lunes, 13 de junio de 2011

ANDA QUE NON PASOU TEMPO NIN NADA.....

Despois de cienes e cienes de cenas.... despois de acabar a liga de futbol, despois de que acabará a champions, despois de acabará eurovisión, igual non nos creedes pero SEGUIMOS AQUÍ¡¡¡¡¡

O Madrid de Mourinho non ganou a 10ª  pero da igual, xa caerá a decima. A nos a decima caenos cada cena e non pasa nada, nin que foran moitas 10 copas.... o Toupo e o Poluto solos suman moitas mais cada noite e sin contar todos os demais.

Xa sabes home, NON QUERO QUE TE POÑAS ASÍ.... ¡¡¡¡¡

Como sabedes, o Caldelao (e si non digovolo eu)  subiu a segunda regional, e como aquí cabemos todos, estamos todos representados, o Caldelao, o Parada do Sil, o Trives, e non pasa nada, nadie discute nadie se enfada... o caso e rirse, que cuando un se rí e que hai salud ou e que o un é tonto de todo.

A cena do mes pasado fixémola na casa do Toño en Montederramo, tarde, eso sí porque había que mirar primeiro si o Manchester ou o Barcelona ganaban a copa de Europa e o final para alegría de uns e desgracias de outros foi o Barcelona.  Os do Madrid podedes (ou podemos) conformarnos con esta foto, na que non está Christiano Ronaldo... pero tamen ganaban títulos:
O final seguimos sendo amigos, seguimos sendo caldelaos, seguimos sendo felices, seguimos amando como vivimos, con pasión, e con ganas.

E sí, tamen pasaron as eleccións, e si algún malintencionado dixo algunha vez que era unha peña de políticos e partidista recordade, nesta peña, estan o Lage e o López polo PP e o Modestito, o Toupo e o Poluto polo PSOE, e asegurovos que temos moitisimas cousas das que falar durante a cena, temos moitisimas máis cousas en comun que cousas que nos diferencien.

A próxima cena será en Valilongo, o dia do Rally e promete ser como todas, memorable, porque cada noite, cada dia, cada minuto que pasas o lado dun amigo, ese minuto, é un minuto memorable. Porqué como dice o noso presidente cando as herbas lle temblan na man:  "E QUE ESTO É O MAIS BONITO QUE HAI..."
O que lle leve a contraria pode acabar co vaso de sombreiro, pero ese é outro tema¡¡¡....

Esta peñinña de amiguiños, este grupiño de borrachiños, este grupiño de veciños que quedan unha vez o mes sin ningunha outra pretensión máis que rirse un rato; siguen vivos, máis vivos ca nunca, con mais ganas, con maís sede, e con mais fame ca nunca. SEGUIMOS AQUÍ... SEGUIMOS VIVOS.... E HAI QUE CELEBRALO¡¡¡¡¡¡

JAJAJAJAJAJAJAJA....  e o dito, como sempre, si lle faltei perdone, e : NON QUERO QUE TE POÑAS ASÍ¡¡¡¡...




jueves, 3 de marzo de 2011

CARTA DE UN PENE


Queridos amigos inda que este foi o mes máis Lisardín do ano, nos sempre atopamos un sábado para xuntarnos, pois a peña máis criticada e admirada, a máis querida e odiada, non pode pasar un mes sen facer a súa xuntanza correspondente.






Nos que sempre estamos dispostos a solucionar problemas, nesta xuntanza tratamos unha reclamación feita por un pene dun dos membros da peña, pois fíxonos chegar unha carta escrita por el mismo con tinta blanca sobre papel negro, SÍ AMIGOS SÍ inda que parezca cousa de bruxas o pene deste membro da peña sabe escribir ademáis de outras cousas, non vou dicir a quén pertence este pene pois debido a que curra moito non que re que ningún coello dos que ten cazado se sinta ferido. A continuación podedes ver a carta solicitándonos a peña que lle demos unaha paga:











“EU O PENE DO ….PIDO UN SALARIO A PEÑA Eu NoN qUrO qUe Te PoÑaS aSí POLAS SEGUINTES RAZÓNS:

 EXECUTO DESPOIS DE QUE O MEU DUEÑO SAE DA CEA DA PEÑA UN GRAN TRABALLO FÍSICO

 ESTE TRABALLO FAGO A GRANDES PROFUNDIDADES

 TRABALLO DE CABEZA

 O LOCAL ONDE ME METE O MEU DONO A TRABALLAR É HÚMEDO, OSCURO NE SEN VENTILACIÓN

 QUE RO ADEMÁIS HORAS EXTRAS E PAGA DE UN COMPLEMENTO POR NOCTURNIDADE

 TRABALLO A ALTAS TEMPERATURAS E EXPOSTO A ENFERMIDADES CONTAXIOSAS

 ESTE TRABALLO FAI QUE A CABEZA NO PARE

 E INDA POR SI FOSE POUCO CANDO O MEU DONO NON QUEDA SATISFEITO CO TRABALLO MÁNDAME AS MANS O PESCOZO.



Xa vedes que a cousa non foi para broma

Cambiando de tema, decir que esta xuntanza foi organizada por Laxe, o lugar escollido foi Montederramo, e como para non faltar pois comimos ben, bebimos moito, cantamos máis do que quixeran escoitar os veciños de Montederramo, e o rematar regresamos a nosa querida vila para seguir a troula, teño que drecir que por culpa desta carta que enviou un pene, fixo que os demáis penes da peña se levantaran ( uns máis que outros) para facer tamé as súas reclamacións, que por certo foron de todo tipo, pois uns pedían poder traballar algo, outros que non se lle metan no seu territorio, outros penes que xa pasaban de currar pois xa pasan de levantarse,,,etc..

En fin amigos, si se vos revela algunha parte do corpo o meu consello e que a cortedes para non ter problemas, sobre todo para que non se metan onde non deben, aquí vos deixo un KIT PARA REDICIR O ESTRÉS, por si vos fai falta:



Bueno queridos seguidores e detractores, o mes que ven esta peña está de cumple polo que teremos sorpresas, e por certo os regalos admítense con moito josto, para rematar aquí vos deixo uns anuncios por si vos fan falta os nosos servicios,






E que xa se sabe que a crisis apreta, e o tema dos bancos está jodido, xa que non temos todos sitio:
Pero como todo non vai ser crisis, esta última copa vai por vos:


Eu NoN qUeRo QuE tE pOñAs AsÍ

jueves, 27 de enero de 2011

O EQUIPO DO CASTRO

A CANTEIRA DO CASTRO TANTO NO CAMPO COMO FORA

OS VETERANOS

COMO DI A CANCIÓN DE JUAN PARDO " XUNTOS MÁIS FORTE "

EL GORDO Y EL FLACO

QUÉN IMITA AQUÉN

O CAPITÁN DO BARCO

O FUTURO


SUDANDO A CAMISETA

QUÉN DIXO QUE O FUTBOL É UN DEPORTE DE HOMES

O QUE SE ENCARGA DO PAPELEO, QUE ISTO TAMÉN É DEPORTE

DIRECTIVA, CAPTADOR DE SOCIOS


SOCIAS

FIEIS SEGUIDORES

O TESO CON NEVE DE NOITE

...E CON NEVE DE DÍA

O MSTER DANDO EXEMPLO QUITANDO A NEVE PARA ENTRENAR
BON TRABALLO MISTER, NON DEIXACHE NIN UNHA FOLEPA



O CHANDAL
O NOSO ESCUDO, O ESCUDO DE TÓDOS OS CALDELAOS, O DE TODOS OS GALEGOS O ESCUDO DE TOD........E QUE CANDO UN SE EMOCIONA TODO LLE PARECE POUCO....

domingo, 16 de enero de 2011

VIVA O SAN SEBASTIÁN


Queridos españoles, pensionistas, transportistas, ratas de alcantarilla, … e resto do mundo quero avisar de que o mércores de esta semana  celebraremos na nosa querida vila un ano máis unha das festas máis soadas no mundo enteiro: OS FACHÓS.

Para os que non tivestes ocasión de vir a esta festa o meu consello é que igual que lle pasaba o toro das pipas Facundo no podedes deixar iste mundo sin vir a festa dos fachos, pois é algo único pois non se pode comparar a ningunha outra, igual que non é o mesmo unha bola negra que unha negra en bolas, tampouco esta festa se parece nin os San Fermís , nin a Feira de Abril, nin a Tomatina nin a ningunha outra, si presumes de ter estado nas mais grandes festas de España entón no pode faltar a esta no teu currículo.
Como sempre a festa arranca cando o sol empeza a esconderse, primeiro xa se divisa un gran ambiente polas rúas con gaiteiros, grupos de amigos, xente preparando os últimos toques do seu fachón, para logo dar paso a espectacular procesión na que cada un leva o seu encendido, e tamén os mozos da zona levan entre todos o espectacular fachón que como di sempre a prensa do día seguinte mide “ e sin esaxerar “ uns 50 metros, nesta procesión tamén vai a figura do patrón de caldelas O San Sebastián feito de palla polo Notario, a saida é da igrexa dos remedios, da a volta polo castillo e volve rematar didiante da iglesia, aquí guíndanse a fogata todos os fachos. E a partir de isto festa rachada, viño a desgalla, churizos a barrer, outra vez viño, bica, e máis viño, música, berros de ¡ VIVA O SAN SEBASTIÁN! e cada vez queda menos viño…. E cando xa non queda viño a festa segue polos locales da nosa vila ata altas horas e incluso pola mañá seguinte podemos ver algún que inda anda co fachón encendido e non ato
pou pola noite onde apagalo.
Pois eso amigos vémonos no Castro de Caldelas o 19 de xaneiro, e no quero olvidarme daqueles que por cousas da vida non podedes vir e sei que de verdade sentides perdervos esta celebración, así que a primeira copa vai por vos.







martes, 21 de diciembre de 2010

BON NADAL

os
que
pertencemos
a peña
eu non quero que
te poñas así
gustaríanos preparar nestes días
unha árbore de Nadal
moi especial
e colgar, en lugar de regalos,
os nomes
de todos os nosos amigos. Os de cerca
e os de máis lonxe. Os de sempre e os que
temos agora.
os que nos vemos cada dia, e os que encontramos de
vez en cando.
Aqueles os que sempre recordamos e os que a menudo olvidamos.
os constantes e os inconstantes. Os das horas
alegres e os das horas difíciles. Os que sin querer ferimos,
e os que sin querer nos feriron. Aqueles a quenes coñecemos
profundamente, e aqueles os que soamente coñecemos pola sua
apariencia.
A os que nos deben algo e a os que lles debemos moito. Os amigos humildes
e os amigos importantes. Por eso queremos nomealos a todos, a todos os amigos que fan
posible poder montar unha peña. Os que leedes esta mensaxe e a os que no a van
leer
Unha arbore de raices profundas, para que os vosos nomes non se poidan arrincar nunca.
Unha árbore que, o florecer este ano novo , nos traiga ilusión, salud, amor
e paz.
En difinitiva, que os amigos que formamos a peña
EU NON QUERO QUE TE POÑAS ASÍ
, nos podamos reencontrar sempre compartindo os mellores desexos
de esperanza,
ledicia
e de felicidad con
todos vos.

 BON NADAL


lunes, 6 de diciembre de 2010

ULTIMA XUNTANZA DO ANO

 Queridos seguidores e detractores, guerrilleiros e misioneiros, persoas e animais, zorros e zorras…. un mes máis procedemos a facer a xuntanza correspondente, e por certo é a última deste ano, o lugar escollido vai ser no Pallón, os organizadores son o Mesi da nosa peña LÓPEZ , e o noso Cristiano MARTIN.


Xa que remata o ano, e como organización seria que somos, vamos facer balance para ver si logramos os obxetivos da Peña, que consisitiron en xuntarse todos os meses para cear, cantar, sair a tomar algo entre colegas, que niguén esté descontento por mal ambiente, aceptar a todos os que queiran sumarse a nos…. E todo isto sempre independentemente de que seas do Barsa ou do Madrid, do Caldelao ou Trives, do Parada ou dos Chaos, independentemente da ideoloxía política, igual nos da a condición sexual, raza ..etc..

Polo tanto queridos amigos este sábado pola noite xa que é a última cea que facemos este ano estaremos polas capelas de Caldelas ata altas horas:
• facendo honor a nosa peña,
• facendo honor a nosa fama de juerguistas e bebedores,
• facendo honor o anuncio de BEBE A BORDO (pero con moderación),
• facendo honor a teoría de Arquímides: “dame un punto de apollo…e beberime outra copa”,
• facendo honor o lema: Cada muller é un mundo.Facede turismo
• facendo honor a biblia cando dice: Benaventurados os borrachos, que verán a Deus dúas veces.
• Facendo honor o refrán: O que madruga…atopa todo pechado…etc


E para rematar e vexades que os membros da nosa peña tamén somos xente seria, preocupados polos problemas da nosa comarca ,ante a pouca natalidad que temos por Caldelas algún dos nosos expertos no tema (Chapi, Marqués, Polu..) durante este ano estivero facendo prácticas para poder darvos esta receta:


RECETA PARA FACER NENOS:


Utensilios e ingredintes:
1 Tabla para picar (cama matrimonial king size)
2 Persoas de sexo oposto (insustituible...)
1 Papalla non moi arrugada
1 Plátano macho (o gusto)
2 Naranxas (pódese utilizar toronxas)
2 ovos
as veces temos que pagar o molde
1/4 Oscuro
200 grs. de aguante
Abrazos e bicos o gusto.

Modo de preparación:
Metense as 2 persoas no 1/4 oscuro. Acomódanse na tabla para picar, mestúranse ben durante 20 a 30 minutos a temperatura ambiente e acomódanse bicos e abrazos (as naranxas son decorativas polo que se recomendan escoller as mellores). Cuando esté ben adobada a papalla métese o plátano e axítanse os ovos fortemente durante 20 a 30 minutos (ahí é donde se aplica o aguante) hasta que se forme turrón ou sexa se poña ben duro, una vez duro bótase dentro da papalla sácase o plátano, ou o que quede del. Déixase reposar a mezcla durante 9 meses no forno e cuando esté ben esponxadiño sácase o neno e límpiase o molde. Si desexa outro neno déixase reposar o molde durante 40 días antes de preparar outro.


Si lle gusta cociñar por pracer envolva o plátano con unha cuberta plástica para que non quede ningún residuo.


Espero que o esforzó que fixeron os expertos da nosa peña facendo as prácticas para formular esta receta vos sirva, e dea os seus frutos, pero si vedes que non o conseguides solo tedes que avisarnos que os nosos cociñeiros non fallan.





Eu NoN qUeRo QuE Te PoÑaS aSí

martes, 23 de noviembre de 2010

F.C. BARCELONA - REAL MADRID


Queridos amigos este luns como ben sabedes, e se non o sabedes e que non estades no mundo, xógase igual que todos os anos o partido do siglo. BARSA-MADRID, este enfrentamento sempre é peligroso para os membros da nosa peña xa que estamos divididos en culés e merengues, polo que o que perda sempre sufre os vaciles e puteos correspondentes, e como a alegría vai por barrios, aquí deixo unahas imaxes e chistes sobre este evento.

Ademáis na nosa peña podemos compararnos en moitas cousas co Barsa e co Madrid , por exemplo:

 O Diestéfano é o Madrid o que o Julio (abuelo) é a nosa peña

 O Mesi é o Barsa o que o Chapi é a nosa peña, un regatea no campo e o outro pola noite

 O Valdano é o Madrid o que o Cuchú é a nosa peña, os dous teñen un gran discurso

 O Florentino é o Madrid o que o Deivi é o Caldelao

 O Ozil é o Madrid o que o Tío Elias é a peña,pois un é o conductor de ataque no Madrid e o outro é o do coche na peña
 O Alves é o Madrid o que o Lisi é a nosa peña, neste caso é por cuestións de estatura

 O Villa é o Barsa o que López é a peña, pois os dous desmárcanse ben

 O Cristiano é o Madrid o que o Marqués é a peña, os dous teñen boas abdominales, e non se lle resiste ningunha moza

 O Xavi é o Barsa o que o Milito é a peña, son os que máis controlan os partidos ou partidas xogando.
 O Iniesta é o Barsa o que o Toupo é a Peña, son os que mellor tocan as pelotas

 O Guti era o Madrid o que o Polu e a peña, os dous se manexanse ben pola noite

 O Pinto é o Barsa o que o Laxe é a peña, son os que mellor cantan

 O Guardiola é o Barsa o que Orlando é a peña, un sempre está na banda e o outro o que dirixe nas ceas a banda

 O Puyol é o Barsa o que Toni é a peña, os dous marcan de cerca

 O Carballo é o Madrid o que o Martín é a peña, últimos fichaxes

 O Ramos é o Madrid o que o Modesto é a peña, cantan pouco pero cuando o fan…..

Pois xa vedes nos tamén temos os nosos galácticos