jueves, 15 de abril de 2010

Tarde de deporte

Queridos amigos non podo deixar pasar a oportunidade de comentarvos o gran acontecemento que pasou o sábado pasado no estadio do Teso.

O futbol en Caldelas volveu a resucitar gracias a un señor que ven de entrenar as categorías inferiores do Bilbao o cal mediante a súa experiencia e a ilusión que trasmite por este deporte está conseguindo xuntar os mociños da nosa comarca, non sei si para que salgan futuros Mesis e Cristianos, pero si para que se xunten para facer deporte. (foto mister)

Despois de este breve inicio quero falarvos que este grupo de rapaces que forman o Caldelao Juniors xogáronlle un partidillo de futbol as vellas glorias de caldelas.



O equipo que presentaron estes veteranillos de caldelas foron:
_ Na portería Toni ( Pasou máis tempo recollendo balóns dentro da portería que facendo palomitas)
_Nos laterales por un lado Toupiño e por outro Modesto ( por donde pasa el non volve medrar a herva )
_De centrales Fredi e Lisardo, que creo que lles daba o sol de frente.
_No centro do campo manexando maxistralmente este equipazo Chapi e Churro os cales fixeron gala de cómo se dirixe un equipo sen correr.
_Por un interior o rápido e sofocado Lalito e por outro interior o fichaxe extranxeiro conocido como ADÚ, ou ABÚ, ou como carallo se diga que rápidamente se adaptou o estilo de xogo do equipo, e decir o quieto, e tamén se adaptou, isto sobre todo a forma de vever do Castro.
_ e de dianteiros con instinto asesino Polugol e o rápido Marqués que fixo gala de cómo se guarda o sitio.

A verdade e que a cousa comenzou moi ben, os rapaces concentrados no vestuario escoitando as consignas do seu mister mentres o equipo de veteranos chegaban nun transporte especial para a ocasión (como podedes ver nesta foto), poi este é un equipo de peso e non podía vir en cualquer cochiño.

En cuanto saliron do coche tiveron que meterse nos vestuarios rodeados de fortes medidas de seguridade debido o acoso das fans que querían despelotalos.


Comenzou o partido terminando a primeira parte empatados, pois o Modesto subía polo lateral levando gran peligro para os pobres rapaces de levar un pisotón, o Churrito andaba no centro do campo coa luz encendida, o Lalito dando pases o Polu, na defensa Lisardo e Fredi tratando de parar as envestidas dos pequenos….



Pero a segunda parte as cousas torcéronse algo, pois o Modesto dixo que o Josué fixo trampa pois pasaba por o seu lado montado en moto, o Joni,o Jorje, Aitor, Roberto,…e todos os rapaces dixo o Marqués que fixeron trampa, pois en vez de correr flotaban, como podedes comprender o resultado foi de mal a peor para os veteranos e a favor das futuras promesas.



O Polu mediu as súas forzas co seu veciño Guasa que o marcou por todo campo de maneira excepcional como podedes ver nesta foto, eso si, si chega ser pola noite non o pilla nin de coña



O lalito preguntaba polo campo se lle podían traer un botella de osíxeno, e ademais o ver que non podía cos rapaces, como se ve nesta foto, tratou de distraelos con un xogo de mans, pois dixo: si non podes convencelos, confúndeos, pero nin así










Os veteranos vendo que o resultado non tiña solución puxéronse a coller margaritas, e claro o resultado o final foi unha chaquetilla, os rapaces gozaron máis de este resultado que o Cristiano Ronaldo Chupando.


É de lei decir que o partido estivo arbitrado polo excepcional colexiado presidente da nosa peña, que lle faltan xusto as cualidade que ten que ter un colexiado, boa vista, eso sí, no campo non estaba moi ben colocado por que non era sábado noite.
Para rematar quero decir que o final o de menos foi o resultado, pois pasamos unha tarde xenial e vemos que detrás ven un grupo de raparigos con ganas de dar moita guerra, para que se diga que xa non temos rapaces no Castro.

6 comentarios:

Anónimo dijo...

non é de estrañar que as fans se volveran locas o ver eses corpazos polo campo...

UNO DEL CASTRO dijo...

se de buena tinta que los que formais esta peña muchos teneis jugado a futbo, Toupiño, orlando, polu chapi...y que os gusta el tema de formar un grupo de chavales para que jueguen, por eso os pedimos que colaboreis con este tema y quiero dar un empuje para que se vuelva hacer el equipo de los grandes pues esto va motivar a los mas jovenes. ANIMO

DE RISAS dijo...

..a ver si facedes algo polo Castro, pero que nadie vos manipule, xa que facedes tanta gala de grupo de amigos independente faceino por vos e non por nadie..

Anónimo dijo...

..eu xa sei onde está o Lisardo...

ROMINA dijo...

Quero premiooooooo!!! Xa encontrei ó GARBANCITO do liso!!!!!jejeje

GESTOR dijo...

Despois da espectación causada por ese partido ahora non podemos decepcionar os millóns de mulleres que ahora nos piden autografos pola rua. Si de risas, intentaremos formar un equipiño en terceira regional máis que nada para que os rapaciños que empezan teñan onde xogar cando se fagan grandes sin ter que ir a Orense ou a Maceda ou a Trives. E xuroche por un vasiño de herbas (o máis sagrado) que non nos manipula nadie. E que non entendes que un colectivo que fai unica e exclusivamente o que lle peta non é manipulable? Gracias Uno del Castro, menos mal que non todo son cafradas cargadas de veneno... eres mui amable, gracias de corazón e prometemosche que todos os que xogemos faremolo con ilusión e os que non xogen estarán animando na banda en todos os partidos¡¡¡¡ Un abrazo os amigos e unha empanada de ortigas para os outros.... seguide ben e recordade: NON QUERO QUE TE POÑAS ASÍ¡¡¡¡¡¡