lunes, 18 de octubre de 2010

XUNTANZA DE OUTUBRO


Amigos, enemigos, inquisición, celestinos, criticos, seguidores,….os membros desta peña vamos celebrar o sábado 23 de outubro a xuntanza correspondente deste mes, os encargados de organizar e intentar superar outras xuntanzas son Deivi e Martín.

Nesta xuntanza igual que noutras un dos obxetivos que temos ademáis de tratar temas trascendentais para a humanidade tratamos de demostrar que os do Castro somos seres diferentes, pois tanto nos ten un mes que outro, danos o mesmo unha estación que outra, igual nos da ovella que o Lalito, tanto nos ten o Marqués que a Duquesa de Alba, tanto nos ten gasolina que electricidade (menos o Topi e o David)…

E que nesta vila sabemos interpretar as cousas, o que quero dicir e que as cousas son diferentes según no contexto que te atopes, para que o entendades vouvos por un exemplo do gremio do presidente da peña: pois non é o mesmo facer de carteiro nuha película normal que nunha porno, pois na peli normal o carteiro entra deixa a carta e vaise, pero na porno o carteiro saca o paquete e…bueno…tamén se vai. E que nesta vila somos diferentes e soamente un do castro ou os que pasan moito tempo nesta vila saben o que
queremos dicir:

Un caldelao non te chama por teléfono … DACHE UN TOQUE!

Un caldelao non sauda … DICHE BOAS!!

Un caldelao non se cae … ANALIZA A CIRCUSTANCIA!

Un caldelao non se enamora … ESTA ENCONADO!!

Un caldelao no trata de convencerte … COMECHE A ORELLA!

O caldelao non concerta unha cita cos seus amigos …QUEDA PARA VOTARSE UNHAS RISAS!!

Un caldelao no da bicos … COMECHE A BOCA!!

Un caldelao no bebe moito … ÉNCHESE!!

Un caldelao no é que non o entenda … NON O PILLA!!

Un caldelao non che da a espalda … MANDATE Á PUTA MERDA!!

Un caldelao no te chama a atención… PERO QUE ME ESTAS CONTANDO NENO!

Un caldelao non se relame … DICE SOBOME!!!

Un caldelao non se inmuta … BOH!!!!!!

Un caldelao non acariacia … SOBA

Un caldelao non molesta … É UN XOVES!

Un caldelao non se alimenta … ÉNCHESE COMO UN PORCO!

Un caldelao non golpea… SOLTACHE UNHA OSTIA!

Un caldelao non traballa a tope… TRABALLA COMA UN CAN!

Un caldelao non se impresiona … NON TE TIRES…

Un caldelao non sufre de diarrea… TEN O CU QUE VOTA LUME!

Un caldelao non corre a toda velocidade… SALE FOSTIADO!!

Un caldelao non se rie a carcajadas … DESCOJONASE!!

Un caldelao non é un bon tio … É A OSTIA!

Un caldelao non dice vou e veño… SABES CANDO VAI PERO NON CANDO VOLVE!

Un caldelao non está cansado… TA FEITO UNHA MERDA!

Un caldelao non ve unha moza fea… VE UN BICHO!!

Un caldelao non fala claro … SOLTACHO NA PUTA CARA!

Un caldelao non é calquer cousa … O CALDELAO É UN SER ÚNICO E EXTRAORDINARIO



Por que ser do Castro é diferente



Eu NoN qUrO qUe Te PoÑaS aSí






jueves, 16 de septiembre de 2010

REMATOU O VERÁN

Queridos amigos, xa sei que moitos estades de depre, pois vaise o verán, o sol xa non pega con tantas ganas, os corpos morenos vóltanse máis branquiños, as mozas xa se tapan máis, ¡ sí  colegas sí! Parece que o rematar as festas dos Remedios paralízase o Castro, pero tranquilos, non vos desanimedes, pois quedamos os mellores, os que mantemos a fama desta vila, e espéranos un inverno cheo de movidas como Os Fachos, un renovado Caldelao que nos vai dIvertir todos os fins de semanas, as xuntanzas que facemos a nosa peña que lle da ambiente unha vez o mes, os nosos gaiteiros que se forman durante o ano. etc, etc.. xa vedes que non vamos ter tempo ni de tocarnos o pipi
Os membros da peña Eu NoN qUeRo QuE tE pOñAs AsÍ este mes xa vamos facer a xuntanza o último fin de semana do mes par celebrar o final do verán, van ser Toni SEUR e  o noso xouman Toupiño os encargados dos preparativos da xuntanza. Quero puntualizar que os nosos membro Toupiño e Poluto costounos moito retelos nas filas da nosa peña, pois despois da su estelar actuación nas festas, artistas importantísimos como Cañita Brava, Milín, ou o coro do manicomio de Toen  quixéronse facer cos seus servicios.
Eu sei que as veces os membros da nosa peña cando saimos os sábados as noites depois das Xuntanzas-Ceas non nos entendedes pois coase sempre pensamos coa cabeza pequena, vou a darvos unhas claves para que comprendades o que realmente queremos dicir:

as apariencias engañan
  • Que guapa ves hoxe = Quéres ir deitarte conmigo
  • Imos un día o cine? = Hoxe non se me levanta pero maña gustaríame deitarme contigo
  • Queres ir a cear mañá? = e despois gustaríame deitarme contigo
  • Queres bailar? = e despois gustaríame deitarme contigo
  • Queres tomar unha copa? = e despois gustaríame deitarme contigo
  • Estou aburrido = vámonos a cama?
  • Onte estiven pensando moitoi en ti = estiven pensado coa cabeza pequena
  • É moi simpática a tua amiga = Quero deitarme con ela
  • Solo a ti te Quero!!!! = vamos deitarnos xa
  • Véxote diferente = Estás engordando
  • Falemos = Estou tratando de demostrarche que son unha persoa sensible a ver si despois podemos ir a cama.

En fin non o tomedes a mal, xa vedes que os homes somos como Cuba, gobernados por un capullo.

E para rematar, xa sabedes o que vos digo, pase o que pase, veña o que veña, Eu NoN qUrO qUe Te PoÑaS aSí, e levémonos todos como can e o gato ( pero o de esta foto)


martes, 31 de agosto de 2010

FESTAS DOS REMEDIOS

PROCESION DA VIRXEN

  • Estimados Caldelaos xa se acerca o final do verán, pero inda non é momento de facer balance das vacacións, nin contar as chispas que pillamos nas festas, nin de mentir co número de polvetes, …. ¡ non amigos non! Inda non é o momento pois quedan as Festas dos Remedios, donde as estadísticas pódense romper, donde si escoitas a frase ¡ abaixo co alcohol! é que está berrando o veciño do sótano, donde se reza Benaventurados os borrachos por que eles verán a Deus duas veces, o que quero decir que esta é a nosa festa favorita, é o o gran colofón final do verán.
O NOSO IRRIO

  • Queridos seguidores que non sodes desta terra, inda que estemos en crisis vinde a festa desta vila, aquí non temos miseria, os de caldelas sempre temos un sitio para invitar a cear a un amigo, ou de invitar a unha copa,e o que queira disminuir o número de pobreza no mundo que se coma a un pobre, pero que veña a festa

  • Todo empeza a gran noite das bandeiras, donde non se pode romper a tradición de colocar as bandeiras e de colocarse os caldelaos, donde os airiños de caldelas amenizan polas capelas da vila, donde non se pode romper a tradición da bica e o licor café, donde non se pode romper a tradición do Roquiño caendo da escaleira, e tampouco se pode romper a tradición de cando chegan as sete da maña e nos di o Poluto: Inda é cedo para marchar para casa, temos que aguantar para esperar a banda e pillar o IRRIO, polo que é o momento de aplicar o que decía un famoso científico “dame un punto de apollo…e bebereime outra copa”, xa vedes que as tradicións son para cumplir.



XA CHOVEU
  • E xa pola mañá vamos tanto os que madrugan como os que non se deitaron a esperar a banda e os nosos gaiteiros, pois en caldelas podemos presumir de boas gaitas. Unha gran representación da peña Eu NoN qUeRo QuE tE pOñAs AsI aguantamos así ata hora de comer, e logo unha siestiña para pola tarde voltar a carga.


  • Pola tardiña xa é o momento da festa, donde reservamos un ratiño para bailar, uns coas súas mozas e mulleres didiante da orquesta, outros coas mozas dos demais, outros coas mozas de todos, en fin, xa sabedes que cada muller é un mundo, por eso que facede turismo .


    INDA É CEDO
  • Logo volve a verbena, e as sete da mañá , ¿sabedes quen di, “inda é cedo,temos que aguantar para esperar a banda”? pois sí, outra vez o noso colega Poluto, e inda que cada día que pasa aumentan a mulleres pequenas, e dicir as baixas, van aguantando algúns, eso sí, se o último día pola tarde vedes a un tipo coas mans nos bolsillos, capucha na cachola, paseando do Castro ata a piscina non vos asustedes, este é o noso Toupiño que se lle rematou a hierba-luisa.


 







En fin amigos que disfrutedes moito nestas festas


E para rematar vou a darvos un consello en duas palabras que vos van abrir moitas portas: Tire e Empuxe

Eu NoN qUeRo QuE tE pOñAs AsI

                                                                                                                                                                                                    

jueves, 19 de agosto de 2010

CEA XUNTANZA MES DE AGOSTO

Qué hay de nuevo viejos?,
para os que pensastes que a peña Eu NoN qUeRo QuE tE pOñAs AsÍ este mes de agosto se olvidaba de facer a xuntanza do mes, MEEEC FAALLO, pois aquí estamos outra vez, así que queridísimos seguidores, animais, pagafantas e toristas o vindeiro sábado vamos a proceder a facer a xuntanza correspondente deste mes de agosto, a organización vai a cargo do presidente da peña alias Orlando, e do Deivi o que últimamente sae en tódolos medios deportivos deste país, coñecido como o Valdano do C.D Caldelao, o lugar escollido vai ser uns dos sitios máis tradicionais da nosa vila, no LELO.

A fecha que escollemos é coincidente co festival PONTE LOUCO pois nos somos ferventes seguidores de un evento que ano tras ano se supera, polo que queremos felicitar o gran traballo dos organizadores que son os verdadeiros artistas deste evento, outra razón é que na nosa peña sentímonos moi identificados coa segunda parte do nome deste festival pois xa vedes que se vos pregunto, cómo está o Toupiño, ou o Lisardo, cómo está o Chapi, o Orlando, o López…? Pois como di a palabra do festival LOUCOS.


Como nos somos xente responsable queremos darvos un consello para a noite deste sábado, como vamos troulear ata altas horas da madrugada aconséllovos que levedes condóns non sexa que pilledes cacho, e aparezca cachorriño, e por eso vouvos dar as marcas de condóns que se adaptan según cada pixa: -Preservativos Pringles: ¡Cando fas pop, xa no hai stop!
-Preservativos M&M\\\’s: desfanse na túa boca, non na tua man
-Preservativos VISA: Nom salga da casa sin eles
-Preservativos Duracell: … e duran, duran, duran, duran….
-Preservativos Evax: Nin se moven, nin se notan, nin traspasa…
-Preservativos UEFA: The Chaaaaaampioooooooonnnnnnssss…
-Preservativos Petit Suise: A mi de pequeno dábanme dous
-Preservativos Coca Cola: a Chispa da vida
-Preservativos RedBull: danche Aaaaalaaaasss…
-Preservativos Pescanova: O bon "sae" ben
-Preservativos San Miguel: Donde vai, Triunfa
-Preservativos McDonald\\\’s: Oferta, 2×500
Nunca está demáis levar protección, máis vale que che caduquen na carteira como nos pasa a nos.
Para rematar queridos amigos, nos o finalizar a cea iremos polas capelas a tomar unhas, ou mellor dito moitas copas e eu aconséllovos que fagades o mesmo que nos, saide a tomar uns vasetes cos amigos, pois o que fai isto VIVE:
· Menos triste.
· Menos deprimido.
· Menos tenso.
· Menos pelexado coa vida.
Pensa nesto, e… Si vas a conducir…..no bebas.
Pero, si vas a beber….. ¡CHÁMANOS!
eU nOn QuRo QuE tE pOñAs AsÍ

viernes, 6 de agosto de 2010


LA CENA DE AGOSTO:


Como es bien sabido, el sol y el calor provoca reacciones y cambios hormonales en todos los mamíferos


y claro, nosotros también somos unos mamíferos de cuidado, con lo cual, la cena que se apróxima puede ser de las que hacen época.


Tenémos mucho que celebrar: que seguimos siendo amigos, que seguimos teniendo fuerzas para reirnos de casi todo y de casi todos (con lo difícil que eso es hoy en dia), y que llega el PonteLouco. Fiesta como su propio nombre indica hecha a nuestra imagen y semejanza.




Además como dice la canción:


LOS DE CALDELAS SOMOS LA OSTIA.......
























...VIVA LA MADRE QUE NOS PARIÓ.....


























...... Y SI UNA CHICA NOS PIDE UN BESO...... LOS DE CALDELAS LE DAMOS DOS....¡¡¡¡¡















Seguíd bien, disfrutando de la vida, que es muy corta.... y recordando siempre que si te van a pagar igual si te ries o si lloras.....pues coño.... RIETE¡¡¡¡¡¡¡

Un cordial saludo y hasta la próxima.

miércoles, 14 de julio de 2010

Estimados seguidores da nosa páxina, neste mes de xullo, para non perder as costumes témonos que xuntar outra vez os prestixiosos persoaxes da peña EU NON QUERO QUE TE POÑAS ASÍ, o lugar que vamos escoller para o evento deste mes vai ser Valilongo, os encargados da organización son o noso amigo Milito que é o home que eu ven sei que lle gustaría contratar a correos xa que cando ten as cartas asegúrovos que non as perde, o outro membro encargado é Laxe, o cal nos deleita coa canción “DE PO,FE.RRA,DA A CA,BRE,RA…..) todas as xuntanzas,sempre acompañado pola voz insolente do noso Toupiño.

Nos como vos deportistas que somos vamos adicarlle esta cea-xuntanza a selección Española por gañar o mundial de Africa, inda que xa o celebramos o domingo na nosa vila do Castro tamén queremos facelo coa peña, ademáis por petición expresa do Marqués tamén imos adicarlle a cea a Shaquira esa, non polo que canta sinón por outros motivos. En fin nestes tempos de crisis inda menos mal que nos dan alegrías os nosos deportistas pois o Rafa non lle gaña ningúen a raquetazos, o Contador ese, é o que máis rápido sube, pero non solo na bici senón tamén o contador da luz, a selección está que se sale.... etc pero o que máis lle alegra o Maequés e isto ( PERO QU BEN CANTA)


Cambiando de tema, ou voltando o mesmo quero avisar a todos que o día elexido para a cea é o próximo sábado, así que pola noite atoparédesnos como sempre en condicións de moita carga, e que nos somos como as prostitutas que son señoras que cando se desvisten quedan en roupa de traballo. Andaremos como sempre intentando catar o sexo contrario ou incluso o mesmo, pois xa se sabe que en tempos de crisis….en fin, ademáis un pene pode ser feminino ou masculino, se mide máis de 12cm é pene, pero se mide menos de 12 entón é unha pena, e na nosa peña abunda o 2º caso, pero neste caso sempre nos queda o dito de EL TAMAÑO NO IMPORTA.

En fin amigos disfrutade do verán e recordade que “existe un mundo mellor pero é moi caro”

¡ POR QUE ESTO ES ÁFRICA!

martes, 22 de junio de 2010

O DÍA DESPOIS DA CEA


Queridos colegas e menos colegas, nenos e nenas mozas e amantes, curas e fillos.... seguro que estades deseando saber os pormenores da nosa última xuntanza celebrada o sábado19 no Parador de San Xulián no que fomos atendidos xenialmente polo camarero espectáculo Xose Manuel, así que vou tratar de contarvos as cousas que se podan e deixar intuir as que non se poden.

Asistimos a cea prácticamente todos exceptuando o Asturiano, Modestito e o Herminio que faltaron por causas de forza superior, pero tivemos un invitado, o cuñado do noso Lisi coñecido mundialmente por Robertiño de Valilongo.

Todo comenzou normalmente, chegamos o restaurante, primeiro os saudos entre os que non se ven asiduamente, logo inda coase non nos tiñamos sentados e xa faltaba o líquido de sete botellas de viño, eso sí, o noso invitado Roberto como bon deportista que é non quixo nin unha gotiña de viño, así que se mandou para comer directamente os cubatas, como podedes ver o noso invitado non desentoou nada, bueno, non desentonou bebendo por que o que é cantando debe ser da mesma escola co cuñado.

Volvendo o tema, foi chegando a comida, 1º os langostinos, depois pulpo ( animal co que nos sentimos moi identificados na nosa peña), logo viñeron uns percebitos que foron collidos polo Polu na Abeleda, pois aproveitando que o sil vai con pouca auga atopounos pegados nuhas rochas o lado das viñas, polo visto estaban no mesmo sitio donde trouxo o bogavante que papamos na cea anterior, este bogavante seica estaba cagando detrás dunhas xestas e o Polu díxolle” por marrau vámoste a papar metido nun arrociño”, pero tranquilos que o Polu é un rapaz curioso e limpouno ben cando o animal rematou de facer as suas necesidades. O outro organizador da peña dixo que non quería ser menos co Polu así que tamen se decidiu a pescar, pero o único que pescou foi o mesmo que o resto dos membros da Peña, merlucitas fresca, xa se sabe que nos somos pola noite xente de pescado.

Pero o momento estelar da noite foi xusto antes de que nos trouxeran o cabrito, pois o Deivi ante a emoción dunha das súas cancións favoritas, (e digo súas pois non a coñecía nin Deus ) votou a andar por encima da mesa, digno dun malabarista pois non lle tocou a nada. Gracias a esta maxestuosa actuación do David o noso amigo Milito pode presumir dunhas abdominales como o Cristiano Ronaldo, pois votou rindo ata o domingo a tarde.


Logo como sempre ronda de cancións, despois suxerencias dos membros, pagamos, e o mesmo ritual de sempre, Tio Elías vai de primeiro non por ser o máis rápido seno por que é o que menos carga levaba, co noso tío os de tráfico teñen menos futuro que un paxaro con vértigo.
O chegar o Castro fixemos a famosa ruta polas capelas, pero en pouco tempo o rebaño foise desperdigando, uns por sono, outros por medo, outros por moito valor, o noso invitado Roberto colleunos medo e escolleu as de Zaragoza pois xa se sabe que en caso de jaleo máis vale MAÑA que forza.

Esto é o que vos podo contar da nosa xuntanza, e non lle preguntedes a ningún do membros da peña máis detalles do sucedido, pois non vos van a contar nada, non por que sexamos xente discreta senón por que non creo que se acorden de moito máis.

Esta última copa vai por vos

miércoles, 16 de junio de 2010

XUNTANZA-CEA XUÑO


Xa estamos aquí outra vez, dispostos a facer a xuntanza de xuño, este mes encántanos pois ven o calorciño, chegan as festas, as mozas empezan a destaparse cousa que concretamente os membros da nosa peña encántanos pois de non poder catar polo menos mirar as obras de arte que Deus no da, ademáis todos os da nosa peña somos como os EEUU: Gobernados por un capullo.




De todas formas temos na peña algún que outro que inda catan bastante o sexo femenino, non por guapos senon máis ben por pesados pero xa se sabe que o que non chora non mama






A cea vai ser o día 19 de xuño, o lugar escollido vai ser o Parador de San Xulián, os encargados de organizar o evento van ser o coñecido polo día como o novo e excelentísimo presidente do C.D Caldelao alias Chapi e coñecido pola noite como o dos regates, o outro membro encargado xunto con Chapi da organización vai ser o coñecido de día como Polu o fontanero do amor e pola noite o pecha capelas xa que é o que ten a dura tarefa de vixiar e ser o último en marchar das capelas para que a partir das sete non quede ningún membro da peña en boas condicións.
















Este mes dado os tempos que atravesamos queremos adicarlle a Cea –xuntanza a Puta Crisis, sei que moitos diredes que nestes tempos de crisis que somos uns derrochadores, que sempre andamos de troula, pero a nosa única intención é tomarse a vida con algo de humor, pero para que vexades que somos xente con creenzas vamos a rezar unha oración por estes tempos de crisis:

Noso pai que estás na Moncloa,
santificado sexa teu nome e non o Plan de Desenvovementoolo que nos está arruinando,
fágase a túa vontade e a dos teus Ministros, que nos estades explotando,
perdóanos nosas deudas que nos están aumentando,así como nos perdoamos os que nos estades roubando,
e non nos deixes caer na tentación de buscar outro empleo que estamos necesitando.
Amén.

Hermanos non sei si vai facer moito rezar pero por si as moscas non está demáis, xa que estamos en época de recortes:
-Benaventurados os que viven do soldo base, pois pronto verán a Deus

Pois eso amigos, temos que tomarnos a vida con humor e por suposto si fai falta botarlle a man a un colega botádella inda que sea o pescozo
Ata o sábado e xa sabedes
Eu NoN qUeRo QuE Te PoÑaS aSí

jueves, 27 de mayo de 2010

SEGUIMOS VIVOS, UNS MAIS QUE OUTROS.... PERO SEGUIMOS VIVOS, E CONTRA TODO PRONOSTICO, RESISTIMOS A CENA DE MAYO:



-Para comenzar, temos que pedirlle disculpas o Isidro (pai da Sonia, e sogro do Lisardo (ou era o revés, xa non me acordo)), polo ruido e jolgorio que lle montamos do outro lado da ventana. Unha de duas, ou ten moita paciencia (todo un santo barón) ou e que esta xordo como unha tapia. Polo seu ben, esperamos que sea o primeiro. E desde aquí damoslle as gracias por non chamarnos a guardia civil (non coma outras) e deixarnos disfrutar dunha noite maravillosa (si facía frio non o setimos en absoluto). E como ocurre sempre despois dunha noite de troula... si lle faltamos disculpenos¡¡¡¡.


Como non temos fotos do Isidro, pois poñemos unha do santo, que seguro que se lle parece....... e si non... pois que se lle fai facer, o que conta e a intención.





Como sabíades todos os nosos fans, a cea foi na casa do Chapi, e pedazo mariscada que nos fixo comer. "Queredes marisco?, pois vadesvos fartar de marisco", e a boa fe que o conseguiu. Saironnos as navallas, os bois, e as cigalas hasta polos ollos... e de postre arroz con bogabante. O único que o comeu todo foi o Lisardo, ¿Pero canta comida cabe nun corpo tan pequeno?.


Como tampouco temos fotos do Chapi (que se podian poñer) pomos a do Florentino Perez, que un e presidente do Madrid e outro do Caldelao pois e máis ou menos o mesmo....


A cena foi espectacular, aproveitamos para estreitar lazos, o Toni de Seur fixose moi intimo co Lage, o Lage intimou co Marqués, o Poluto intimou co Chapi, o Orlando intimou co tobillo do Cuchú... e o Modestito durmia nunha esquina da mesa. "A culpa e dos antiestamínicos"... e que ahora chamaselle así o biño blanco¡¡¡¡

E como o final empezamos a darnos conta de que o noso mais que cantar e montar barullo contratamos a un profesional: O señor Pepe¡¡¡¡. Que fichaje, que maravilla¡¡¡. O señor Pepe, trouxo un equipiño mui xeitoso formado por uns amplificadores, uns cds, un teclado e uns altavoces, e por suposto un saxofón.... impresionante. So faltaba a cabra e a escaleira.... perdón só faltaba a escaleira que para cabras xa chegabamos nos... Despoís das discusions de rigor polo futbol, e despois de chamar o David para que viñera (e que tiña unha boda), a verdade e que non lle deixaron vir... Puxemonos a cantar os nosos pupurris de rigor, e nalgun caso acompañados polo saxofón do señor Pepe... que fichaxe.. tiña que vir máis veces.


Rematamos a cena, o Toñito fixo a sua visita de rigor de dez minutiños o water, e en compañía das herbas, da Sonía, da Romina, da Betty, e da Carmen, puxemonos a bailar e cantar o ritmo que o señor Pepe nos poñía desde o seu teclado..... todo arte¡¡¡¡



Acertastes, tampouco temos fotos da Betty, co cal... ahí vai un retratiño moi sexual coas nosas mellores intencións....


Por último, podería contarvos como acabou a noite, pero e que non me acordo..... e a demáis, si volo conto todo saberiades tanto coma min.



Unha cousiña máis:

Desde aquí quero desmentir as acusacións vertidas por lenguas envenenadas e envenenantes que suxerían en medios de comunicación tan prestixiosos como a CNN ou o semanario el Jueves, que nos non tivemos nada que ver coa falta de auga no rio Sil.




Repito, nos non fumos os causantes do desecamento do rio, a principal razón e que leva auga e non godello, ou alvariño...... nin tan siquera leva licorciño de herbas...

e que si en lugar de levar auga levase licor de herbas... seguro que o deixabamos moito máis vacio do que esta. E segun a Voz de Galicia, e outros medios consultados, uns estudios de impacto ambiental encargados por Iberdrola, demostran que o desecamento do río Sil non supón ningun problema ambiental para a naturaleza.....


Eu non son moito de fixarme, pero digo eu que algo menos de auga leva que de costume... pero non vos preocupedes estimados fans... que tendo en conta que a auga corre cara abaixo (na maioria dos casos) e que os colectores do Castro desembocan no Sil... facemos desde aquí a promesa de que imos facer todo o que esté nas nosas máns, e nos nosos riles, para facer que o rio Sil volva o seu nivel antes da próxima cea.... eso sí.... auga o que se dice auga igual leva pouca....


Sede moi felices.... pasadeo ben, e recordade.... EU NON QUERO QUE TE POÑAS ASÍ.....

martes, 18 de mayo de 2010

XUNTANZA MES DE MAIO

Ven queridos amigos e menos amigos, rapaces e rapazas, gordos e esmirriados, tolos e máis tolos, guapos e feos, cocacolas e zumos, tetas e cus… compráceme avisar que un mes máis como corresponde este grupo de calandracas volvemos a xuntarnos para cear, cantar, tomar uns vasetes, tomar outros vasetes, logo outros vasetes, para seguir tomando unhas copas, logo máis copas, e terminar decíndolle o noso tío ( o Tio Elías ) que porfavor nos leve a camiña.

Para os que pensades que as nosas ceas non serven para nada estades moi, pero que moi equivocados, xa que nos somos xente seria e preocúpannos as mesmas cousas que a todo mundo, e cando son as catro da mañá planteámos preguntas cómo: ¿ Por qué as mulleres non poden pintar as pestañas coa boca pechada?, ou temén o Toupiño tense preguntado ¿ Por qué as ovellas non encollen cando chove e os xerseis de lana sí?, tamén se ten planteado o Chapi ¿Hasta dónde lava a cara un calvo?, o noso avó Julio tamén se pregunta si un parto na rúa, ¿ é alumeado público?, Lisardo tamén se preguntou , si voar é tan seguro ¿por qué os aereoportos lles chaman Terminal?, ou tamén nos preguntamos ¿ qué carallo contan as ovellas para dormir?,ou ¿Dónde está a outra mitad de Oriente Medio?..e un largo etc de preguntas tan importantes para a vida. Para que logo digan que beber non vale para nada.




Os encargados de organizar a xuntanza son o Presidente da nosa peña, e o noso polifacético Toño ( coñecido cariñosamente por todos como Toupiño), o lugar escollido para tan gran ocasión é o restaurante Valilongo pois como podedes ver nesta foto ademáis dás cociñeiras tan guapas que teñen sempre, o Jorge que está o lado da Dori cambiou de carallo



Para que estedes todos avisados esta celebración será o sábado 22; a razón de escoller este día para a xuntanza ten unha clara explicación, pois porque nos sae da punta dos pipis, así que xa sabedes, o rematar a cea iremos para Castro a tocar o que lle tocou Michel a Valderrama, pero para pedir perdón por anticipado o presidente en representación de todos dalle un biquiño a cociñeira de Valilongo ( sin que se entere o Manolo, por suposto) por os trastornos que vamos causar, por que xa sabemos que os vamos a causar.


En fin amigos non vos tomedes a vida demasiado en serio, pois total non vades sair vivos de ela, e como di o refrán cualquer tempo pasado foi anterior.

Eu NoN qUeRo QuE tE pOñAs AsÍ

jueves, 15 de abril de 2010

Tarde de deporte

Queridos amigos non podo deixar pasar a oportunidade de comentarvos o gran acontecemento que pasou o sábado pasado no estadio do Teso.

O futbol en Caldelas volveu a resucitar gracias a un señor que ven de entrenar as categorías inferiores do Bilbao o cal mediante a súa experiencia e a ilusión que trasmite por este deporte está conseguindo xuntar os mociños da nosa comarca, non sei si para que salgan futuros Mesis e Cristianos, pero si para que se xunten para facer deporte. (foto mister)

Despois de este breve inicio quero falarvos que este grupo de rapaces que forman o Caldelao Juniors xogáronlle un partidillo de futbol as vellas glorias de caldelas.



O equipo que presentaron estes veteranillos de caldelas foron:
_ Na portería Toni ( Pasou máis tempo recollendo balóns dentro da portería que facendo palomitas)
_Nos laterales por un lado Toupiño e por outro Modesto ( por donde pasa el non volve medrar a herva )
_De centrales Fredi e Lisardo, que creo que lles daba o sol de frente.
_No centro do campo manexando maxistralmente este equipazo Chapi e Churro os cales fixeron gala de cómo se dirixe un equipo sen correr.
_Por un interior o rápido e sofocado Lalito e por outro interior o fichaxe extranxeiro conocido como ADÚ, ou ABÚ, ou como carallo se diga que rápidamente se adaptou o estilo de xogo do equipo, e decir o quieto, e tamén se adaptou, isto sobre todo a forma de vever do Castro.
_ e de dianteiros con instinto asesino Polugol e o rápido Marqués que fixo gala de cómo se guarda o sitio.

A verdade e que a cousa comenzou moi ben, os rapaces concentrados no vestuario escoitando as consignas do seu mister mentres o equipo de veteranos chegaban nun transporte especial para a ocasión (como podedes ver nesta foto), poi este é un equipo de peso e non podía vir en cualquer cochiño.

En cuanto saliron do coche tiveron que meterse nos vestuarios rodeados de fortes medidas de seguridade debido o acoso das fans que querían despelotalos.


Comenzou o partido terminando a primeira parte empatados, pois o Modesto subía polo lateral levando gran peligro para os pobres rapaces de levar un pisotón, o Churrito andaba no centro do campo coa luz encendida, o Lalito dando pases o Polu, na defensa Lisardo e Fredi tratando de parar as envestidas dos pequenos….



Pero a segunda parte as cousas torcéronse algo, pois o Modesto dixo que o Josué fixo trampa pois pasaba por o seu lado montado en moto, o Joni,o Jorje, Aitor, Roberto,…e todos os rapaces dixo o Marqués que fixeron trampa, pois en vez de correr flotaban, como podedes comprender o resultado foi de mal a peor para os veteranos e a favor das futuras promesas.



O Polu mediu as súas forzas co seu veciño Guasa que o marcou por todo campo de maneira excepcional como podedes ver nesta foto, eso si, si chega ser pola noite non o pilla nin de coña



O lalito preguntaba polo campo se lle podían traer un botella de osíxeno, e ademais o ver que non podía cos rapaces, como se ve nesta foto, tratou de distraelos con un xogo de mans, pois dixo: si non podes convencelos, confúndeos, pero nin así










Os veteranos vendo que o resultado non tiña solución puxéronse a coller margaritas, e claro o resultado o final foi unha chaquetilla, os rapaces gozaron máis de este resultado que o Cristiano Ronaldo Chupando.


É de lei decir que o partido estivo arbitrado polo excepcional colexiado presidente da nosa peña, que lle faltan xusto as cualidade que ten que ter un colexiado, boa vista, eso sí, no campo non estaba moi ben colocado por que non era sábado noite.
Para rematar quero decir que o final o de menos foi o resultado, pois pasamos unha tarde xenial e vemos que detrás ven un grupo de raparigos con ganas de dar moita guerra, para que se diga que xa non temos rapaces no Castro.

lunes, 12 de abril de 2010

XUNTANZA MES DE MAIO

Queridos amigos e tele-espetadores xa estamos en Maio e como sempre toca facer a xuntanza deste novo mes, os encargados da organización e de escoller o lugar vai a razón destes tres membros:
_ O noso Tio Elías, como ben sabedes o tío con máis sobriños do mundo
_Toni Seur, este home é dos que din “ se a vida che da limóns, pide sal e tequila”.
_Deivi, este é o único home que tivo valor de chamarlle calaña o Milito xogando ás cartas, eso si, dende aquelas non volveu gañar outra partida.

Como vedes, con esta organización o próximo sábado promete moito espectáculo, moito viño, moitas copas, eso sí, como sempre pouco sexo ( con nos os de Durex van a ruina, pero non vos equivoquedes, é porque nos facémolo todo a pelo)

Vamos adicarlle esta xuntanza a esta estación do ano, A PRIMAVEIRA, pois comenza o bon tempo, as árbores florecen, saen as margaritas ( mirade nesta foto que contentos están o Modestito, o Polu, o Lalo e Chapi collendo margaritas) :



Incluso o noso tesoureiro Modestito, como podedes ver nesta foto comenzou xa a operación Biquini para estar guapo no verán. ( estásenos quedando nos osos )


Para rematar quero aproveitar este mes para dar a coñecer a todos aqueles que nos seguides o resultado dun estudio moi serio feito por todos os membros da peña o largo destes meses, consistiu en beber como cosacos para poder analizar as reaccións e posibles solución cando un está bolinga, a continuación expoño o resultado deste prestixioso estudio:

Causas, efectos secundarios y posibles soluciones:

01. Síntoma: Pes fríos e húmedos.
Causa: O vaso estáse agarrando en ángulo incorrecto.
Solución: xira o vasete hasta que a parte aberta quede hacia arriba.

02. Síntoma: Pes quentes e mollados.
Causa: xa te mexaches.
Solución: Vai secarte o baño máis próximo.

03. Síntoma: A parede de enfrente está chea de luces.
Causa: caíchete de espaldas.
Solución: Posiciona o teu corpo a 90º con respecto o soo.

04. Síntoma: Tua boca está chea de colillas de cigarros.
Causa: caíche de fuciños sobre o cinseiro.
Solución: Escupe todo e enxuágate a boca con un bon "gintonic".

05. Síntoma: o suelo está borroso.
Causa: Estás mirando a través dun vaso vacío.
Solución: pide outra copa.

06. Síntoma: o suelo estase movendo.
Causa: Estás sendo arrastrado.
Solución: Pregunta polo menos a dónde te levan.
07. Síntoma: Reflexo múltiple de caras mirándote desde a agua.
Causa: Estás no retrete intentando vomitar.
Solución: Métete o dedo ( jilipollas no cu non,é na garganta).

08. Síntoma: escoitas ca xente fala producindo un misterioso eco.
Causa: Tes o vaso na orella
Solución: Deixa de facer o pallaso.

09. Síntoma: o pafeto móvese moito, a xente viste de blanco e a música é moi repetitiva.
Causa: Estás na ambulancia.
Solución: Non moverse. Posible coma etílico ou conxestión alcohólica.

10. Síntoma: Teu pai está moi raro e todos teus irmans estánte a mirar con curiosidade
Causa: equivocáchete de casa.
Solución: Pregunta si che poden indicar por dónde queda a túa.
11. Síntoma: Un enorme foco de luz do pub cégache a vista.
Causa: Estás na rua e xa é de día.
Solución: Café e para camiña.
Espero que este esforzó que fixemos vos sea de axuda
BIQUIÑOS PARA TODOS

miércoles, 7 de abril de 2010

NON VOS PREOCUPEDES¡¡¡¡ SEGUIMOS VIVOS¡¡¡¡

Gracias a Dios e os Santos todos, seguimos vivos. Como dice o Toupo: " Esta semana tuvo moitos domingos". E claro, no hay tempo¡¡. Xa pasou a cea, xa cumplimos 2 anos, xa sabemos andar, e xa empezamos a falar.

Esta cea estivo marcada polo regreso triunfal do noso presi que se foi a tumbar na mesa de operacións a Barcelona. Nin que non houbera carniceiros no Castro¡¡¡. E todo para arreglar unha perna, o que non nos dixo foi cal das tres¡¡¡ A Betty dice que a operación foi todo un exito e que saiu mellor do esperado, entonces xa sabemos que perna se foi operar. O caso é que contra todo pronostico puidemos contar unha vez máis co noso presi na cea, pero todo hai que dicilo sin herviñas non ten nin a metade da gracia.

Pois foi a cea máis tranquila que se recorda¡. A falta do David e do "Cuchú" notanse moito. E que nos dixeron que claro como tiñan a comida da arrancadeira (unha peña de velliños na que nos faltan 20 anos para militar) non tiñán corpo para duas no mismo dia. E que xa son maiores, non nos aguantan nadiña e temolos que coidar animaliños¡¡¡¡¡

Pero claro, non todo van ser desercións: Desta vez, tivemos a volta do Lalito de Sas expulsado tempo atrás por incomparecencía voltou ao rego, e veu cear con nos. E cantou o seu tema extrella polo que en anos vindeiros acudirá a Eurovisión sen lugar a dúvidas: "ME GUSTA COMO BALA LA OVEJITA"...

Xa non contabamos coa chegada do Marqués, ese pilar que fai que a peña non se mova, sobre todo cando fai aire¡¡¡¡. Enteramonos pola tarde de que un coche chocara de fronte con el cando viña na moto de volta de xogar un partidiño de veteranos. E despois da alarma inicial, e tras falar con el teléfonicamente, acudiu tarde, pero acudiu, co brazo algo inchado, pero sentouse e deu conta con avidez do vogabante, e das vieiras.

E a primeira vez na que un coche choca cunha moto e o que perde é o coche. Rompeulle co brazo o espello e unha ventanilla, e el nin caiu. Ocurresenos preguntar, de que ten o brazo o Marqués?. Menos mal que é tranquilo si non¡¡¡¡

E claro, acabamos a cea, cantamos as nosas cancións de rigor, e xuntamonos cos últimos que quedaban da Arrancadeira, e todos xuntiños demos boa conta das bebidas espirituosas que nos serviron mui amablemente a Pepa e o Jorge do Rubio. E houbo que retirarse pronto que estabamos na cuaresma, e había que pensar en recollerse que a Semana Santa estaba ahí, e como todo o mundo sabe, viñan moitos sábados, e moitos domingos seguidos, e nos estamos cada día mais vellos.

Tan vellos estamos que xa andamos pensando máis dun en facer un equipiño de futbol de veteranos no Castro, máis que nada para matar o gusanillo do futbol e ter unha escusa para marchar da casa os domingos pola tarde¡¡¡.

Sin máis despidese este humilde borrachiño, recomendandovos que un sábado próximo será a cena de Abril, e nesa cena si vai a haber musica, si vai a haber festa e a boa fe que si nos oides, e queredes festa, xa sabedes, unidevos a nos, que a unión fai a forza. E si non queres unirvos a festa.... xa sabedes: "NON QUERO QUE TE POÑAS ASÍ".