualidade que ten que ter un colexiado, boa vista, eso sí, no campo non estaba moi ben colocado por que non era sábado noite.
Para rematar quero decir que o final o de menos foi o resultado, pois pasamos unha tarde xenial e vemos que detrás ven un grupo de raparigos con ganas de dar moita guerra, para que se diga que xa non temos rapaces no Castro.

lunes, 12 de abril de 2010

XUNTANZA MES DE MAIO

Queridos amigos e tele-espetadores xa estamos en Maio e como sempre toca facer a xuntanza deste novo mes, os encargados da organización e de escoller o lugar vai a razón destes tres membros:
_ O noso Tio Elías, como ben sabedes o tío con máis sobriños do mundo
_Toni Seur, este home é dos que din “ se a vida che da limóns, pide sal e tequila”.
_Deivi, este é o único home que tivo valor de chamarlle calaña o Milito xogando ás cartas, eso si, dende aquelas non volveu gañar outra partida.

Como vedes, con esta organización o próximo sábado promete moito espectáculo, moito viño, moitas copas, eso sí, como sempre pouco sexo ( con nos os de Durex van a ruina, pero non vos equivoquedes, é porque nos facémolo todo a pelo)

Vamos adicarlle esta xuntanza a esta estación do ano, A PRIMAVEIRA, pois comenza o bon tempo, as árbores florecen, saen as margaritas ( mirade nesta foto que contentos están o Modestito, o Polu, o Lalo e Chapi collendo margaritas) :



Incluso o noso tesoureiro Modestito, como podedes ver nesta foto comenzou xa a operación Biquini para estar guapo no verán. ( estásenos quedando nos osos )


Para rematar quero aproveitar este mes para dar a coñecer a todos aqueles que nos seguides o resultado dun estudio moi serio feito por todos os membros da peña o largo destes meses, consistiu en beber como cosacos para poder analizar as reaccións e posibles solución cando un está bolinga, a continuación expoño o resultado deste prestixioso estudio:

Causas, efectos secundarios y posibles soluciones:

01. Síntoma: Pes fríos e húmedos.
Causa: O vaso estáse agarrando en ángulo incorrecto.
Solución: xira o vasete hasta que a parte aberta quede hacia arriba.

02. Síntoma: Pes quentes e mollados.
Causa: xa te mexaches.
Solución: Vai secarte o baño máis próximo.

03. Síntoma: A parede de enfrente está chea de luces.
Causa: caíchete de espaldas.
Solución: Posiciona o teu corpo a 90º con respecto o soo.

04. Síntoma: Tua boca está chea de colillas de cigarros.
Causa: caíche de fuciños sobre o cinseiro.
Solución: Escupe todo e enxuágate a boca con un bon "gintonic".

05. Síntoma: o suelo está borroso.
Causa: Estás mirando a través dun vaso vacío.
Solución: pide outra copa.

06. Síntoma: o suelo estase movendo.
Causa: Estás sendo arrastrado.
Solución: Pregunta polo menos a dónde te levan.
07. Síntoma: Reflexo múltiple de caras mirándote desde a agua.
Causa: Estás no retrete intentando vomitar.
Solución: Métete o dedo ( jilipollas no cu non,é na garganta).

08. Síntoma: escoitas ca xente fala producindo un misterioso eco.
Causa: Tes o vaso na orella
Solución: Deixa de facer o pallaso.

09. Síntoma: o pafeto móvese moito, a xente viste de blanco e a música é moi repetitiva.
Causa: Estás na ambulancia.
Solución: Non moverse. Posible coma etílico ou conxestión alcohólica.

10. Síntoma: Teu pai está moi raro e todos teus irmans estánte a mirar con curiosidade
Causa: equivocáchete de casa.
Solución: Pregunta si che poden indicar por dónde queda a túa.
11. Síntoma: Un enorme foco de luz do pub cégache a vista.
Causa: Estás na rua e xa é de día.
Solución: Café e para camiña.
Espero que este esforzó que fixemos vos sea de axuda
BIQUIÑOS PARA TODOS

miércoles, 7 de abril de 2010

NON VOS PREOCUPEDES¡¡¡¡ SEGUIMOS VIVOS¡¡¡¡

Gracias a Dios e os Santos todos, seguimos vivos. Como dice o Toupo: " Esta semana tuvo moitos domingos". E claro, no hay tempo¡¡. Xa pasou a cea, xa cumplimos 2 anos, xa sabemos andar, e xa empezamos a falar.

Esta cea estivo marcada polo regreso triunfal do noso presi que se foi a tumbar na mesa de operacións a Barcelona. Nin que non houbera carniceiros no Castro¡¡¡. E todo para arreglar unha perna, o que non nos dixo foi cal das tres¡¡¡ A Betty dice que a operación foi todo un exito e que saiu mellor do esperado, entonces xa sabemos que perna se foi operar. O caso é que contra todo pronostico puidemos contar unha vez máis co noso presi na cea, pero todo hai que dicilo sin herviñas non ten nin a metade da gracia.

Pois foi a cea máis tranquila que se recorda¡. A falta do David e do "Cuchú" notanse moito. E que nos dixeron que claro como tiñan a comida da arrancadeira (unha peña de velliños na que nos faltan 20 anos para militar) non tiñán corpo para duas no mismo dia. E que xa son maiores, non nos aguantan nadiña e temolos que coidar animaliños¡¡¡¡¡

Pero claro, non todo van ser desercións: Desta vez, tivemos a volta do Lalito de Sas expulsado tempo atrás por incomparecencía voltou ao rego, e veu cear con nos. E cantou o seu tema extrella polo que en anos vindeiros acudirá a Eurovisión sen lugar a dúvidas: "ME GUSTA COMO BALA LA OVEJITA"...

Xa non contabamos coa chegada do Marqués, ese pilar que fai que a peña non se mova, sobre todo cando fai aire¡¡¡¡. Enteramonos pola tarde de que un coche chocara de fronte con el cando viña na moto de volta de xogar un partidiño de veteranos. E despois da alarma inicial, e tras falar con el teléfonicamente, acudiu tarde, pero acudiu, co brazo algo inchado, pero sentouse e deu conta con avidez do vogabante, e das vieiras.

E a primeira vez na que un coche choca cunha moto e o que perde é o coche. Rompeulle co brazo o espello e unha ventanilla, e el nin caiu. Ocurresenos preguntar, de que ten o brazo o Marqués?. Menos mal que é tranquilo si non¡¡¡¡

E claro, acabamos a cea, cantamos as nosas cancións de rigor, e xuntamonos cos últimos que quedaban da Arrancadeira, e todos xuntiños demos boa conta das bebidas espirituosas que nos serviron mui amablemente a Pepa e o Jorge do Rubio. E houbo que retirarse pronto que estabamos na cuaresma, e había que pensar en recollerse que a Semana Santa estaba ahí, e como todo o mundo sabe, viñan moitos sábados, e moitos domingos seguidos, e nos estamos cada día mais vellos.

Tan vellos estamos que xa andamos pensando máis dun en facer un equipiño de futbol de veteranos no Castro, máis que nada para matar o gusanillo do futbol e ter unha escusa para marchar da casa os domingos pola tarde¡¡¡.

Sin máis despidese este humilde borrachiño, recomendandovos que un sábado próximo será a cena de Abril, e nesa cena si vai a haber musica, si vai a haber festa e a boa fe que si nos oides, e queredes festa, xa sabedes, unidevos a nos, que a unión fai a forza. E si non queres unirvos a festa.... xa sabedes: "NON QUERO QUE TE POÑAS ASÍ".

domingo, 28 de febrero de 2010

Estamos de Cumple

Queridos hermanos por fin chegou o mes de Marzo, e decir, esta peña de calandracas está de aniversario xa que facemos aniños, pois coma os bebés xa empezamos a falar, xa deixamos o chupete, xa nos quitaron o pañal, iso si, a teta séguenos gustando moitísimo,


O largo destes mese organizamos diferentes xuntanzas, cada unha co seu puntiño, e cada sitio co seu encanto, aquí poño un resumen das deste ano:

_24-01-09: Esta foi a primeira do ano, organizada por Moto e Herminio na Pousada Vicente Risco. Comimos bien e bebimos demais, atendidos polo camarero-espectáculo Modestito ( sigo sin entender que lle chamen Modestito)





_ O 21-02-09: Feita en Montederramo (no bar do alcalde).






- 21-3-09: fixémola no Lelo.



- 25-4-09: Esta foi na bodega do Poluto; os cociñeiros foron David e Toupi que prepararon uns Percebitos de la ría, nécoras e outras exquisiteces supervisados polo gran Chef de Valilongo, a bebida posterior a cea foi donada generosamente por CASA POLUTO.


- 23-5-09: Feita no restaurante da Inma en Parada do Sil. O final da cea demos un repertorio de desafine para os presentes no local, e de paso como varios dos fichaxes mais o mister que compoñen a espectacular plantilla do equipo de balompié de Parada son cedidos da nosa peña, enseñaron os seguidores do equipo como se coidan estes grandes deportistas de élite. ( Un da directiva do Equipo presente no momento, parece ser que se lle escoitou decir orgullosamente destes fichaxes “ xogar non xogan un carallo, desafinar desafinan como demo, pero beber beben a Dios”.


- 20-6-09: Esta foi no Parador en San Xulián


- 18-7-09: foi en Montederramo


- 29-8-09 foi no Cachín, coincidimos coa peña arrincadeira, con algúns membros da Charanga Medina, por certo as 3:30 da mañá apareceron dous tipos moi simpáticos vestidos de verde, eu pensei que se rematara a cervexa e viñan os de heinneker , pero o final resutou ser a Guardia Civil que moi amablemente invitáronnos a desaloxar.


- 19-9-09 Na Viuda en Trives cuandrando coas festas do Cristo, nesta cea tivemos importantes baixas, pois as festas do remedio deixaron feridos.


- 24-10-09 Cea en Parada do Sil, asistimos 18 membros, incorporouse a Peña Lisardo



- 21/11/09 No restaurante Pallón, rematamos todos no concierto do Pub Rubio no que se animou o Toupiño a desentoar unha peza








-12/12/09 Encargouse Chapi e Toni na bodega do Polu


- 16/01/2010 Esta fixémola no Pallón


- 13/02/10 Organizada polo Asturiano, foi a primeira na que traspasamos as fronteriras da comarca, pois foi na capital no restaurante Os Manolos, e como na cea non nos foi permitido cantar todo o que nos gusta rematamos nun karaoque no que nos dixeron que volvésemos con máis frecuencia, pero non polo ben que cantamos sinón polo que consumimos.




A xuntanza deste mes vai ser especial e como estamos de cumple ( admitimos regalos ), vámola facer o día 27 na nosa queridísima vila de Caldelas ,




Este día recomédovos para aqueles que se marchan pronto que visiten a páxina http://www.eyaculaciónprecoz/ .com . pois polo visto dan terapias para aguantar máis tempo, e así facemos a festa ata que toque don Xosé para ir a misa.

Polo tanto esta xuntanza vamos adicárnola a nos mesmos por estar de aniversario e ademais polo seguinte:





_ Somos artistas desde sempre :













_ Gústanos o Castro desde sempre













_ Sempre miramos os demáis con boas intencións e compartímolo case todo













_ Inda que somos algo animais somos cariñosos










_ Encántannos as adegas










Por todo esto e porque nos da a gana vamos celebrar o noso cumple, e como a educación é ante todo queremos, agradecer a todos aqueles que aguantandes durante tantos meses as nosas troulas, excesos, cantos, ataques o sexo contrario, as que aguantan o escape da nosa man en culito axeno, e un largo etc por eso queremos darvos un aplauso.

E a todos aqueles que nos critican, non lle caemos ben, sufren as hemorroides en silencio, cada vez que nos ven de troula vou a pedirlles perd…, bueno mellor dito que lles dean. Queridos detractores nos somos xente humilde que vemos a felicidade nas cousas pequenas ( unha pequeña mansión, un pequeño avión ejecutivo, un pequeño yate, unha pequeña fortuna), e ademáis cuando un colega necesita axuda estamos dispostos o que sea, para que vexades que non somos xente rencorosa que sepades que si eses que nos dades caña necesitades que vos voten unha man sempre atoparedes unha uha o final do voso brazo, por que o que é a nosa…ji ji


E como di o refrán “ o que rie último é porque pensa máis lento

EU NON QUERO QUE TE POÑAS ASI


jueves, 25 de febrero de 2010

XA SE NOS OLVIDABA ( deben ser as herbas) falarvos uppppssss da última cea celebrada en Febreiro:


Por primeira vez a cea celebrase máis alá da Derrasa (fumos unha vez os caracoles, e ainda están buscando o Poluto), ou o que é o mismo, en Ourense. E, claro, como non podía ser doutro xeito, tiña que ser o sábado de carnaval para así pasar máis desapercividos.

A cea organizouna o Hilario (a orella en primer plano e sua) e o Toni de Seur.

E decidimos ir o noso aire e atoparnos no restaurante, co cal, como era de esperar uns aparecimos nun sitio para cear cuando a cena era no do lado. Total, unhas risas para entrar en situación.

O final, cenamos no Manolo ou algo así, o importante e que o Toní de Seur fixo un amigo famoso¡¡¡¡.... Ainda que non volo creades Hilario Pino traballa de camarero en Ourense despois de descubrir que como periodista non tiña futuro decidiu provar na hostelería.

Hilario, amigo, "hermano", un conselliño: cando vexas unha cena na que os cenantes esten de esmorga, non lle digas que te chamas Hilario Pino, si tal, omite o apelido... e que a coña pode ser monumental.

E claro, pensando que eramos xente fina, meteronos nun salón ben bonito, rodeados de familias e nenos, e mulleres finas, e claro, nos ao noso botando a sortes quen lle entraba a rubia da mesa do lado que non paraba de rir. Pero oe, e o ben que lle quedaba o chandal¡¡¡¡ Iría disfrazada de tenista? Coma sempre, ante a falta de quorum, nadie lle dixo nada a rapaza e mellor así... polo ben dela.

E pensades que nos fumos do restaurante sin cantar? Tades tolos, ou qué? Eso sí, cando o noso presí (o da esquerda), osea o Orlando, ocurreselle decir: E logo, non cantamos?
Menos mal, que o Modestito(o do medio), (que sigue coa orden de alexamento da botella de licor de herbas, desde a última vez, sólo lle deixamos olela e desde lexos, polo seu ben e polo ben da camisa do Toupo), lle contestou.... espera un pouquiño a pagar, non vaia a ser que nos cobre a peza¡¡¡¡
A experiencia e un gradooooo¡¡¡¡
E despois de pagar, foi cando nos, decidimos amenizar a velada, a todo esto preguntamonos entre nos si algún tiña intención de volver o sitio, e cando a resposta foi, pois eme indisoluble... emepezou o jolgorio de verdade.....

Que demostración vocal¡¡¡¡
O Toni, que cantar o que se dice cantar, cantará as cuarenta cando as leva, acompañaba o bombo.. e a falta de bombo ben vale a mesa e a palma da man...
E claro, ahí entra en acción o noso vello amigo Hilario Pino que se aproxima sigiloso cual guepardo no Kalaharí, e por detrás e con nocturnidade e alevosía, golpea sutilmente duas veces no hombro do Toni e dice:
.- "Ehhh,,,, ehhhhh,,, non golpees que é de mala educación"...

Ole tus huevos chaval¡¡¡¡¡¡¡ O Toni mirouno con cara de decir: ehhhhhhhhh¿?
e claro o que eran palmadas na mesa transformaronse en golpes co puño cerrado e por si non chegaba o ruido o noso presi ( e que non podia ser presidente outro) colleu polo bico unha botella de viño (vacía por suposto) e amenazou con usala para comprovar a resistencia da mesa.....

Quedamonos coa duda de quen e mais duro:

-A mesa ou a botella
-A pacencia do Hilario ou os nosos collós
-A nosa garganta ou os oidos do resto da xente

O final non chegou a guardia civil (e non sería a primeira vez) e quedamonos coa duda de si nos botaron ou nos invitaron a sair. O caso e que despois fomos a conquistar Ourense e Ourense conquistounos a nos.. ...

Desde aquí un recordatorio para o noso presi... que en breve terá que pasar pola cuchilla. Seica lle van facer non sei que nunha perna. Como se equivoquen e lle operen a do medio, igual lle fan un favor a Betty si lle pegan un cachiño...

E un aviso a navegantes.... a próxima a de Marzo, será no Pallón. O día está por acordar pero nela, cumplimos dous anos... co cal estimados amigos, e sobretodo amigas estade alerta e si oides ouvear non o dudedes ... somos nossss¡¡¡¡¡

E eso sí.... O David, e o señor Cuchu teñen unha tarxetiña amarilla por andar faltando con escusiñas..... si non vos deixa vir a muller decideo e listo... si non hai que avergonzarse solo tedes que decir : NON QUERO QUE TE POÑAS ASÍ.....¡¡¡¡¡

pd: os que diciades que esta peña non iba a durar..... non nos felicitedes polo cumpleanos.... IDE PO CARALLO¡¡¡¡¡ eso si, con cariño.... jejejejeje..... Moitas felicidades a todos....¡¡¡¡¡

PARA OS QUE NON ENTENDEN GALEGO

Queridos amigos fai uns días falando con un amiguete Madrileño díxome que as veces cóstalle entender o noso acento, eu que xa estou canso de escoitar a Madrileños, Cataláns, e incluso moitos Galegos o mesmo conto voulles decir ¡O CARALLO! e como di o refrán:
Onde teñas o traballo nunca metas o carallo.
(Non ten que ver nada con esto pero é o único refrán que se me acordou coa palabra carallo)


DICCIONARIO DE CALDELAS PARA VISITANTES




(sacado do libro: CÓMO ENTENDERSE EN CALDELAS CON UNHA PLABRA)



Resignación: ¡ay que carallo!

Indignación: ¡que carallo!

Cachondeo: ¡bueno, carallo, bueno

Desplante: vai ó carallo

Inquisitivo: ¡que carallo é!

Contrariedad: tócate o carallo

Cansancio: deixate de caralladas

Ofensa: Este carallo ¡é parvo!

Templanza: ¡cálmate, carallo!

Amenaza: ven, carallo ven!

Negación : non, carallo, non

Negacion rotunda: nin carallo nin nada

Juramento: ¡me cago no carallo!

Ira: me cago no carallo, ¡carallo!

Alabanza: é un home de carallo

Duda: o carallo vintenove

Extrañeza: pero ¿que carallo pasa?

Desprecio: pásamo por debaixo do carallo

Animoso: dalle, carallo, dalle

Caprichoso: saíume do carallo

Cualitativo: non vale un carallo

Valorativo: róncalle o carallo

Fatalidad: ten carallo a cousa...!

Agotamiento: xa estou ata o carallo

Picardia: o caralliño

Metereologia: fai un tempo do carallo

Lejania: no quinto carallo



Probablemente, si non eres do Castro non o entendas... así que ide po carallo.




¡ EU NON QUERO QUE TE POÑS ASI!

jueves, 28 de enero de 2010

UN MES MÁIS

Queridos, estimados e recordados seguidores, éncheme de ledicia anunciarvos a próxima xuntanza-cea de febreiro, que por certo xa é a nº 23, esto digo, por que inda quedan incrédulos que nos escriben dudando de que durásemos tanto

A receta para que unha peña dure tanto é ser amigos independentemente de:




  • que uns sean guapos ( como Toupiño)
    e outros feos ( como Miki );














  • que uns liguen máis que outros;







  • que sen máis anchos( como Modestito, o Marqués..) e outras máis estreitas;








  • que uns sean máis elegantes e outro menos elegantes



; que uns a teñamos máis larga que outros,

tamén nos da igual a edad, a política, as pelis porno,… en fin que somos colegas e ademáis admitimos novas incorporacións, de feito xa fichamos a un asturiano cojonudo ( xa se sabe que galegos e asturianos somos primos hermanos, pero eles son os primos)



Esta xuntanza organiza voluntariamente o noso colega asturiano, e vámola celebrar en Ourense o día 13 que por si fose pouco é carnaval, van saber os da capi o que é disfrazarse ( para temblar ), o sitio vai ser sorpresa que vos desvelaremos na próxima entrada.

Tamén optamos por facer a cea fora do noso querido pobo para darlle descanso as persoas, animais, cans búfalos e resto de bichejos que inda non se recuperaron do susto que levaron na cea feita en decembro, cando viron a un monstruo baixando do toural monte a través facendo eses e se meteu no baño do Luar botando un combate a morte co marco da porta; a xente o velo decían ¿ é un monstruo?, ¿ é un papauntos?, ¿ é un oso en celo? ¡ NON AMIGOS NON ese é o MODESTITO!




E para eses incrédulos que nos insultan voulles explicar nesta ranchera o espíritu da nosa peña: ( como non lle podo por música recomendo que en vez de leela a cantedes coa música de JUAN CHARRASQUEADO ):


Vou a contarlles un corrido moi mentado
O que pasou na facenda de caldelas
A leda historia de unha peña de chalados
Que son borrachos parranderos e xogadores

Chispas nos chaman e nos apodan os da peña
Somos valentes e arriscados no chingar
As rapazas máis bonitas nos levamos
e nestes campos non deixamos nin un toxo

un sábado que nos estábamos chispando
o Lalito correunos avisar
“ tede cuidado que por ahí ándanvos buscando
Son moitas mozas non vos vallan a violar

Non tivemos tempo de montar nos noso bugas
Tangas en man zapárosenos de montón
“ estamos chispas lles berrába e son bon galo
Cuando o Marques as as atravesou coa pistoliña

Aquí remata esta corrida tan espesa
Da leda historia da nosa peña de Caldelas
Que nos creemos deste pobo consentidos
e somos borracho, parranderos e burladores

CHIN PON



En fin a pesar das diferencias e por moi animales que seamos na nosa peña SOMOS AMIGOS, xa o dice o noso presi cando está chispa “ esto é o máis bonito que hai”



EU NON QUERO QUE TE POÑAS ASI