miércoles, 17 de noviembre de 2010

COUSAS DO CASTRO


VIVA O SAN SEBASTIAN, OS FCHÓS
A PEÑA ORGULLOSA DE CALDELAS




O ESCUDO DO NOSO EQUIPO


OS PRIMEIROS CABEZUDOS

PROCESIÓN DOS REMEDIOS

OS CABEZUDOS

XUVENTUDE COA TRADICIÓN

O CASTRO DE TROULA



VIRXEN DOS REMEDIOS



MEDIADO

PERO SEMPRE CHEO


COMOI FOI

COMO É



SOMBRAS DO CASTELO

 
CALDELAS CON TORMENTE

 
OS QUE FIXERON CANTEIRA

RAZA CALDELÁ
M

OS QUE EMPEZARON

OS QUE SEGUEN COA HISTORIA


martes, 16 de noviembre de 2010

Queridos amigos a nos danos o mesmo verán que inverno, que uns se casen pola igrexa e outros por idiotas, que chova ou que neve, que mexes e non a sacudas, que seas feliz ou casado, pois no Castro sempre temos algo que facer, ou a caso non é un espectáculo ver unha partida un sábado chuvioso pola tarde na que se enfrentan o Milito contra o Deivi chamándose calañas, ou que mellor espectáculo que xogar un Cabrón un domingo tendo o Lalito inspirado , ou ver o cegato do noso presi decir que ten que ir o oculista pero que non ve o momenteo, ¡esto si que son espectáculos!, e ademáis totalmente gratis.

O MÁIS GUAPO DA PEÑA
Xa estamos en novembro, moi cerquiña do Nadal, pensaredes que este é un mes aburrido pero ós da nosa peña encántanos esta época do ano,¡ pero moito mellor que o verán!, pois xa temos viño novo, e nos outra cousa non pero darlle o viño encántanos,tamén nos encanta coller choupíns, patamelas e cogordos, cousa que no verán a xente prefire mellor ós cus delgados que ós cugordos e tamén no verán en vez de buscar patamelas e choupíns, os que teñen choupín buscan pametelas.



E para que continue o espectáculo vamos celebrar, para non fallar a xuntanza de novembro, que vai ser organizada polo avo da peña Julio, e polo fichaxe de inverno Martín os cales nos van preparar unha cea na que se nos van quedar as caras largas como a do Topi





Nesta xuntanza imos tratar temas importantes de caráter mundial polo que como podedes ver nesta foto o presidente da nosa peña púxose en contacto por videoconferencia co presidente dos americanos para que veña a nosa cea, pero dixo que non podía vir pois tiña unha tina de roupa os topes para planchar, ven se sabe que esta xente sempre está ocupada, o que sí me dixo é que lle dera un saudo o Toupiño, xa que como ven sabedes estivo co Obama na Casa Branca en septembro, e temén dixo que para próxima vez que en vez de invitar o Toupiño que lle deixou o xardín cheo de buratos, que lle mandemos o Poluto para ver si lle arregla o riego que lle jodeu o Topi.






Pois eso, o día 20 deste mes temos xuntanza, e dicir: cear, beber máis cos peixes do villancico, cantos inda que o fagamos peor que o Pato Donald comendo polvorons, e o rematar troula, eso sí deitarse cediño que o día seguinte, moitos teñen que xogar uns co Caldelao, un co Parada, e os outros a cumplir coas mulleres, amantes, animais

 E para rematar un consello sobre as infidelidades: tranquilos os cornudos, pois o duro non é aguantar o peso dos cornos senon ter que manter a vaca, ademáis hoxe a fidelidad solo se ve nos equipos de sonido






Un saudo a todos, e xa sabedes:


¡ ninguén é perfecto!


Atentamente NINGUÉN

lunes, 18 de octubre de 2010

XUNTANZA DE OUTUBRO


Amigos, enemigos, inquisición, celestinos, criticos, seguidores,….os membros desta peña vamos celebrar o sábado 23 de outubro a xuntanza correspondente deste mes, os encargados de organizar e intentar superar outras xuntanzas son Deivi e Martín.

Nesta xuntanza igual que noutras un dos obxetivos que temos ademáis de tratar temas trascendentais para a humanidade tratamos de demostrar que os do Castro somos seres diferentes, pois tanto nos ten un mes que outro, danos o mesmo unha estación que outra, igual nos da ovella que o Lalito, tanto nos ten o Marqués que a Duquesa de Alba, tanto nos ten gasolina que electricidade (menos o Topi e o David)…

E que nesta vila sabemos interpretar as cousas, o que quero dicir e que as cousas son diferentes según no contexto que te atopes, para que o entendades vouvos por un exemplo do gremio do presidente da peña: pois non é o mesmo facer de carteiro nuha película normal que nunha porno, pois na peli normal o carteiro entra deixa a carta e vaise, pero na porno o carteiro saca o paquete e…bueno…tamén se vai. E que nesta vila somos diferentes e soamente un do castro ou os que pasan moito tempo nesta vila saben o que
queremos dicir:

Un caldelao non te chama por teléfono … DACHE UN TOQUE!

Un caldelao non sauda … DICHE BOAS!!

Un caldelao non se cae … ANALIZA A CIRCUSTANCIA!

Un caldelao non se enamora … ESTA ENCONADO!!

Un caldelao no trata de convencerte … COMECHE A ORELLA!

O caldelao non concerta unha cita cos seus amigos …QUEDA PARA VOTARSE UNHAS RISAS!!

Un caldelao no da bicos … COMECHE A BOCA!!

Un caldelao no bebe moito … ÉNCHESE!!

Un caldelao no é que non o entenda … NON O PILLA!!

Un caldelao non che da a espalda … MANDATE Á PUTA MERDA!!

Un caldelao no te chama a atención… PERO QUE ME ESTAS CONTANDO NENO!

Un caldelao non se relame … DICE SOBOME!!!

Un caldelao non se inmuta … BOH!!!!!!

Un caldelao non acariacia … SOBA

Un caldelao non molesta … É UN XOVES!

Un caldelao non se alimenta … ÉNCHESE COMO UN PORCO!

Un caldelao non golpea… SOLTACHE UNHA OSTIA!

Un caldelao non traballa a tope… TRABALLA COMA UN CAN!

Un caldelao non se impresiona … NON TE TIRES…

Un caldelao non sufre de diarrea… TEN O CU QUE VOTA LUME!

Un caldelao non corre a toda velocidade… SALE FOSTIADO!!

Un caldelao non se rie a carcajadas … DESCOJONASE!!

Un caldelao non é un bon tio … É A OSTIA!

Un caldelao non dice vou e veño… SABES CANDO VAI PERO NON CANDO VOLVE!

Un caldelao non está cansado… TA FEITO UNHA MERDA!

Un caldelao non ve unha moza fea… VE UN BICHO!!

Un caldelao non fala claro … SOLTACHO NA PUTA CARA!

Un caldelao non é calquer cousa … O CALDELAO É UN SER ÚNICO E EXTRAORDINARIO



Por que ser do Castro é diferente



Eu NoN qUrO qUe Te PoÑaS aSí






jueves, 16 de septiembre de 2010

REMATOU O VERÁN

Queridos amigos, xa sei que moitos estades de depre, pois vaise o verán, o sol xa non pega con tantas ganas, os corpos morenos vóltanse máis branquiños, as mozas xa se tapan máis, ¡ sí  colegas sí! Parece que o rematar as festas dos Remedios paralízase o Castro, pero tranquilos, non vos desanimedes, pois quedamos os mellores, os que mantemos a fama desta vila, e espéranos un inverno cheo de movidas como Os Fachos, un renovado Caldelao que nos vai dIvertir todos os fins de semanas, as xuntanzas que facemos a nosa peña que lle da ambiente unha vez o mes, os nosos gaiteiros que se forman durante o ano. etc, etc.. xa vedes que non vamos ter tempo ni de tocarnos o pipi
Os membros da peña Eu NoN qUeRo QuE tE pOñAs AsÍ este mes xa vamos facer a xuntanza o último fin de semana do mes par celebrar o final do verán, van ser Toni SEUR e  o noso xouman Toupiño os encargados dos preparativos da xuntanza. Quero puntualizar que os nosos membro Toupiño e Poluto costounos moito retelos nas filas da nosa peña, pois despois da su estelar actuación nas festas, artistas importantísimos como Cañita Brava, Milín, ou o coro do manicomio de Toen  quixéronse facer cos seus servicios.
Eu sei que as veces os membros da nosa peña cando saimos os sábados as noites depois das Xuntanzas-Ceas non nos entendedes pois coase sempre pensamos coa cabeza pequena, vou a darvos unhas claves para que comprendades o que realmente queremos dicir:

as apariencias engañan
  • Que guapa ves hoxe = Quéres ir deitarte conmigo
  • Imos un día o cine? = Hoxe non se me levanta pero maña gustaríame deitarme contigo
  • Queres ir a cear mañá? = e despois gustaríame deitarme contigo
  • Queres bailar? = e despois gustaríame deitarme contigo
  • Queres tomar unha copa? = e despois gustaríame deitarme contigo
  • Estou aburrido = vámonos a cama?
  • Onte estiven pensando moitoi en ti = estiven pensado coa cabeza pequena
  • É moi simpática a tua amiga = Quero deitarme con ela
  • Solo a ti te Quero!!!! = vamos deitarnos xa
  • Véxote diferente = Estás engordando
  • Falemos = Estou tratando de demostrarche que son unha persoa sensible a ver si despois podemos ir a cama.

En fin non o tomedes a mal, xa vedes que os homes somos como Cuba, gobernados por un capullo.

E para rematar, xa sabedes o que vos digo, pase o que pase, veña o que veña, Eu NoN qUrO qUe Te PoÑaS aSí, e levémonos todos como can e o gato ( pero o de esta foto)


martes, 31 de agosto de 2010

FESTAS DOS REMEDIOS

PROCESION DA VIRXEN

  • Estimados Caldelaos xa se acerca o final do verán, pero inda non é momento de facer balance das vacacións, nin contar as chispas que pillamos nas festas, nin de mentir co número de polvetes, …. ¡ non amigos non! Inda non é o momento pois quedan as Festas dos Remedios, donde as estadísticas pódense romper, donde si escoitas a frase ¡ abaixo co alcohol! é que está berrando o veciño do sótano, donde se reza Benaventurados os borrachos por que eles verán a Deus duas veces, o que quero decir que esta é a nosa festa favorita, é o o gran colofón final do verán.
O NOSO IRRIO

  • Queridos seguidores que non sodes desta terra, inda que estemos en crisis vinde a festa desta vila, aquí non temos miseria, os de caldelas sempre temos un sitio para invitar a cear a un amigo, ou de invitar a unha copa,e o que queira disminuir o número de pobreza no mundo que se coma a un pobre, pero que veña a festa

  • Todo empeza a gran noite das bandeiras, donde non se pode romper a tradición de colocar as bandeiras e de colocarse os caldelaos, donde os airiños de caldelas amenizan polas capelas da vila, donde non se pode romper a tradición da bica e o licor café, donde non se pode romper a tradición do Roquiño caendo da escaleira, e tampouco se pode romper a tradición de cando chegan as sete da maña e nos di o Poluto: Inda é cedo para marchar para casa, temos que aguantar para esperar a banda e pillar o IRRIO, polo que é o momento de aplicar o que decía un famoso científico “dame un punto de apollo…e bebereime outra copa”, xa vedes que as tradicións son para cumplir.



XA CHOVEU
  • E xa pola mañá vamos tanto os que madrugan como os que non se deitaron a esperar a banda e os nosos gaiteiros, pois en caldelas podemos presumir de boas gaitas. Unha gran representación da peña Eu NoN qUeRo QuE tE pOñAs AsI aguantamos así ata hora de comer, e logo unha siestiña para pola tarde voltar a carga.


  • Pola tardiña xa é o momento da festa, donde reservamos un ratiño para bailar, uns coas súas mozas e mulleres didiante da orquesta, outros coas mozas dos demais, outros coas mozas de todos, en fin, xa sabedes que cada muller é un mundo, por eso que facede turismo .


    INDA É CEDO
  • Logo volve a verbena, e as sete da mañá , ¿sabedes quen di, “inda é cedo,temos que aguantar para esperar a banda”? pois sí, outra vez o noso colega Poluto, e inda que cada día que pasa aumentan a mulleres pequenas, e dicir as baixas, van aguantando algúns, eso sí, se o último día pola tarde vedes a un tipo coas mans nos bolsillos, capucha na cachola, paseando do Castro ata a piscina non vos asustedes, este é o noso Toupiño que se lle rematou a hierba-luisa.


 







En fin amigos que disfrutedes moito nestas festas


E para rematar vou a darvos un consello en duas palabras que vos van abrir moitas portas: Tire e Empuxe

Eu NoN qUeRo QuE tE pOñAs AsI

                                                                                                                                                                                                    

jueves, 19 de agosto de 2010

CEA XUNTANZA MES DE AGOSTO

Qué hay de nuevo viejos?,
para os que pensastes que a peña Eu NoN qUeRo QuE tE pOñAs AsÍ este mes de agosto se olvidaba de facer a xuntanza do mes, MEEEC FAALLO, pois aquí estamos outra vez, así que queridísimos seguidores, animais, pagafantas e toristas o vindeiro sábado vamos a proceder a facer a xuntanza correspondente deste mes de agosto, a organización vai a cargo do presidente da peña alias Orlando, e do Deivi o que últimamente sae en tódolos medios deportivos deste país, coñecido como o Valdano do C.D Caldelao, o lugar escollido vai ser uns dos sitios máis tradicionais da nosa vila, no LELO.

A fecha que escollemos é coincidente co festival PONTE LOUCO pois nos somos ferventes seguidores de un evento que ano tras ano se supera, polo que queremos felicitar o gran traballo dos organizadores que son os verdadeiros artistas deste evento, outra razón é que na nosa peña sentímonos moi identificados coa segunda parte do nome deste festival pois xa vedes que se vos pregunto, cómo está o Toupiño, ou o Lisardo, cómo está o Chapi, o Orlando, o López…? Pois como di a palabra do festival LOUCOS.


Como nos somos xente responsable queremos darvos un consello para a noite deste sábado, como vamos troulear ata altas horas da madrugada aconséllovos que levedes condóns non sexa que pilledes cacho, e aparezca cachorriño, e por eso vouvos dar as marcas de condóns que se adaptan según cada pixa: -Preservativos Pringles: ¡Cando fas pop, xa no hai stop!
-Preservativos M&M\\\’s: desfanse na túa boca, non na tua man
-Preservativos VISA: Nom salga da casa sin eles
-Preservativos Duracell: … e duran, duran, duran, duran….
-Preservativos Evax: Nin se moven, nin se notan, nin traspasa…
-Preservativos UEFA: The Chaaaaaampioooooooonnnnnnssss…
-Preservativos Petit Suise: A mi de pequeno dábanme dous
-Preservativos Coca Cola: a Chispa da vida
-Preservativos RedBull: danche Aaaaalaaaasss…
-Preservativos Pescanova: O bon "sae" ben
-Preservativos San Miguel: Donde vai, Triunfa
-Preservativos McDonald\\\’s: Oferta, 2×500
Nunca está demáis levar protección, máis vale que che caduquen na carteira como nos pasa a nos.
Para rematar queridos amigos, nos o finalizar a cea iremos polas capelas a tomar unhas, ou mellor dito moitas copas e eu aconséllovos que fagades o mesmo que nos, saide a tomar uns vasetes cos amigos, pois o que fai isto VIVE:
· Menos triste.
· Menos deprimido.
· Menos tenso.
· Menos pelexado coa vida.
Pensa nesto, e… Si vas a conducir…..no bebas.
Pero, si vas a beber….. ¡CHÁMANOS!
eU nOn QuRo QuE tE pOñAs AsÍ

viernes, 6 de agosto de 2010


LA CENA DE AGOSTO:


Como es bien sabido, el sol y el calor provoca reacciones y cambios hormonales en todos los mamíferos


y claro, nosotros también somos unos mamíferos de cuidado, con lo cual, la cena que se apróxima puede ser de las que hacen época.


Tenémos mucho que celebrar: que seguimos siendo amigos, que seguimos teniendo fuerzas para reirnos de casi todo y de casi todos (con lo difícil que eso es hoy en dia), y que llega el PonteLouco. Fiesta como su propio nombre indica hecha a nuestra imagen y semejanza.




Además como dice la canción:


LOS DE CALDELAS SOMOS LA OSTIA.......
























...VIVA LA MADRE QUE NOS PARIÓ.....


























...... Y SI UNA CHICA NOS PIDE UN BESO...... LOS DE CALDELAS LE DAMOS DOS....¡¡¡¡¡















Seguíd bien, disfrutando de la vida, que es muy corta.... y recordando siempre que si te van a pagar igual si te ries o si lloras.....pues coño.... RIETE¡¡¡¡¡¡¡

Un cordial saludo y hasta la próxima.

miércoles, 14 de julio de 2010

Estimados seguidores da nosa páxina, neste mes de xullo, para non perder as costumes témonos que xuntar outra vez os prestixiosos persoaxes da peña EU NON QUERO QUE TE POÑAS ASÍ, o lugar que vamos escoller para o evento deste mes vai ser Valilongo, os encargados da organización son o noso amigo Milito que é o home que eu ven sei que lle gustaría contratar a correos xa que cando ten as cartas asegúrovos que non as perde, o outro membro encargado é Laxe, o cal nos deleita coa canción “DE PO,FE.RRA,DA A CA,BRE,RA…..) todas as xuntanzas,sempre acompañado pola voz insolente do noso Toupiño.

Nos como vos deportistas que somos vamos adicarlle esta cea-xuntanza a selección Española por gañar o mundial de Africa, inda que xa o celebramos o domingo na nosa vila do Castro tamén queremos facelo coa peña, ademáis por petición expresa do Marqués tamén imos adicarlle a cea a Shaquira esa, non polo que canta sinón por outros motivos. En fin nestes tempos de crisis inda menos mal que nos dan alegrías os nosos deportistas pois o Rafa non lle gaña ningúen a raquetazos, o Contador ese, é o que máis rápido sube, pero non solo na bici senón tamén o contador da luz, a selección está que se sale.... etc pero o que máis lle alegra o Maequés e isto ( PERO QU BEN CANTA)


Cambiando de tema, ou voltando o mesmo quero avisar a todos que o día elexido para a cea é o próximo sábado, así que pola noite atoparédesnos como sempre en condicións de moita carga, e que nos somos como as prostitutas que son señoras que cando se desvisten quedan en roupa de traballo. Andaremos como sempre intentando catar o sexo contrario ou incluso o mesmo, pois xa se sabe que en tempos de crisis….en fin, ademáis un pene pode ser feminino ou masculino, se mide máis de 12cm é pene, pero se mide menos de 12 entón é unha pena, e na nosa peña abunda o 2º caso, pero neste caso sempre nos queda o dito de EL TAMAÑO NO IMPORTA.

En fin amigos disfrutade do verán e recordade que “existe un mundo mellor pero é moi caro”

¡ POR QUE ESTO ES ÁFRICA!

martes, 22 de junio de 2010

O DÍA DESPOIS DA CEA


Queridos colegas e menos colegas, nenos e nenas mozas e amantes, curas e fillos.... seguro que estades deseando saber os pormenores da nosa última xuntanza celebrada o sábado19 no Parador de San Xulián no que fomos atendidos xenialmente polo camarero espectáculo Xose Manuel, así que vou tratar de contarvos as cousas que se podan e deixar intuir as que non se poden.

Asistimos a cea prácticamente todos exceptuando o Asturiano, Modestito e o Herminio que faltaron por causas de forza superior, pero tivemos un invitado, o cuñado do noso Lisi coñecido mundialmente por Robertiño de Valilongo.

Todo comenzou normalmente, chegamos o restaurante, primeiro os saudos entre os que non se ven asiduamente, logo inda coase non nos tiñamos sentados e xa faltaba o líquido de sete botellas de viño, eso sí, o noso invitado Roberto como bon deportista que é non quixo nin unha gotiña de viño, así que se mandou para comer directamente os cubatas, como podedes ver o noso invitado non desentoou nada, bueno, non desentonou bebendo por que o que é cantando debe ser da mesma escola co cuñado.

Volvendo o tema, foi chegando a comida, 1º os langostinos, depois pulpo ( animal co que nos sentimos moi identificados na nosa peña), logo viñeron uns percebitos que foron collidos polo Polu na Abeleda, pois aproveitando que o sil vai con pouca auga atopounos pegados nuhas rochas o lado das viñas, polo visto estaban no mesmo sitio donde trouxo o bogavante que papamos na cea anterior, este bogavante seica estaba cagando detrás dunhas xestas e o Polu díxolle” por marrau vámoste a papar metido nun arrociño”, pero tranquilos que o Polu é un rapaz curioso e limpouno ben cando o animal rematou de facer as suas necesidades. O outro organizador da peña dixo que non quería ser menos co Polu así que tamen se decidiu a pescar, pero o único que pescou foi o mesmo que o resto dos membros da Peña, merlucitas fresca, xa se sabe que nos somos pola noite xente de pescado.

Pero o momento estelar da noite foi xusto antes de que nos trouxeran o cabrito, pois o Deivi ante a emoción dunha das súas cancións favoritas, (e digo súas pois non a coñecía nin Deus ) votou a andar por encima da mesa, digno dun malabarista pois non lle tocou a nada. Gracias a esta maxestuosa actuación do David o noso amigo Milito pode presumir dunhas abdominales como o Cristiano Ronaldo, pois votou rindo ata o domingo a tarde.


Logo como sempre ronda de cancións, despois suxerencias dos membros, pagamos, e o mesmo ritual de sempre, Tio Elías vai de primeiro non por ser o máis rápido seno por que é o que menos carga levaba, co noso tío os de tráfico teñen menos futuro que un paxaro con vértigo.
O chegar o Castro fixemos a famosa ruta polas capelas, pero en pouco tempo o rebaño foise desperdigando, uns por sono, outros por medo, outros por moito valor, o noso invitado Roberto colleunos medo e escolleu as de Zaragoza pois xa se sabe que en caso de jaleo máis vale MAÑA que forza.

Esto é o que vos podo contar da nosa xuntanza, e non lle preguntedes a ningún do membros da peña máis detalles do sucedido, pois non vos van a contar nada, non por que sexamos xente discreta senón por que non creo que se acorden de moito máis.

Esta última copa vai por vos