jueves, 28 de enero de 2010

UN MES MÁIS

Queridos, estimados e recordados seguidores, éncheme de ledicia anunciarvos a próxima xuntanza-cea de febreiro, que por certo xa é a nº 23, esto digo, por que inda quedan incrédulos que nos escriben dudando de que durásemos tanto

A receta para que unha peña dure tanto é ser amigos independentemente de:




  • que uns sean guapos ( como Toupiño)
    e outros feos ( como Miki );














  • que uns liguen máis que outros;







  • que sen máis anchos( como Modestito, o Marqués..) e outras máis estreitas;








  • que uns sean máis elegantes e outro menos elegantes



; que uns a teñamos máis larga que outros,

tamén nos da igual a edad, a política, as pelis porno,… en fin que somos colegas e ademáis admitimos novas incorporacións, de feito xa fichamos a un asturiano cojonudo ( xa se sabe que galegos e asturianos somos primos hermanos, pero eles son os primos)



Esta xuntanza organiza voluntariamente o noso colega asturiano, e vámola celebrar en Ourense o día 13 que por si fose pouco é carnaval, van saber os da capi o que é disfrazarse ( para temblar ), o sitio vai ser sorpresa que vos desvelaremos na próxima entrada.

Tamén optamos por facer a cea fora do noso querido pobo para darlle descanso as persoas, animais, cans búfalos e resto de bichejos que inda non se recuperaron do susto que levaron na cea feita en decembro, cando viron a un monstruo baixando do toural monte a través facendo eses e se meteu no baño do Luar botando un combate a morte co marco da porta; a xente o velo decían ¿ é un monstruo?, ¿ é un papauntos?, ¿ é un oso en celo? ¡ NON AMIGOS NON ese é o MODESTITO!




E para eses incrédulos que nos insultan voulles explicar nesta ranchera o espíritu da nosa peña: ( como non lle podo por música recomendo que en vez de leela a cantedes coa música de JUAN CHARRASQUEADO ):


Vou a contarlles un corrido moi mentado
O que pasou na facenda de caldelas
A leda historia de unha peña de chalados
Que son borrachos parranderos e xogadores

Chispas nos chaman e nos apodan os da peña
Somos valentes e arriscados no chingar
As rapazas máis bonitas nos levamos
e nestes campos non deixamos nin un toxo

un sábado que nos estábamos chispando
o Lalito correunos avisar
“ tede cuidado que por ahí ándanvos buscando
Son moitas mozas non vos vallan a violar

Non tivemos tempo de montar nos noso bugas
Tangas en man zapárosenos de montón
“ estamos chispas lles berrába e son bon galo
Cuando o Marques as as atravesou coa pistoliña

Aquí remata esta corrida tan espesa
Da leda historia da nosa peña de Caldelas
Que nos creemos deste pobo consentidos
e somos borracho, parranderos e burladores

CHIN PON



En fin a pesar das diferencias e por moi animales que seamos na nosa peña SOMOS AMIGOS, xa o dice o noso presi cando está chispa “ esto é o máis bonito que hai”



EU NON QUERO QUE TE POÑAS ASI

jueves, 21 de enero de 2010

MILAGRO¡¡¡¡¡ MILAGROOOOO¡¡¡¡¡ Pasou a semana dos Fachós e seguimos todos vivos... bueno, uns máis que outros, pero vivos ao fin e o cabo¡¡

Sei que a vos que xa sodes miles e miles os fans da nosa peña, homes, mulleres, nenos, nenas, pitos, pitiñas, gatos e gatiñas, a todos, dígobos que non poidemos escribir antes por causa de forza maior. Unha leve jaqueca (que é como a xente fina lle chama a resaca) impediunos escribir ata o de agora para dar cumplida conta do acontecido na cena, desta nosa, e vosa amada peña.

Pois como e ben sabido, debido a causa de forza maior, cenamos no Pallón cando a cena estaba programada na bodega do Poluto. Digo causas de forza maior, porque realmente non teño nin puta idea de porque cenamos no Pallón e non na bodega do Poluto, pero eso é o de menos. Con tal de non mover o coche o que faga falta...

Xuntamonos a eso das 22.00, cando o Madrid xa viña de perder co Bilbao, e todo hai que dicilo o Modestito cumpliu a orden de alexamento e permaneceu afastado a mais de dous metros da botella de herbas en toda a noite. Foi todo coma sempre, reinou a camaradería, e a concordia, e as cancións que a forza de practicar cada día son mellores. Mención expecial merece a rapaciña que nos atendeu (que pacencia ten). A nosa amiga Marta chegou nun momentiño e dixonos que desafinabamos cantando "ASTURIAS PATRIA QUERIDA"... Filliña, que dios che conserve a vista que o oido xa o perdiches.... DESAFINABAMOS EN TODASSSSS¡¡¡¡.

Unha gran rapaza que sustituiu con grande honor para ela a unha figura clave na nosa peña como é o Cuchú. Pero a Marta sustituino perfectamente no momento de cantar o himno da peña. Pero tamen, para decir a sua frase tampouco hai que romperse moito a cabeza.

Todo estibo xenial, e afortunadamente para elas, as gafas de don Manuel, conseguiron rematar vivas a noite a pesar de un amago de rotura..... sempre hai cousas¡¡¡¡¡....

Como dixo un Anónimo nun comentario, a peña vai durar pouco. E dicimos nos, o importante e o que dura dura, e xa vai durando máis de dous anos.. Dous anos de troulas, dous anos de concordia, dous anos de amizade, e centos e centos de litros de viño mexados polas nosas braguetas. Cada máis e mellor....

Pero claro, unha persona normal iríase a cama cediño para descansar algo e estar en plena forma para os Fachós.... pero nos non somos normales... noooonnnnn¡¡¡¡
Somos completamente anormales¡¡¡¡ E claro continuamos coa farra hasta altas horas da mañá sin acordarnos que esta semana tiña dous sabados e dous domingos....



Aquí temos o responsable dos Fachós.... e non é o Notario nin o Guerra, non, e o San Sebastian, patron do noso pobo amado, e miembro honorario da nosa peña. Hai unha lenda non comprovada que dice que o santo matarono por acabar el só coas reserva de licor de herbas de todo Castro Caldelas... Orlandiño, Modestito... xa podedes correr¡¡¡¡

E claro empezou o lume, empezaron os chourizos (os de comer se entende), empezou a correr o viño, e claro unha cousa levou a outra e estes son os resultados:

Aquí temos o Chapi comprovando como lle vai o pulso.... TU SI QUE VALES¡¡¡¡¡.


E comimos chourizos, e pasamos por todas e cada unha das parroquias de rigor, deixando a nosa alegría por todas e cada unha das barras das parroquias de todo Castro Caldelas. Sin olvidar nunca quenes somos, donde estamos e para que viñemos.... Somos a peña Non quero que te poñas así, estamos na nosa casa, en Castro Caldelas, e viñemos a divertirnos¡¡¡¡


E si tedes algunha duda:



O fondo está o ex-miembro Lalito, que ahora ten "amigos" en Trives... En primer término esta un xamón, e detras do cuchillo está escondido o Lisardo.



Esta foto xa o dice todo... Si este é o presidente da nosa peña, xa nos podemos facer unha idea de como son os demáis.... pois uns alegres trouleiros, e simpáticos borrachiños¡¡¡¡¡ E a da esquerda é unha rapaza da que non nos lembramos de como se chama, pero que tiñamos que poñer unha foto sua, xa que a maioría das fotos desta entrada foron sacadas do seu perfil de facebook... jejejejeje

Temos jeta síiii...... pero con simpatía....

Deseandolles o mellor aos miles de millons de lectores e lectoras que non teñen outra cousa que facer que perder o tempo leendo o que nos vivimos.... e dandolle unha cariñosa aperta a Sonia (de amigo, e Lisardo, non te enfades) despídese este humilde seu servidor. Que non ten nada de humilde e ningunha gana de servilos¡¡¡

Un bico, un abrazo e hasta outra troula¡¡¡¡ VIVA SAN SEBASTIAN..........¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡
(habíá que dicilo)

jueves, 14 de enero de 2010

XUNTANZA MES DE XANEIRO




Estimados, queridos, seguidores, detractores, animais, monstruos e persoas que tedes as pelot… ¡ perdón ¡ quero decir o valor de ollar estes textos e fotos que colgamos, congratúlame anunciar a primeira xuntanza do ano 2010 organizada polo noso querido Tío Elias e o noso amigo Polu.



A data elexida para este primer evento do ano vai ser o sábado 16 de xaneiro, vamos adicarlle esta cea, como vos feligreses que somos, as capelas de caldelas, capelas que nos frecuentamos tan gustosamente a do San Taberna Arturo, A do San Bar Castro, A do San Pousada Vicente Risco ( na que está o seu santiño Modestito), o San Bar Rubio, o San Grilo, a Hermita Luar , tamén teño que nomear a capelas que nos fixeron pasar momentos inolvidables como e A Catedral Valilongo a que pertence o obispo Monseñor Chapi…e perdón si se me pasa alguna.









Na nosa peña somos xente devota, e nas capelas temos presenciado verdadeiros miragres: …o do Modestito comberteu o viño da última cea en auga ou polo menos veveuno como si a fose; ou como explicamos o do noso avó Julio cos seus anos e inda aguante estes trotes, ou a caso non deixa de ser un milagro que os nosos tímpanos non sufran ningún dano a pesar dos cantos do noso colega Lisardo, ou non é algo misterioso que o noso Toupiño cruzara o Charco facer as américas sentado nun avión como si fose unha persoa normal, ou acaso non é algo do mais alá ver un toupo montado nun cabalo, qué clase de orxía é esta ….en fin esto máis que unha peña é cousa divina.

En fin todos estes santiños da nosa peña que non é o mesmo que ser vírxenes volvemos a carga este ano o sábado 16, esto vai servirnos como preparación para unha das nosas festas favorita OS FACHÓS pois nos temos fachós de todas as medidas medianos, pequenos, pequeniños e inda máis pequenos, estes últimos din sempre que o tamaño non importa que o importante é que as usuarias que os utilizan están contentas co lume que dan.
En fin vémomos o sábado na procesión que facemos polas capelas e cada un que meta o fachoncillo donde poda.

Somos uhs animais moi cachondos

viernes, 18 de diciembre de 2009

RESUMEN DA CEA DE NADAL

Nesta última cea celebrada o día 12 xuntámonos a gran parte dos membros da peña, a organización correu a cargo do noso gran cociñeiro e chef do Restaurante Valilongo Chapi e gracias a aportación moral de Toni; o lugar escollido para tal evento foi a bodega do noso membro Polu









...Chef Chapi acompañado de Toni organozou todo da seguite forma :







Para ter a bodega preparadiña fixémonos cos servicios de dúas camareras cotizadísimas e de gran experiencia, inda que non creo que sea no mundo da hostelería, o caso é que nos acondicionaron o lugar para tan gran acto,
A comida non foi tarea fácil xa que a nos gústanos saborear cousas diferentes, polo que contratamos o Barmancito de Valilongo, alias Jorje Vigueira que como é cazador prestóusenos para sair coa sua escopeta ( e para min que é recortada), a cazar nos perigosos monte os vichejos que logo papamos tan ricamente, como non tiña can de presa acompañouno a Eviña para recoller os animales que o amigo Jorje foi liquidando sen compasión.


(Estas dúas fotos foron realizadas despois da cacería, e como se di “donde pon o ollo pon o ovo” ou algo parecido )








Unha vez que tiñamos a comida, Chapi encargouse de que a cociña de Valilongo nos tivese todo preparadito para poder levar á ADEGA-POLUTO todas estas exquisiteces








...tamén teño que decir que o noso amigo Modesto e Milito acompañado polo surperheroe da peña axudaron a condicionar o lugar da cea













TATA TATÁ TATÁ ¡SUPER-DEIVI!






A ver si sabedes quén está tras a cortina? Empeza por ELI e trmina en AS









.. a hora da cea chegou e todos a papar:
























Esta foto non ten que ver coa cea pero a María díxome que tiña que por unha foto dela e aquí está:





¡ HUUI! ¡PERDÓN! confundinme de foto





Esta si que é:


..continuando co tema a cea foise animando, empezamos a cantar:
















..todos a brindar…

















..algúns puxéronse cariñosos… (Co despiste do biquiño limpoulle o animaliño que cazou o Jorje, que pillería ten este Marqués )















…según pasaba a cea, o viño foi desaparecendo, e as nosas queridas erviñas van facendo o seu traballo









sobre as dúas e media tres da mañá decidimos dar por clausurada a cea da maneir máis digna que o alpiste nos permitiu, fomos as capelas da nosa vila e fixemos alguna actuación que outra..










..algúns empezaron atacar o sexo oposto como animales..

...algúns tivero máis éxito que outros..


...cuando un está en racha

Tamén quero pedirlle as máis sinceras disculpas o marco da porta do Luar, pois o noso querido Modestito pasoulle o mismo que o Don Quijote cos muíños, pois deulle uns cabezazos nunha ferrea batalla, pero que quede claro que ganou Modesto, ademáis segun dixo Modesto esa noite: "o marco empezou primeiro pois o querer entrar púxome a zancadilla.."

  • Esto é un resumen da nosa cea, que como sempre conseguimos o noso gran e único obxetivo pasalo ben entre amigos, pois como dice o noso presidente o rematar todas as ceas ¡ ISTO É O MÁIS BONITO QUE AI ¡




Un saudiño a para todos aqueles que nos aguantades, e esta última copa vai por vos






BON NADAL

miércoles, 9 de diciembre de 2009

CEA DE NADAL








… NAVIDAD, NAVIDAD, DULCE NAVIDAD, ENTRE CANTOS Y ALEGRÍA LLEGÓ LA ….

Os membros da peña EU NON QUERO QUE TE POÑAS ASI dsexámos neste Nadal aparte dos típicos desexos de todo mundo para esta época, que si felicidad, amor, paz, saude, … que tamén están moi ben, nos desexamos outras cousiñas: bon papar, troulas nas bodegas entre amigos, sexo con ou sin amor, pois según están as cousas no vamos andar con esixencias…

Esta é unha época do ano moi feliz para os nenos que esperan que os Reis Magos veñan cargados de regalos, nos tamén somos un pouquiño coma nenos, a diferencia está básicamente en que nos estamos algo máis entrados en anos ( pero non moito máis ), e como todo bon meniño, os membros da Peña pedímoslle os regalos o noso Avó JULIO, e tamén o tio-ELIAS, eu concretamente voulle pedir para:

- o Marqués unha muñeca inchable algo máis moderna que a que ten, que teña desaugue e coa cara da Xaquira,
-para o Avó Julio concretamente voulle pedir outra muñeca pero non unha inchable o que lle pido é unha muñeca para a man dereita que a súa está bastante tocada
- para o Chapi teño que pedirlle un cacho de piroliña, e a ver si así lle devolve o anaquiño que lle prestou o noso presi Orlando
- para o Polu pido que lle traigan unha Ovejita lucera, pois desde que se descarriou a ovejita Lalo está moi triste xa que non ten quen lle faga VEEEE.. nin VAAAA…
- para Lage pídolle un látigo para poder defenderse da fiera chamada Deivi
- para o Modestito ( ji,ji,ji, mira que Modestito..) Necesita unha risa nova pois a que Deus lle deu de Heidi non se corresponde co corpo que ten de animal.
- para o Tío Elias pídovos que lle traigades unha carpa grande con un trailer pois é o único deste circo capaz de amansar a todas estas fieras da peña
- para o Milito un muñeco en forma de David para practicar Budú con agullas
- para Cuchú pídovos unha paloma, pois a canción ce cucurrucuchú non é nada sin paloma.
- para o noso crak Toni non pido nada pois este vai sobrado
- para o López pido un curso de cante, xa que é dos poucos que inda non se animan o canto
- para David unhas cartas trucadas para ver si é capaz de ganarlle unha partida o Mili
- o Herminio un curso de Ovella, pois eu creo que sería un susutito idoneo para as cancións do polu en susutitución da oveja Lalo
- para o Fredi pido que o seu xefe o deixe estar nas ceas, pois sen el falta un pe importante e sobran hervas
- para o noso Toupiño non vos vou pedir nada a vos, neste caso pídolle o Marqués que lle deixe a muñeca de vez en cuando, pero sin mariconadas
- para o amigo Lisi non pido nada xa que el é un dos paxes dos reis magos como podedes comprobar nesta foto




-E para min queridos magos de oriente Pidovos:

· SABIDURÍA PARA ENTENDER OS MEMBROS DA PEÑA
· AMOR PARA PERDOALOS
· PACIENCIA POLO SUS ACTOS

POR QUE QUERIDOS REIS MAGOS…
..SI VOS PIDO FORZA

…SI VOS PIDO FORZA…

¡ AS VECES METERÍALLES UNHAS OSTIAS QUE OS REVIENTO!

En fin espero que me traigan estas cositas e bon Nadal para todos

lunes, 23 de noviembre de 2009





PASOU A CENA DE NOVIEMBRE E SEGUIMOS VIVOS..........¡¡¡¡¡



Todo parecía indicar o contrario, había ganas de troula e o viño correu coma si o regalasen, e todo parecía indicar que algún non vería o dia próximo. Pero non, arriesgando a nosa propia vida, sometemonos a un experimento. E a resposta a pregunta ¿Canto alcohol é capaz de beber un home caldelao nunha noite?... constatamos sin duda algunha que a resposta é: MOITO.

A cea fixemola no Pallón, e foi tan ben coma sempre, e sobre todalas cousas o mellor e non ter que coller o coche. Eso da moita tranquilidade para os conductores que ahora sí, polo menos poden beber en lugar de mirar como beben os demais, mentras miran con desgana para un vasiño de Cabreiroá (facendo patría hasta coa auga). Como en todos os sitios trataronnos moi ben, a comida moi ben, e o viño , bueno o viño non demos tempo nin a saborealo¡¡¡¡ glup glup glup. Estaba todo moi bó.

É o plan era que o Modestito trouxese a camara de fotos para incluir algunha (as que fosen para todos os públicos) foto da cea. Pero claro, unha cousa son os planes e outra como salen. Tarxeta amarilla para o Modestito por chegar tarde. Tan tarde chegou que non deu chegado. Pero polo menos trouxo a camara e podemos poñer algunha foto do concierto no Rubio.



O concierto era de Mario Cea e do Tamariz, e na esquina da dereita estan o David e o Milito mui atentos mirando haber si se lles pega algo, que pa cantar xa esta o Toupo pero fainos falta un gitarrista...a gaita xa a toca o Presidente¡¡¡.










Sin comentarios... detras das mans está o milito, o David tocando a pandereta, e o tio Elias preguntandose: "e como dices que se chaman?, rock an qué".










E aquí esta o presi da peña dando exemplo, agarrado o Marqués do Couto ... pero eso non é cariño e necesidad. Si o solta cae¡¡¡ E temos tamén a Pepa, a nosa inspiración, unha das nosas escanciadoras de bebidas espirituosas que nos fan chegar o nirvana. Generalmente ten os ollos máis abertos, foi culpa da camara que estaba mal¡¡¡ .










Si señor, un home é un home e un gato é un bicho. Aquí temos o López mirando pá dentro, preguntandose quen carallo apagou a luz. E o Toni de Seur. Dous grandes pés desta nosa peña¡¡¡.











O Toupiño, resposable da banda sonora, pinchadiscos ocasional, parrandero, jugador (de futbol) habanero, mejicano, e o que lle voten, come de todo¡. TU SI QUE VALES¡¡¡¡















Ahora sí.... aquí temos algo que non se verá moi a miudo, o Modestito despeinado¡¡¡¡. Que bonito é o cariño¡¡¡.... E aquí temos a Cristina, a outra escanciadora de cabezeira responsable última da malloría das nosas inspiracións.........















Como que non creiades que o López iba abrir os ollos... ahí o tedes. E o Toño xa se empezaba a poñer nervioso, chegaba o seu momento estelar, iba a cantar acompañado de duas das mellores guitarras que pasaron por Castro Caldelas (quitando os Arquinos claro)









O que non consiga o Toño non o consigue nadie, o David levantouse das escaleiras¡¡¡, e o Milito demostrou unha vez máis que é un xenio no tute e no arte de NON sair nas fotos. O Elias sigue na mesma posición pensando: " Tache ben esto, si"

E o Toño agarrado a Cristina ESTALLE DANDO A ESPALDA O PÚBLICO¡¡¡¡¡¡..... Por esta vez pasamoscha pero a seguinte vez estas nominado. De todolos xeitos..... TU SI QUE VALES¡¡¡¡



.E vos diredes , pois non foi para tanto, hai moitas máis fotos, moitos máis momentos, moitas mais cousas que contar, pero como os vos magos, non podemos revelar secretos nin colgar fotos comprometedoras dos nosos amigos, eso sería desleal. Ahora ben si ven a Interviu con cartos...... jejejejejejeje...

Coma sempre, ainda non nos recuperamos de todo da resaca desta noite cando xa estamos pensando na seguinte¡¡¡¡¡ Esto o mellor non é felicidade, nin pretende selo, nin é unha forma de vida, pero nos pasamolo ben, non nos metemos con nadie... e disfrutamos da noite¡¡¡¡

IDE EN PAZ E QUE O SEÑOR VOS ACOMPAÑE.....¡¡¡¡¡



miércoles, 18 de noviembre de 2009

XUNTANZA-CEA MES DE NOVEMBRE



E xa estamos en novembro!, a xente que pensa que os mellores meses son os de xullo ou agosto é que non son de Caldelas, pois o novembro está cheíño de cousas que non se poden disfrutar noutra época nin noutro sistio, xa que temos as castañas co seu correspondente magosto, chouparros en forma de cogordos e patamelas, en fin máis vale unha boa castaña e un cogordo do mes de novembro que un cu-gordo en biquini no mes de agosto.


Dito isto queridos amigos compráceme comunicar que os membros, persoas, bichos e cagapoquitos que formamos esta tan honorables peña vamos xuntarnos o vindeiro día 21 para adicarlle esta cea os magostos, os cugordos en tanga, e a xente que sofre de diarrea e descomposición consecuencia da degustación masiva destes productos da terra.


Vamos celebrar un concurso que consiste en ver quen é capaz de coller a castaña máis grande, concurso o que invitamos a todos aqueles que queirades participar, inda que non vades ter moitas oportunidades xa que os membros da peña somos moi competitivos e levámonos preparándonos para o concurso todo ano, que a pesar de non haber magostos nin choupís, nin patamelas o resto do ano o que si conseguimos è pillar boas castañas e algun cugordo que outro.


A organización deste gran evento corre a cargo do Presi da peña e do señor Poluto, os cales intentaron mostrar as súas artes na cociña, pero o resultado dinos que mellor iremos cear a un restaurante.


A continuación espoño un ensallo que fixemos, paso a paso, para preparar a comida do día da cea ( non é moi recomendable ):

1.- primeiro puxémos a asar as castañas e un adobe o bicho con un chorriño de aceite de oliva.

2.- Pre-quentar no forno a 180 grados durante dez minutos.

3.- Servirse un vasete de hervas para facer tempo.

4.- Meter o carneiro no forno e votar as castañiñas.

5.- Servirse outro vaso de viño, bebelo e mirar o forno con ollos lixeiramente extraviados.

6.- Boñer o terbostato a 150 gramos, grabdos y esberar vinte binutos.

7.- Servirse odro vaso...

8.-Ol cabo de un drato, fornir el abro bara condrolar e boar un chodretón de año o qüisqui e odro de qüisqui a uno bismo.

9.- Darlle volta o icho e pillarse mau au cerrar oforno, ¡berda!

10.- Desbués de vinte binutosss, sagar o forno do ano e abradarse totalbente a ban, ¡Ufff!... deramar barte de sarlsa no rrsuelo e progurar no dresbalarse e esgornarzse gontra o pigo da encimedra e agabar coa bierna endre os babos.

11.- Alganzar a bodeia de qüisquid e mederse un targuiño.

12.- ¡Pufff!... non gueda qüirsqui ni bara agompañar a bierda do anño que xa sabliu. ¡Gue lle den bor gulo o annño, as gastñas e a sua buta mai!.

13.- Agostarsze e dorbir un drato atua que chueguen os uoutruos da peñia



Como vedes, o resultado da cea que preparamos non saiu, moi ben que digamos, así que o final a cea farémola no Restaurante Pallón, xa que nos o final desta receta o único que coseguimos preparar foi unha boa castaña.

ESTE FOI O CAMPEÓN DO CONCURSO DO ANO PASADO:



¡ E XA VAN 21 ¡

jueves, 5 de noviembre de 2009

NOVO FICHAXE

Queridos, estimados, e sempre recordados amigos, compráceme comunicar a incorporación dun novo membro a peña EU NON QUERO QUE TE POÑAS ASÍ ; Esta incorporación dase a que unha peña tan importante coma nosa, coñecida tanto nacional como internacionalmente precisaba dunha persoa, animal, ou aparato que nos levase o papeleo e contestar a tódolos escritos que admiradores seguidores pero sobre todo detractores nos fan chegar

Despois de buscar xente óptima que comulgase coas nosas ideas e ademáis que escribindo a máquina tivera máis pulsacións co corazón do noso querido avó da peña, a elección estaba clara O Lisardo (Lisi para las amigas), pois vendo o seu espectacular currículo é con toda seguridade o home con máis horas de máquina de toda provincia de Mazaira e parte de Estados Unidos.

Ademáis sabemos que é un home detallista,pois os compañeiros que xogan con el o fútbol din que deixa recados alá por donde pasa, eu son dos que pensa que si correos tivera un coma el sobrarían carteiros, xa que non existe ninguén que reparta tanto coma o noso novo membro. ( Eu defeito son un dos afortunados que pode presumir ter un detalle del no meu xeonllo dereito en forma de bota de fútbol ).

No seu currículo tamén aparece que ten casta de artista, xa que formou parte durante unha larga semana ( sobre todo para os oidos dos que o sufrimos )do coro Lembranza, o final tivo que abandoar esta afición, pois ou se canta ou se pide perdón pero todo non pode ser, non é que cantase mal, digamos que mais ben ten unha voz estruendosamente diferente. Polo tanto é perfecto para entoar as cantigas, alaridos ou ruidos que despois de cada xuntanza soltamos, xa que nos temos moito cantante destas características.

Tamén nos consta que igual que o resto da peña tenlle manía ás hervas e licores, pois nada ver botellas con estes líquidos fai tódolos medios posibles para que desaparezca.


En fin esta é unha pequena presentación do novo fichaxe, nos coma sempre non andamos racaneando pois facémonos cos servicios dos mellores coste o que coste, pois pagamos relixiosamente a cláusula millonaria a súa querida esposa.

¡E XA SOMOS 19!