domingo, 16 de enero de 2011

VIVA O SAN SEBASTIÁN


Queridos españoles, pensionistas, transportistas, ratas de alcantarilla, … e resto do mundo quero avisar de que o mércores de esta semana  celebraremos na nosa querida vila un ano máis unha das festas máis soadas no mundo enteiro: OS FACHÓS.

Para os que non tivestes ocasión de vir a esta festa o meu consello é que igual que lle pasaba o toro das pipas Facundo no podedes deixar iste mundo sin vir a festa dos fachos, pois é algo único pois non se pode comparar a ningunha outra, igual que non é o mesmo unha bola negra que unha negra en bolas, tampouco esta festa se parece nin os San Fermís , nin a Feira de Abril, nin a Tomatina nin a ningunha outra, si presumes de ter estado nas mais grandes festas de España entón no pode faltar a esta no teu currículo.
Como sempre a festa arranca cando o sol empeza a esconderse, primeiro xa se divisa un gran ambiente polas rúas con gaiteiros, grupos de amigos, xente preparando os últimos toques do seu fachón, para logo dar paso a espectacular procesión na que cada un leva o seu encendido, e tamén os mozos da zona levan entre todos o espectacular fachón que como di sempre a prensa do día seguinte mide “ e sin esaxerar “ uns 50 metros, nesta procesión tamén vai a figura do patrón de caldelas O San Sebastián feito de palla polo Notario, a saida é da igrexa dos remedios, da a volta polo castillo e volve rematar didiante da iglesia, aquí guíndanse a fogata todos os fachos. E a partir de isto festa rachada, viño a desgalla, churizos a barrer, outra vez viño, bica, e máis viño, música, berros de ¡ VIVA O SAN SEBASTIÁN! e cada vez queda menos viño…. E cando xa non queda viño a festa segue polos locales da nosa vila ata altas horas e incluso pola mañá seguinte podemos ver algún que inda anda co fachón encendido e non ato
pou pola noite onde apagalo.
Pois eso amigos vémonos no Castro de Caldelas o 19 de xaneiro, e no quero olvidarme daqueles que por cousas da vida non podedes vir e sei que de verdade sentides perdervos esta celebración, así que a primeira copa vai por vos.







1 comentario:

Estherciña dijo...

Se vas o San Amaro deixalle dito o gaiteiro...
que se presente no Castro o dezanove de xaneiro...
e recordade... a primeira copa, VAI POR MIN !!!!!! VIVA O SAN SEBATIAN E VIVA CASTRO CALDELAS !!!!!